Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Asociación Un Máis invítavos á celebración do Día Mundial do Autismo

Como cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo.

Como cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo.

Fecha: 02 de Abril de 2018

Fuente: Asoc. Un Máis

Como cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo. Unha vez máis, a Asociación "Un Máis" organiza unha semana de actos que, baixo o lema: "Rompamos xuntos barreiras polo autismo", dan visibilidade á diversidade e contribúen ao achegamento e coñecemento do trastorno do espectro autista.

Co fin de sumarse á celebración do Día Mundial do Autismo, a Asociación "Un Máis" propón unha serie de actos destinados a achegar a realidade das persoas dentro do Trastorno do Espectro Autista, a través do coñecemento e o intercambio de experiencias.

Grazas ao apoio dos Concellos de Tui e Tomiño, o día 2 programáronse actos simbólicos e reivindicativos como a iluminación en azul de edificios municipais pertencentes a ambos Concellos, así como a lectura dun manifesto e a solta de globos.

Ao longo da semana, as persoas que o desexen poderán gozar da proxección de películas e documentais relacionados co autismo que se celebrarán en diferentes días, tanto no Colexio nº 1 de Tui como no Mercado de Tomiño, estando tamén prevista a realización de diversos talleres para os máis pequenos.

Finalmente e como remate a unha semana chea de actividades, "Un Máis" proponvos sumarvos á gran festa que se celebrará o día 8 de abril a partir das 17:00h no Colexio nº1, na cal contaremos con diversas actividades, inchables e xogos.

Animámosvos a todos/as a sumarvos a celebrar e demostrar que un mundo máis inclusivo é posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones