Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

767 ASOCIACIÓNS DA PROVINCIA REALIZAN ACTIVIDADES FORMATIVAS NO MARCO DOS PROGRAMAS -PENSA EN TI- E -TI TAMÉN CONTAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A xunta de goberno da Deputación aprobou este venres conceder 11 novos obradoiros a entidades de Vigo, O Porriño, Ponteareas, Sanxenxo, Vilagarcía, Marín, A Guarda e Valga.

Máis de 13.500 persoas se benefician desta iniciativa dirixida a entidades que traballan con mulleres e maiores.

Fecha: 06 de Julio de 2015

Fuente: depo.es

11 novas asociacións da provincia beneficiaranse das accións formativas que a Deputación ten en marcha a través dos programas "Pensa en ti" e "Ti tamén contas". A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres adxudicar 11 novos obradoiros a outras tantas entidades de  Vigo,  Ponteares, O Porriño, Sanxeno, Vilagarcía,  Marín, Valga e A Guarda. 7 dentro do programa "Ti tamén contas" e 4, no marco do proxecto "Pensa en ti"

Ti tamén contas

CONCELLO

ENTIDADE

1

VIGO

ASOC. C.V. PEDRA MOURA

2

VALGA

ASOC. CULTURAL E DEPORTIVA VETERANOS

3

VILAGARCÍA DE AROUSA

ASOC. CULTURAL OS TRES CASTRO

4

GUARDA, A

ASOC. ÉRGUETE BAIXO MIÑO

 

Pensa en ti

CONCELLO

ENTIDADE

1

PONTEAREAS

ASOC. MM.PONTEAREANAS VILA DO CORPUS

2

VIGO

A.C.V.PEDRA MOURA

3

PORRIÑO, O

ASOC. MM. EN IGUALDADE DE PORRIÑO

4

SANXENXO

ASOC. MM. A CANDELARIA

5

MARÍN

ASOC. MM. INTERCAMBIO DO SABER

6

VILAGARCÍA

ASOC. CULTURAL OS TRES CASTROS

7

MARÍN

ASOC. VV. LABERINTO DE MOGOR

Con adxudicación destes novos obradoiros, xa son 767 o número de asociación de toda a provincia que se benefician  destes programas  destinados a entidades e colectivos que no seu día a día traballan con mulleres e maiores, a Deputación busca un dobre obxectivo coa promoción destas iniciativas: favorecer o dinamismo destas entidades e  ampliar a oferta formativa e de lecer en todos os concellos da provincia. Máis de 13.500 persoas participan no cento de actividades programadas no marco de "Pensa en ti" e "Ti tamén contas".

Dende a súa posta en marcha, ambos proxectos teñen unha excelente acollida entre as diferentes asociación e colectivos sociais aos que se dirixen, xa que  ven neles unha oportunidade para ampliar a oferta de actividades así como para mellorar a calidade de vida das persoas maiores,  fomentar o envellecemento activo e mellorar a formación básica das mulleres, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como a facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

Preto de 500 solicitudes

Nesta edición, 497 asociacións solicitaron participar no programa "Pensa en ti". Na actualidade, 448 destes colectivos, aos que hai que engadir os 7 inscritos hoxe, ofertan cadanseu curso dun amplo abano de actividades tan diversas coma reciclaxe, elaboración de xabóns caseiros, panadería e repostería, diversas actividades físicas e deportivas (zumba, bailes de salón, ioga ou pilates, entre outras), conservas artesanais, arte floral, pintura en tea, cociña, informática, herboristería ou idiomas.

A eles súmanse os incluídos en "Ti tamén contas", con actividades moi variadas e adaptadas ós intereses dos maiores, coma técnicas de memorización e conservación da memoria, ximnasia de mantemento, dietética e nutrición, e tamén informática, poda e tarefas do campo, sendeirismo, internet e correo electrónico, cestería, musicoterapia ou encaixe de palillos. 

 312 entidades da provincia solicitaron participar programa aínda que finalmente só se aceptaron 297 xa que as 45 restantes non cumprían os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

A Deputación achega un total de 529.000 euros aos dous programas, 200.000 para "Ti tamén contas" e 329.000 para "Pensa en ti".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí