Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

David Regades: -O único culpable do problema dos PAC é Feijóo-

O Secretario Xeral Provincial mantivo unha xuntanza coa Plataforma PACs en Pé de Guerra

O Secretario Xeral Provincial mantivo unha xuntanza coa Plataforma PACs en Pé de Guerra

Fecha: 13 de Diciembre de 2018

Fuente: PSOE - CEP Pontevedra

David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, reuniuse este mércores con Elisa Ausin, Carlos Gabián e Pilar Rodríguez, representantes da plataforma "PACs en Pé de Guerra" da provincia. "O único culpable do problema dos PAC é Feijóo", asegurou Regades na rolda de prensa posterior ao encontro.

O secretario xeral coñeceu de primeira man a problemática deste traballadores sanitarios, que levan en folga desde o pasado mes de outubro sen atopar resposta ningunha por parte da Xunta de Galicia, que se nega incluso a recibir ao comité de folga. "O non diálogo por parte de Feijóo e Almuiña é a falta de respecto total aos profesionais sanitarios", denunciou Regades na rolda de prensa posterior ao encontro, e pediulle ao conselleiro de Sanidade que deixase "de facer oposición nos concellos onde o PP non goberna" para centrarse en solucionar este conflito.

Desde a plataforma puxeron sobre a mesa a situación insostible que atravesan desde fai anos, e que os levou a convocar unha folga desde o pasado mes de outubro ata o próximo domingo 17. "As e os socialistas queremos mostrar todo o noso apoio á loita que mantén este colectivo", ao que cualificou de "esencial" para unha "correcta atención sanitaria".

"Estou orgulloso do sistema sanitario público que temos, pero haino que apoiar con recursos e persoal", unha situación que non se está dando, pois a política do Goberno de Feijóo en materia sanitaria é a da "privatización".

Unha das principais reivindicacións que fan os profesionais sanitarios é a sobrecarga de traballo, unha situación derivada da falta de persoal. "Feijóo non pode mirar para outro lado", defendeu o secretario xeral socialista, para quen Feijóo "en primeira persoa ten que tomar cartas neste asunto".

Regades acusou a Feijóo "de estar falseando os datos". "Os profesionais existen, pero marchan porque os contratos son precarios. Non pode ser que se fagan contratos por hora".

Elisa Ausin, que actuou como portavoz do colectivo, agradeceu ao PSdeG a predisposición a reunirse e escoitar as súas reivindicacións. Ausin, médico nun punto de atención continuada de Vigo, pediulle ao Goberno de Feijóo que "por unha vez se tomen en serio a atención primaria e a atención nos PAC". "A impresión é que aos nosos xefes políticos pouco lles importa a nosa situación".

"A atención sanitaria non é a porta do sistema, é o sistema. O 80% dos problemas que sanitarios pódense resolver cunha atención sanitaria forte", defendeu a portavoz da plataforma.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones