Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Vía Galega convoca actos simultáneos en máis de 45 concellos para reclamar políticas que deteñan a emigración

Ás 12:00h en Tui, na Praza da Inmaculada e na Guarda, diante do Concello

Ás 12:00h en Tui, na Praza da Inmaculada e na Guarda, diante do Concello

Fecha: 14 de Diciembre de 2019

Fuente: Vía Galega

Vía Galega, a Plataforma en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, convoca para este sábado 14 de decembro máis de 45 concentracións que se organizan de xeito simultáneo en cidades e concellos galegos ao abeiro da campaña "Non emigramos, expúlsannos. Soberanía e traballo digno".
"Estamos inmersos nunha campaña para denunciar as consecuencias negativas que ten a emigración en Galiza, que é un problema estrutural", destacou Anxo Louzao, portavoz de Vía Galega. Estas mobilizacións que se van desenvolver ás 12:00 diante da casa do concello de 46 localidades hai que encadralas nesta campaña que inclúe a presentación de mocións nos concellos, reunións cos grupos parlamentarios, debates e palestras en cidades como A Coruña, Compostela e Ourense.
Os propios datos oficiais son "alarmantes" das consecuencias da emigración en Galiza, "que supón un drama nacional, social e persoal", sinalou, "como despoboamento, avellentamento e desarraigamento, ademais da fenda que provoca nas persoas que se ven na obriga de emigraren".
Nos últimos 10 anos, 80.000 mozos e mozas víronse obrigados a emigrar por falta de oportunidades dun traballo digno con estabilidade no propio país "e, polo tanto, estamos ante a vulneración dun dereito que consideramos fundamental como é traballar e vivir na propia terra". Explicou tamén que máis de 216.000 persoas entre os 16 e os 59 anos tiveron que coller a maleta para emigrar na última década "e ante estes datos de emerxencia non podemos quedar impasíbeis e temos que tomar conciencia para atacar este problema que sofre un país rico como Galiza, con grandes recursos naturais e enerxéticos, con potencialidades económicas de traballo".
"Isto débese á subordinación política, á falta de soberanía suficiente para decidirmos sobre o noso futuro, os nosos recursos e as nosas potencialidades e para desenvolver o país desde unha perspectiva autocentrada en base aos intereses do pobo galego e do propio país", engadiu Louzao.
Referiuse tamén á "dependencia económica", onde Galiza segue a desempeñar "unha función colonial na medida en que os nosos recursos son expropiados e espoliados, ao tempo que exportamos man de obra barata e drenamos grandes cantidades de aforro que serven para investir e desenvolver outros territorios do Estado español ou para o beneficio do capital transnacional". Polo tanto, son causas "políticas e económicas", indicou, que conducen á falta de traballo, emigración, despoboamento e á ausencia de "horizonte colectivo como propio país".
Na área metropólitana de Vigo, as concentracións serán ás 12h nos respectivos lugares:
- Vigo, Praza da Princesa
- Redondela, diante do Concello
- Valmiñor, Cruce da Ramallosa
- O Porriño, diante do Concello
- Ponteareas, diante do Concello
- Tui, Praza da Inmaculada
- A Guarda, diante do Concello
- Moaña, diante do Concello
- Cangas, diante do Concello

No resto do territorio galego, as concentracións celebraranse diante da casa do concello dos seguintes municipios, agás en Nigrán, Sada, Pontevedra, Tui e Vigo, onde se indica o lugar escollido:

• A Coruña
• A Estrada
• A Guarda
• As Pontes
• Allariz
• Ames
• Arzúa
• Betanzos
• Cangas
• Carballo
• Cedeira
• Cee
• Celanova
• Compostela
• Fene
• Ferrol
• Lalín
• Lugo
• Malpica
• Marín
• Moaña
• Monforte
• Narón
• Nigrán (Cruce da Ramallosa)
• Noia
• O Barco
• O Porriño
• Ourense
• Padrón
• Pontedeume
• Ponteareas
• Pontevedra (Praza da Peregrina)
• Redondela
• Rianxo
• Ribeira
• Sada (Praza de San Roque)
• San Sadurniño
• Sarria
• Teo
• Tui (Praza da Inmaculada)
• Verín
• Vigo (Praza da Princesa)
• Vilagarcía de Arousa

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí