Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Visita de D. Ángel Carracedo ao CPI Manuel Suárez Marquier este martes

Ás 18:00h no Auditorio Municipal acto aberto ao público xeral.

Ás 18:00h no Auditorio Municipal acto aberto ao público xeral.

Fecha: 16 de Enero de 2018

Fuente: CPI Manuel Suárez Marquier

A comezos deste curso, refórmase no CPI unha antiga cociña anexa á biblioteca. A intención é mellorar as súas funcións como cociña, e ampliar as súas posibilidades como laboratorio. O Concello de O Rosal asume os gastos de reforma, así como a man de obra dos seus traballadores, e durante o mes de xullo de 2017 realízase a transformación.

Inicialmente vén cubrir a necesidade de contar, en Primaria, cun espazo de experimentación no ámbito científico, e así comeza a súa andadura. Posteriormente, e dada a súa ubicación estratéxica, abre as súas portas a outro tipo de iniciativas, como son os obradoiros científicos de alumnado a alumnado, no marco da programación da Biblioteca Escolar (en concreto co programa de voluntariado). É, pois, como calquera outra dependencia do centro, un espazo aberto á colaboración entre Primaria e Secundaria, e a iniciativas pedagóxicas que non se limiten a etapas ou niveis.

Este martes 16 de xaneiro contaremos coa presenza de D. Ángel M.ª Carracedo  Álvarez, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, para realizar a inauguración do laboratorio, que, a partir dese día, levará o seu nome.

Aproveitando a súa visita, celebraremos un acto dobre, e os organizadores oficiais son o CPI, o Concello de O Rosal e a ANPA do CPI:

- Ás 17:00 horas: breve acto de inauguración do laboratorio. Un grupo de rapaces e rapazas (que estarán traballando nun experimento), así como representantes da administración educativa (asistirán o Xefe Territorial, D. César Pérez Ares, e o noso inspector, D. Carlos Acuña), do Concello, e da ANPA do centro.

- Ás 18:00 horas o evento terá lugar no Auditorio Municipal de O Rosal. O público, desta volta, sería amplo e diverso: familias, nenos e nenas, docentes do noso propio centro e doutros cercanos. Será aberto a todo o público en xeral.

Contará con catro partes:
1. Breves palabras oficiais.
2. Breve documento audiovisual sobre a figura de Ángel Carracedo.
3. Intervención de Ángel Carracedo.
4. Coloquio-entrevista: unha alumna de 4º EP, outra de 6º EP, e unha terceira de 4º ESO, xunto cun pai do Consello Escolar, formarán un grupiño de  entrevistadores. Unha profesora será a moderadora desta parte. As catro persoas realizarán preguntas por quendas, nun formato dialogado.
 
Acordamos con Ángel Carracedo que os principais focos de interese da súa intervención, e da parte de coloquio, serán dous, baseados na súa experiencia: por unha banda, a súa traxectoria profesional (cuestións sobre investigación, sobre a súa faceta profesional, así como a evolución persoal ata converterse nun científico de elite); por outra, a súa visión do sistema educativo, que en reiteradas ocasións ten expresado en medios de comunicación e diferentes eventos públicos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones