Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova plataforma online -Move-

Para promover a economía de proximidade en 19 concellos da provincia, entre eles A Guarda e Oia.

Para promover a economía de proximidade en 19 concellos da provincia, entre eles A Guarda e Oia.

Fecha: 11 de Abril de 2024

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar as bases para que comerciantes, hostaleiros e produtores e provedores locais de 19 concellos da provincia se adhiran á nova Rede de Comercio Local Move, que se pon en marcha no marco dos proxectos “Da túa man” (rural I e rural II), que forman parte das convocatorias 2022 e 2023 da liña de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais do Plan de Recuperación. O obxectivo desta iniciativa pioneira na provincia de Pontevedra é crear unha plataforma na que todos os axentes do comercio local estreiten vínculos con produtores e provedores e poidan tamén darse a coñecer, compartir e establecer relacións comerciais e novas oportunidades de negocio.

 

Con Move, por un lado, favorecerase a visibilización dos produtos locais, especialmente no rural, así como os comercios e establecementos hostaleiros locais. E, por outro lado, contribuirase a estreitar relacións comerciais e realizar actuacións para a mellora da rendibilidade e produtividade dos negocios engadindo valor e fortalecendo a cadea de valor, así como axudando na xeración de ideas innovadoras e de establecemento e oportunidades de negocio.

 

A Rede de Comercio Local Move contará cunha parte pública (en move.gal) na que a cidadanía poderá acceder a contidos xerados polos comercios, hostaleiros e provedores locais, así como a outra información relacionada co fomento de estratexias de economía circular de interese, coma bases e convocatorias de subvencións. Ademais, terá unha parte privada na que os membros da rede poderán compartir información dos produtos locais e establecer relacións comerciais; compartir coñecemento e boas prácticas; acceder aos titoriais; dar a coñecer os negocios e os produtos locais a través de videoexperiencias; ou, entre outras iniciativas, dispoñer de información e accións de formación e sensibilización.

 

A Rede Move está dirixida aos comercios locais, establecementos hostaleiros dos concellos adheridos aos proxectos Da túa man rural I (Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures) e rural II (A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa) e aos produtores e provedores locais da provincia, que poderán presentar as súas solicitudes de adhesión a través da Sede electrónica de Deputación. Nas bases, que se poden consultar no BOPPO, establécense as condicións que deben cumprir os establecementos e produtores para unirse á Move.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí