Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Zona Franca interésase por coñecer o sector do agro do Baixo Miño e poder establecer accións conxuntas

A directiva de AcuBam solicitou apoio para a execución de proxectos de internacionalización e emprendemento das empresas da zona

A directiva de AcuBam solicitou apoio para a execución de proxectos de internacionalización e emprendemento das empresas da zona

Fecha: 06 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A delegada do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, acompañada da directora de Promoción Económica, Rosa Equizábal, visitou este mediodía Tomiño, para entrevistarse coa alcaldesa Sandra González, e analizar posibles vías de colaboración entre ambas as entidades.

O concelleiro de Planificación Territorial, Facenda e Proxectos Estratéxicos, Uxío Benítez, acompañou á alcaldesa durante a xuntanza, na que estiveron ademais presentes, membros de AcuBam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño). Logo dun encontro celebrado na alcaldía, a delegada e máis a directora de promoción económica, asistiron no salón de plenos, á presentación dun resumo do Plan Estratéxico dos viveiros do Baixo Miño, elaborado por AcuBam con colaboración de Tomiño e outros concellos da comarca, e que aposta por investir en investigación aplicada, concienciación medio ambiental e nunha maior profesionalización do sector.

Tras a presentación, Teresa Pedrosa explicou aos viveiristas os campos de actuación nos que Zona Franca podería colaborar con eles, salientando varios, coma por exemplo, a elaboración de plans de internacionalización do sector do agro, con realización de obradoiros, cursos e experiencias máis importantes. Pedrosa ofreceu apoio tamén en temas de aranceis e posibilidade de utilizar instalacións de zona franca para accións puntuais, e por último, accións de formación para o emprendemento, innovación e transferencia de coñecementos, vencelladas a sectores particulares, quedando a disposición dos viveiristas para comezar a traballar en accións concretas.

A directiva de AcuBam aceptou de moi bo grado as propostas da delegada, sinalando a necesidade de priorizar a redacción de proxectos máis urxentes para a mellora do sector do agro na comarca.

A alcaldesa, Sandra González, pola súa banda, explicou a Pedrosa que "o sector do agro e dos viveiros é un sector estratéxico na nosa economía, xa que crea moitos postos de traballo, a maioría ocupados por mulleres" e salientou a importante labor de modernización, divulgación, investigación e internacionalización que están realizando nos últimos anos.

Logo da reunión, realizouse unha visita a un viveiro e á principal comercializadora de plantas da zona, e finalmente ao Mercado Municipal.
A presenza de Zona Franca de hoxe é resultado da visita realizada pola alcaldesa a Pedrosa no mes de decembro, acompañada por Uxío Benítez, e na que González amosou o interese de que o Consorcio traballe de forma conxunta co Concello en determinadas iniciativas.

Datos de interese:
O xerente da comercializadora Coplant, Emilio Estévez, achegou á delegada da Zona Franca datos de interese sobre o sector na comarca, cunha idade media de 45 anos, pequenas e medianas empresas, moitas delas asociadas nunha comercializadora que vende plantas (na súa maioría, ornamental) a un bo número de países europeos, coma Francia (21%), Holanda, Bélxica, Italia e Portugal (10%); España centro (19%), Cataluña e País Vasco (10%); Reino Unido (8%), etc. En Galicia véndese tamén unha boa porcentaxe da produción (11%). "Na actualidade existe un tecido auténtico de empresas adicadas ao sector da planta e auxiliares", asegurou o xerente de Coplant, quen a título de exemplo comentou que na última semana e a pesar do mal tempo, habían saído 12 trailers da comercializadora.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones