Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Verán con máis que música coa Agrupación Musical do Rosal

Do 5 ao 29 de xullo a Agrupación ten programadas diversas actividades para nenos e nenas a partir de 7 anos

Xa está aberta a inscrición para participar en xullo nas actividades para nenos e nenas a partir de 7 anos propostas pola Agrupación

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal prepara en colaboración co Concello un verán cheo de música e moito máis para rapaces e rapazas a partir de 7 anos. A programación contará con clases colectivas, mestres convidados, percusión corporal e master class coas que ensinar e entreter a nenos e nenas durante a época estival. “Dende o Concello continuamos colaborando con todas as entidade rosaleiras para ampliar o máximo posible a oferta lúdica e de lecer para a nosa infancia, unha forma tamén de axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral durante os meses de vacacións”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Do 5 ao 29 de xullo, a Agrupación Musical do Rosal programará cos nenos e nenas actividades na natureza, xogos tradicionais, buscas do tesouro, xogos de auga, manualidades, contacontos, obradoiros ou xincanas. Ademais, os e as participantes tamén aprenderán algunhas nocións de cociña, participarán en rutas, gozarán de proxeccións de cine, continuarán aprendendo inglés e desfrutarán do deporte e da canoa. As actividades serán de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas poderán participar por quendas ou o mes completo, en función do que variará o prezo. A Agrupación Musical do Rosal xa ten aberto o prazo de inscrición e pode solicitarse máis información chamando ao 986 626 311 ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao 609 866 792.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí