Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

XOSÉ LEAL ANUNCIA QUE A DEPUTACIÓN APOSTARÁ POR ESTIMULAR A CREACIÓN DE SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CONCELLOS

Ofrecerá recursos técnicos e de asesoramento ás administracións locais que aposten por crear ou potenciar este servizo

Ofrecerá recursos técnicos e de asesoramento ás administracións locais que aposten por crear ou potenciar este servizo

Fecha: 17 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

O deputado de Cultura e Normalización Lingüística, Xosé Leal, anunciou esta mañá unha aposta decidida no apoio aos concellos que desexen crear ou potenciar servizos de normalización lingüística, para o que porá á súa disposición os recursos técnicos e de asesoramento do servizo lingüístico da Deputación. Xosé Leal referiuse a esta actuación no transcurso da súa intervención nos XVII Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega, nos que participou formando parte da mesa redonda 'Implicación das administracións locais: as deputacións provinciais'.

Neste marco, Xosé Leal, lembrou que "nos concellos da provincia de Pontevedra apenas existe este servizo, xa que na actualidade non chegan nin á decena os que contan con Normalización Lingüística de xeito estable" e engadiu que é "fundamental realizar actuacións que estimulen a súa creación e, no caso dos xa existentes, a súa potenciación". Leal asegurou que se trata dun servizo "esencial para que as entidades locais, que son as máis próximas á cidadanía, poidan potenciar o uso social da lingua e ofrecer unha atención acorde coa nosa identidade lingüística e cultural".

Sobre o papel que a institución provincial debe desempeñar na promoción da normalización lingüística entre os concellos, o deputado de Cultura e Normalización Lingüística subliñou que "non se trata de que a Deputación asuma directamente o financiamento deste servizo nos concellos, senón de poñer en marcha iniciativas que estimulen e promovan a normalización lingüística, e fomentar que sexan os propios Concellos os que decidan sobre a creación e mantemento do servizo en base ao Plan global de fondos provinciais que se lles trasladará".

Encontro de Normalización Lingüística provincial

A área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra celebrará a comezos de novembro un Encontro de Normalización Lingüística Provincial orientado tanto a responsables políticos como a persoal técnico dos Concellos para coñecer as súas demandas neste ámbito e poder ofrecerlles medidas de apoio e asesoramento axeitadas ás súas necesidades.
Neste encontro, os concellos participantes poderán coñecer as políticas que poden desenvolver neste campo, ao tempo que se traballará sobre un borrador de ordenanza para o impulso social da lingua galega nas vilas.

Tamén se informará sobre a elaboración dunha revista especializada en sociolingüística e a publicación de libros de carácter lingüístico e de temáticas relacionadas con diferentes eidos da sociedade que teñan como nexo común o galego e a súa normalización, a través do Servizo de Publicacións provincial.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí