Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta demanda ao goberno central a posta en marcha dun perte cultural que recoñeza o peso do sector na economía e contribúa ao seu fortalecemento

Expón as oito iniciativas xa elaboradas para aspirar a fondos Next Generation, cun valor de 197M? e que inciden na transformación dixital, o reforzo dos procesos de creación, a distribución e internacionalización da cultura galega

Expón as oito iniciativas xa elaboradas para aspirar a fondos Next Generation, cun valor de 197M? e que inciden na transformación dixital, o reforzo dos procesos de creación, a distribución e internacionalización da cultura galega

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Febrero de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo seu equipo e polo director xeral do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no Foro Proxectos culturais e fondos europeos, un encontro no que se estableceron vías de traballo e diálogo co sector para canalizar o reparto dos fondos Next Generation. No marco desta reunión, o representante da Xunta de Galicia demandou ao Goberno central “a posta en marcha dun PERTE cultural que recoñeza o peso deste sector na economía e contribúa ao seu fortalecemento”.

En opinión do titular autonómico de Cultura, ferramentas como os Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE), que xa se están levando a cabo cos fondos europeos noutros sectores, deben chegar tamén á cultura, un ámbito “que ten demostrada a súa resiliencia e o seu peso na actividade económica do país.

“Queremos aproveitar esta oportunidade para impulsar unha Galicia mellor e unha cultura mellor, unha cultura de vangarda que reforce e fortaleza o sector”, declarou Román Rodríguez. “Detectamos unha vocación clara por parte do sector cultural de mellorar a súa competitividade e sustentabilidade”, apuntou o conselleiro, que observa na creación dun PERTE da cultura en España -mecanismo ata agora inexistente e que Galicia considera necesario- o xeito máis adecuado de “enfocar a transformación dixital, o reforzo dos procesos de creación e de produción, das canles e programas que favorezan a distribución e a súa internacionalización da cultura galega”.

Felicitación ao sector polo seu labor

Román Rodríguez puxo en valor o camiño percorrido polo sector cultural galego -que antes da pandemia supoñía un 3% do PIB galego e un 3,6% do emprego- e o seu labor ante a covid: “Fostes quen de dar o mellor de vós mesmos”, afirmou sobre unha situación que a Xunta acompañou con medidas e plans de reactivación que posibilitaron que os indicadores sobre a conxuntura económica da cultura remontasen. De feito, segundo os últimos datos do Consello da Cultura Galega, no segundo trimestre do ano pasado Galicia superou o número de traballadores cos que contaba o sector cultural en 2019 e a nosa Comunidade é unha das catro que incrementou a súa masa laboral nesta industria.

 

Por iso, considera clave un reparto equilibrado dos fondos dispoñibles entre todos os sectores e amosou a disposición de Galicia para colaborar na elaboración deste PERTE cultural e crear así unha “estratexia conxunta a nivel estatal” que dea continuidade ao traballo da Comunidade e avance nunha verdadeira transformación e reconstrución.

Neste sentido, Román Rodríguez referiuse á “oportunidade estratéxica” que supoñen os fondos europeos en Galicia con proxectos xa en marcha e outros deseñados para optar a futuras convocatorias. Así, estanse desenvolvendo accións por importe de 19M€ como o Hub Audiovisual das industrias creativas, dotado con 9,6M€ e do que xa se abriron as primeiras liñas para atraer rodaxes e desenvolver ambiciosos paquetes audiovisuais. Tamén outros oito programas -cun investimento de 9,5M€- para apoiar ás salas de cinema, proxectos de cultura no rural, poñer en valor o noso patrimonio cultural, a modernización de teatros e salas musicais, mellorar a dotación das bibliotecas, así como para dixitalizar os arquivos ou a posta en marcha de aceleradoras culturais.

 

Detalle dos proxectos elaborados

A maiores, Galicia deseñou oito proxectos de carácter cultural e lingüístico por importe de 197M€, que xa foron enviados ao Goberno central coa finalidade de presentalos ás convocatorias que se lancen con fondos europeos. Trátase de Cultura circular, para a dixitalización da cultura, impulsando ferramentas de creación e difusión de contidos dixitais; Cultura Emerxente, para difundir o resultado dos procesos creativos dentro e fóra de Galicia, favorecendo a súa exportación; Museo +, para potenciar a súa innovación;  A nosa pegada, para a mellora de bens singulares do patrimonio; Confíns dos verdes castros, para a recuperación do patrimonio arqueolóxico, e Ribeira Sacra, para reforzar a conservación na súa candidatura a Patrimonio Mundial. Igualmente, arrincaron xa o proxecto Stellae 5.0, en colaboración coa rede CRUSOE (Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo), para impulsar a transición dixital dos recursos patrimoniais dos Camiño de Santiago, e o Proxecto Nós, coa Universidade de Santiago, para garantir a presenza da lingua nos novos desenvolvemento tecnolóxicos.

 

Neste proceso de captación de fondos europeos e para a revisión dos proxectos xa existentes, Román Rodríguez animou á participación e colaboración conxunta público-privado. Por iso, presentou este encontro como “a apertura dun proceso participativo para completar, mellorar e enriquecer esta batería de proxectos, que deben ser punto de partida para o deseño definitivo dos proxectos que se poidan presentar aos fondos”.

 

Creación de oito grupos de traballo

O traballo canalizarase coa creación de oito grupos de traballo distribuídos en Audiovisual, Artes Escénicas, Libro, Música, Institucións culturais (bibliotecas, fundacións culturais, arquivos e museos), Artes Visuais, Patrimonio Cultural e Lingua. Con este fin, fixarase un calendario de xuntanzas en febreiro, marzo e abril das que sairá un documento final con diferentes proxectos consensuados que serán enviados ao Goberno do Estado.

 

No encontro estiveron representantes do sector cultural, así como de institucións e administracións públicas encargadas de xestionar fondos destinados á cultura. Entre outros, participaron membros de entidades como o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, a Real Academia Galega de Belas Artes, as universidades, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), centros museísticos e fundacións, así como representantes do eido audiovisual, escénico, literario ou das artes plásticas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones