Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Vicepresidencia aporta 57.200 euros aos concellos de Tomiño e Oia a través das axudas a infraestruturas de uso público

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta liña supón unha aportación da administración autonómica para a provincia de case un millón de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta liña supón unha aportación da administración autonómica para a provincia de case un millón de euros

Fecha: 30 de Mayo de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a publicación no DOG da resolución das axudas de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a mellora das infraestruturas de uso público, que suporán case un millón de euros para a provincia de Pontevedra, dos cales, 57.200 corresponderán a proxectos de Oia e Tomiño no Baixo Miño.

Tomiño recibirá así 30.000 euros, mentres Oia beneficiarase con 27.216 euros.

Cores Tourís recordou que a axuda para infraestruturas municipais, a Xunta subvenciona, entre outras actuacións, a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias; e construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí