Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN LEVA A NAVARRA A UN GRUPO DE 47 ALCALDES, CONCELLEIROS E TÉCNICOS DA PROVINCIA PARA COÑECER NOVOS SISTEMAS DE XESTIÓN DO LIXO

O éxito da convocatoria demostra o interese dos gobernos locais

O éxito da convocatoria demostra o interese dos gobernos locais

Fecha: 02 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

O convite da Deputación de Pontevedra aos concellos da provincia para asistir a unhas xornadas sobre sistemas de tratamento do lixo da Universidade Pública de Navarra e visitar varias plantas de tratamento de lixo na contorna (Navarra e País Vasco) tivo unha gran resposta por parte dos gobernos locais. Serán 45 persoas -catro alcaldes, dous tenentes de alcalde, 17 concelleiros e demais técnicos- as que encherán o autobús da expedición pontevedresa, o que demostra o éxito da convocatoria e o interese mostrado polo tema.

A Deputación, a través do seu vicepresidente, César Mosquera, está explicando a tódolos rexedores da provincia (a través de encontros comarcais) que o tratamento de residuos será un dos eixos da actividade da institución neste mandato. De feito, unha das primeiras decisións do novo goberno provincial foi a contratación dun experto na materia, Carlos Pérez, que está a disposición dos gobernos locais para guialos cara a un sistema de tratamento de lixo que lles beneficie tanto económica como ecoloxicamente.

Ademais da posta a disposición do asesor, a Deputación remitiu unha carta aos concellos para dar a coñecer que os días 8 e 9 de setembro se celebrará en Alsasua un curso sobre economía circular e xestión de residuos organizado pola Universidade Pública de Navarra e a Mancomunidade de Sakana. Nese encontro vaise debater sobre as oportunidades e beneficios que unha axeitada xestión do lixo provoca nos ámbitos sociais, económicos e ambientais. O curso contará coa presenza de relatores de recoñecido prestixio como Francesc Giró, da Axencia Catalana de Residuos; Michele Giavini, de Composting Association; ou Alfonso del Val, consultor ambiental.

Consciente da importancia do evento, a Deputación quixo impulsar a participación no devandito curso dos equipos de goberno dos concellos da provincia e decidiu subvencionar os gastos de desprazamento (autobús), os de aloxamento durante tres días (dous en Pamplona e unha en San Sebastián), e os derivados da matrícula do curso.

Ademais, aproveitando a proximidade á ruta da viaxe, a Deputación ten previstas visitas guiadas a varias instalacións de compostaxe comunal e a dúas plantas de compostaxe (Lapatx e Epele), que tratan a fracción orgánica dos residuos municipais (FORM) recollida selectivamente na orixe.

A planta de Epele, a de maior tamaño das incluídas no programa, foi presentada o pasado día 24 polo consorcio de Residuos de Guipuzkoa-GHK . É moi similar á que se prevé para Pontevedra polo volume de tratamento de residuos orgánicos (9.000 toneladas ano de FORM) e pola utilización de túneis estáticos para a súa descomposición e maduración en mestas volteadas.

Entre outras instalacións de tratamento de menor tamaño que forman parte da viaxe está a de Larrabetzu, que combina o residuo agrícola co doméstico dunhas 160 familias e dous restaurantes. Algo moi similar ocorre coas plantas de Sakana (onde combinan compostaxe comunitaria con recollida porta a porta) e de Leitza. Xa preto de Donosti a expedición pontevedresa visitará a planta de Ursurbil, onde se realiza compostaxe doméstica e comunitaria acadando unha captación de preto do 80% do total do residuo orgánico xerado.

Á viaxe organizada pola Deputación están apuntados os alcaldes de Cambados, Cuntis, Silleda e Soutomaior; así como os primeiros tenentes de alcalde de Barro e Cambados; e os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos de Bueu, Cangas, Fornelos, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Lalín, Moaña, As Neves, Oia, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa. Tamén acudirán técnicos de Caldas de Reis, Cuntis, O Grove, Lalín, Mondariz, Pontevedra, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, entre outros. Acudirán tamén deputados do grupo de goberno e asesores provinciais, así como membros do grupo provincial do PP (Luis Aragunde e Julio Alén).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones