Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XUVENTUDE INICIOU EN TOMIÑO O PROGRAMA -INCUBADORA DE PROXECTOS- PARA POTENCIAR O TALENTO E LIDERADO XUVENIL

O obxectivo da iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é mellorar as competencias e destrezas da mocidade galega na execución de proxectos

Nos foros facilitarase información sobre os programas Erasmus +, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa

Fecha: 06 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, iniciou no concello de Tomiño o programa ‘Incubadora de Proxectos', que pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas, no marco de programas de educación non formal, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto á redacción e execución de proxectos.

Estas iniciativas tamén pretenden potenciar o talento e o liderado xuvenil, xa que están dirixidos tanto a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, estudantes e, en xeral, a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil. En total, desenvolveranse ata o mes de maio 118 incubadoras, 38 delas en concellos e 80 en facultades.

Polo tanto, estes foros nacen co obxectivo de difundir entre a mocidade a información e as ferramentas para poder levar a cabo o desenvolvemento e execución de proxectos de participación xuvenil de calidade. Constitúen unha ferramenta de traballo sobre proxectos de participación, polo que están enfocados principalmente a entidades de carácter xuvenil ou mozos e mozas xa decididos a presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove ou outros similares.

Ademais, estes obradoiros buscan a consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos.

Nos foros facilitarase información sobre os programas Erasmus+, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa. O primeiro deles, da Comisión Europea, reflicte tres liñas diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade, actividades que fomenten a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís co mundo laboral e actividades de apoio ao dialogo entre os mozos e os sistemas educativos, formativos e as institucións democráticas.

Os outros tres programas parten de ordes de axudas da Consellería de Traballo e Benestar, que se publicarán aos longo dos meses de marzo e abril.

Iniciativa Xove permite sufragar aqueles proxectos protagonizados e impulsados polos mozos e mozas galegos, tanto a través de asociacións formalmente constituídas como de grupos informais de mozos e mozas.

O Voluntariado Xuvenil apoia a incorporación de mozos e mozas como voluntarios a proxectos desenvolvidos tanto por entidades como por concellos, apostando polo compromiso social directo da mocidade. Os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida.

Por último, Galeuropa é un programa de mobilidade que permite aos novos titulados universitarios ou de formación profesional realizar prácticas formativas en empresas doutros países.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones