Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA CONFIRMA AO BNG QUE -EN BREVE- SERÁN ABOADAS AS CANTIDADES POR EXPROPIACIÓNS NO BAIXO MIÑO

A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta pola demora no pago das expropiacións dos terreos para a construción da estrada Tui-A garda

A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta pola demora no pago das expropiacións dos terreos para a construción da estrada Tui-A garda

Fecha: 28 de Marzo de 2015

Fuente: BNG - Baixo Miño

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015. A deputada do BNG, Tereixa Paz recibiu con satisfacción a confirmación do director de Infraestruturas da Xunta de Galiza, Francisco Menéndez quen afirmou que nas vindeiras semanas serán aboadas as cantidades por expropiacións de terras radicadas nos concellos de A Guarda, Tui, O Rosal e Tomiño.

Na súa intervención, a deputada pediu concreción sobre os 500 mil euros pendentes para completar o proceso pendente de pagamento e se esa cantidade "pendente de habilitar crédito" corresponde a expedientes xa resoltos polo Xurado de Expropiación onde quedan por resolver 8 expedientes cun valor de 15.000 euros. Tras a resposta do director Xeral, a parlamentaria deu por feito que os 500 mil euros só están pendentes dunha habilitación de fondos ao non existir o problema burocrático.

Segundo confirmou Menéndez, dende o mes de setembro a situación "mellorou" a respecto dos futuros pagos, Tereixa Paz pediu "un esforzo" á Axencia para axilizar a habilitación dos 500 mil euros que corresponden a expedientes resoltos dende hai un ano.

Paz remarcou que as Comunidades de Montes deben ser "resarcidas" dos seus dereitos na maior brevidade ante os prexuízos burocráticos e económicos ocasionados pola expropiación polo que volveu reclamar o pago, a través dun anticipo da provisión de fondos ou de calquera outra formula posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones