Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Depoemprega 2017 axudará a inserción laboral de mulleres de Tomiño e Tui

O 25% serán mulleres vítimas da violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social, o 35% mulleres maiores de 45 anos e desempregadas preceptoras de prestación e o 40% desempregadas de longa duración

O 25% serán mulleres vítimas da violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social, o 35% mulleres maiores de 45 anos e desempregadas preceptoras de prestación e o 40% desempregadas de longa duración

Fecha: 12 de Diciembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este proxecto cun orzamento superior aos 250.000 euros

"Depoemprega 2017" ten por obxectivo acadar unha inserción laboral do 35%

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou de que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar o proxecto "Depoemprega 2017" para a posta en marcha de programas integrados de emprego. Trátase dun programa dotado dun orzamento de 255.000 euros no que participarán "85 mulleres dos concellos de Pontevedra, Vigo, Cangas, Ponteareas, Poio, Tomiño e Tui", sinalou a Presidenta provincial.

Estas 85 mulleres, que serán seleccionadas polo Servizo Público de Emprego (e que poden solicitar a súa participación ata o día 29 deste mes), consistirá "en impartir diversas accións formativas, no centro Príncipe Felipe ao longo dun ano, co obxectivo de conseguir que o 35% desas mulleres participantes se inserte laboralmente". De feito, a Presidenta provincial informou de que "o ano pasado acadamos unha inserción laboral próxima o 45%, polo que estamos a falar cun proxecto que non só consegue os resultados perseguidos, senón que os seus resultados son mesmo superiores".

Carmela Silva sinalou que a relación de concellos foi seleccionada por dous motivos: en primeiro lugar, "porque no ano 2016 contaron cunha media de paro superior ás 1.000-2.000 persoas" e, ademais, "por teren un índice elevado de desemprego feminino".

Das 85 mulleres que participarán en "Depoemprega", "o 25% serán mulleres vítimas da violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social, o 35% mulleres maiores de 45 anos e desempregadas preceptoras de prestación" e "o 40% desempregadas de longa duración", informou a Presidenta provincial.

A Presidenta da institución provincial lembrou que "a igualdade é un dos eixos prioritarios de actuación da Deputación de Pontevedra xunto co emprego", e sinalou que "Depoemprega" "conxuga estes dous alicerces do noso Goberno promovendo accións formativas ás mulleres". Carmela Silva sinalou que "os motivos para que este programa estea dirixido ás mulleres son claros, xa que na actualidade seguen a haber diferenzas moi significativas nas condicións e características da oferta de traballo entre homes e mulleres".

Ademais, "unha importante brecha salarial de xénero, pero tamén no reparto das cargas familiares, no desemprego (o feminino é maior), no tipo de traballo que realizan mulleres e homes", entre outras, e "por iso, neste camiño de promover a igualdade, poñemos en marcha este proxecto que quere darlles máis oportunidades ás mulleres da nosa provincia", asegurou Carmela Silva. "Non podemos esquecer a estratexia europea 2020 en materia de emprego, que ten por obxectivo promover a igualdade de xénero", sinalou.

"Depoemprega 2017" contará con catro itinerarios: formación para o emprego (no que se dará formación para a mellora da empregabilidade e para a obtención de certificados de profesionalidade), realización de prácticas profesionais non laborais (dirixida a mulleres de diferentes perfís profesionais que estean xa acreditadas con certificados de profesionalidade ou ciclos formativos pero que precisen mellorar e actualizar a súa formación), fomento da cultura emprendedora (dirixido a aquelas mulleres susceptibles de ser emprendedoras) e empregabilidade (dirixido a mulleres cualificadas, con competencias e habilidades sociolaborais, en proceso de busca activa de emprego que necesiten mellorar a súa formación a través da formación transversal).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones