Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A DEPUTACIÓN DESTINA 21.500 ? PARA AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA NO BAIXO MIÑO

O organismo provincial aprobou a primeira liña de axudas básicas de emerxencia para atender as necesidades dos veciños de A Guarda, oia e Tomiño.

O organismo provincial aprobou a primeira liña de axudas básicas de emerxencia para atender as necesidades dos veciños de A Guarda, oia e Tomiño.

Fecha: 11 de Abril de 2015

Fuente: depo.es

Na xunta de gobernó celebrada esta maña, a Deputación de Pontevedra aprobou destinar 259.000 euros a 38 concellos de menos de 20.000 habitantes  para cubrir as demandas  de  carácter urxente e puntual das persoas nunha situación de exclusión social ou en risco de estalo,  con especial atención ás  familias con menores ó seu cargo.

Quérese así, prestar apoio ás familias e persoas que  nunha situación de dificultade económica poidan cubrir o pago de necesidades básicas como a alimentación, o uso da vivenda ou a atención sociosanitaria. Á vez que se apoia  a continuidade dos menores no su entorno familiar ó abonar os gastos que garante a  súa permanencia no fogar.

No acordo aprobado hoxe,  as cuantías destinadas a cada un dos concellos beneficiarios oscilan entre os 5.500 euros e os 8.500, en función da poboación e a taxa de paro, en relación ó total da súa poboación, e respetando as cantidades subvencionadas na  convocatoria anterior.

CONCELLO

CANTIDADE SOLICITADA

Guarda, A

7.500 €

Oia

6.000 €

Tomiño

8.000 €

1.800 familias beneficiarias

Con estas axudas, en 2014,  atendeuse a unhas 1.800 familias da provincia . As persoas usuarias beneficiarias destas axudas básicas de emerxencia serán persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios solicitantes, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda.

Alimentación, Farmacia, Vivenda, Infancia....

Teñen prioridade no reparto deste fondos, as axudas  destinadas a Alimentación (compra de alimentos, con especial atención á adquisición dos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.).

E tamén para uso da vivenda (destinadas a posibilitar que se continúe na vivenda habitual; e para o pagamento de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, para o pago da hipoteca, de maneira excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450 € e a débeda non sexa maior de seis cotas; para pago de recibos que eviten a perda de subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga; para pago de produtos de hixiene e limpeza (destinados á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.).; para pago de farmacia; adquisición de electrodomésticos básicos; e incluso pago de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste. As axudas poden ser tamén para apoio á infancia

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí