Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Xoán Curiel pecha o ciclo Música e Románico en Tomiño

O músico presenta este venres o seu último traballo -Treides comigo!-, xunto con outros catro artistas, na Igrexa Románica de Santa Mª de Tebra

O músico presenta este venres o seu último traballo -Treides comigo!-, xunto con outros catro artistas, na Igrexa Románica de Santa Mª de Tebra

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O ciclo Música e Románico, organizado polo Concello por primeira vez dentro da Axenda Cultural de Verán, chega este venres ao seu remate, co concerto “Treides Comigo!”, do músico lugués Xoán Curiel. Será este venres as 20:30h na Igrexa Románica de Santa Mª de Tebra.

A proposta deste venres, 29 de xullo, na igrexa románica de Santa Mª de Tebra (20.30h, para todos os públicos, entrada de balde) é un espectáculo de pop medieval cunha moi boa acollida de prensa e público, que non deixará indiferente a ninguén. Unha fusión do antigo e do contemporáneo, unha forma orixinal, didáctica e diferente de presentar as cantigas da lírica medieval galego portuguesa, relacionadas co Camiño de Santiago.

O disco ten un gran valor engadido polas achegas dos artistas que aparecen con Curiel sobre o escenario: Iris Gey (voz), Carlos Feire (percusión), Bleuenn Le Friec (arpa) e Álex Salgueiro (frautas).

Nado en Fonsagrada, Xoán Curiel, músico, cantante, letrista e actor, fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas en Santiago, Barcelona e Madrid, mentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor.

Durante sete anos traballa en diferentes compañías teatrais como actor, cantante, músico e bailarín, ata que grava o seu primeiro disco Nai no ano 2009; un disco que dará como resultado as súas primeiras xiras que o levarían polo estranxeiro (Brasil, Portugal, Arxentina, Italia ou Francia entre outros).

Ao longo destes anos, Xoán participa en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á música de autor. E as súas cancións téñense traducido e cantado en castelán, portugués, alemán e inglés.

Igrexa de Santa María de Tebra.

As primeiras mencións documentais desta igrexa datan do século XIII. Trátase dunha igrexa dunha soa nave e unha ábsida de cinco lados.

A singular ábsida, coa súa colección de canecillos e semicircular no interior (coa riqueza dos seus capiteis e o magnífico sepulcro renacentista), é case a única parte románica que se conserva desde a súa construción, a mediados do século XII. Orixinalmente a igrexa tiña unha soa nave e posteriormente engadíronse as capelas laterais e a sancristía, así como a fachada principal e a torre.

Por outra banda, se trata dunha construción onde se fai moi patente o influxo da catedral tudense polo seu programa iconográfico, que podería estar destinado ás clases populares, non a un público monacal ou especializado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí