Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Víctor Arufe protagonizou unha charla moi interactiva co público na terceira xornada da V Semana da Educación de Tomiño

A primeira clave para unha boa educación radica na actitude coa que afrontamos a vida

A primeira clave para unha boa educación radica na actitude coa que afrontamos a vida

Fecha: 13 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

"Non é nada doado educar na sociedade actual, superficial, dividida e enfrontada, cambiante, tecnolóxica, normalizadora e na que prima non esforzarse e a inmediatez". Para Víctor Arufe, protagonista da terceira xornada da V Semana da Educación de Tomiño, é nesta idea onde radica unha das claves para unha boa educación hoxe en día, unha educación que debe ten os seus piares na sociedade, na escola e na familia. Apaixoado da educación e premio como mellor profesor universitario en 2017, Arufe abordou dunha forma moi práctica, orixinal e sinxela as bases que deben primar na educación dos nenos e nenas.

Unha educación que comeza na familia e na propia actitude dos pais e nais ante a vida. "A morte non é que se pare o corazón, é deixar de desfrutar da vida. Temos que ter en conta que o éxito hoxe en día radica en conxugar a vida laboral coa familiar e social. E a primeira base da educación dos nosos fillos e fillas sairá da casa, que vexan que desfrutamos da vida é a mellor herdanza que lles podemos deixar", resaltou Arufe.

Pero tan importante como transmitir esa actitude positiva é conseguir comunicarllo aos nenos e nenas, aos adolescentes... e para iso é fundamental "falar a mesma linguaxe que os nosos fillos e fillas. Hai moitos pais e nais que non son capaces de empregar a mesma canle de comunicación que os seus cativos e cativas e se non se fala o mesmo idioma a comunicación será inviable".

Como salientou o profesor durante o encontro, os cambios na sociedade fan que educar sexa "unha tarefa complexa. Antes tiñas que obrigar aos nenos e nenas a volver a casa ás 9 da noite, agora tes que darlle un premio cada vez que saen á rúa a xogar. Agora non saben aburrirse, cando o aburrimento é unha das claves para fomentar a creatividade". Son soamente algúns dos principais problemas que Arufe repasou e tentou atallar coas nais, pais, persoal educador... que acudiu ao Auditorio de Goián a desfrutar da xornada.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones