Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actúan no Rosal o mércores 24 de xullo

Esta segunda edición do programa, que conta cun orzamento de 500.000 euros, incrementou notablemente as solicitudes de inscrición con respecto á primeira edición, que había arrancado con 70 inscritos.

Esta segunda edición do programa, que conta cun orzamento de 500.000 euros, incrementou notablemente as solicitudes de inscrición con respecto á primeira edición, que había arrancado con 70 inscritos.

Fecha: 24 de Julio de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

Neste mes de xullo a comarca do Baixo Miño encherase de música grazas a "Musigal 2019", o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. En concreto, Andrea Pousa xunto a súa banda actuou na Guarda na noite do pasado sábado, actuación enmarcada no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, no Rosal o mércores 24 de xullo.

Andrea Pousa é unha cantante melódica-lírica nada en Tomiño que xa desde pequena comezou a destacar no mundo da música, de feito aos 15 anos foi seleccionada como unha das voces femininas destacadas de Galicia no Festival da Canción.

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás "Adufeiras de Salitre", que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música (2016).

O programa "Musigal 2019" naceu co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra. Este 2019 participan no programa da institución provincial máis de 100 grupos e artistas. Esta segunda edición do programa, que conta cun orzamento de 500.000 euros, incrementou notablemente as solicitudes de inscrición con respecto á primeira edición, que había arrancado con 70 inscritos.

Como o ano pasado neste programa existen seis categorías musicais: ‘Son muller', na que poden inscribirse grupos nos que polo menos o 60 % das persoas integrantes e a vocalista sexan mulleres; "Son crianza" para grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar; "Son mocidade" para grupos nos que polo menos o 60 % das persoas integrantes sexan menores de 35 anos; "Son tradición" para grupos de música tradicional galega; "Son clásico" para grupos de música clásica que teñan no seu repertorio composicións de autoras e autores galegos; e "Son actual" para grupos de pop, rock, hip hop e música electrónica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones