Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - 25 ANOS DA FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA NA GUARDA

O evento gastronómico máis importante de A Guarda segue a sumar adeptos tras 25 anos de historia

Ademais de ofrecer diversas receitas e unha calidade estupenda de produtos do mar, programáronse un sinfín de actividades

Fecha: 06 de Julio de 2015

Fuente: Infomiño.com

 
O venres día 3 deu comezo a XXV edición da Festa da Langosta e Cociña Mariñeira no Concello da Guarda ca lectura do pregón na Praza do Reló e a apertura da carpa gastronómica no Porto da localidade.

Pasadas as 20 horas comezaron a sonar os primeiros acordes da Agrupación Musical da Guarda nunha praza atestada de xente. Os veciños e veciñas da Guarda, e moitos dos visitantes que estes días pasean polas nosas rúas, quixeron estar presentes no inicio desta gran desta, polo que non dubidaron en encher a Praza para, nun primeiro momento escoitar o concerto que a Agrupación tiña preparado, e despois para escoitar o pregón.

O primeiro en subirse o balcón do Concello foi o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen, moi emocionado falou dos seus recordos de neno nunha familia de mariñeiros. A primeira sorpresa nesta XXV edición da Festa foi a pequena homenaxe que o Concello quixo facerlle a Elicio Magallanes, impulsor da primeira edición. Elicio, acompañado do alcalde, subiu o balcón e non dubidou en ofrecer unhas palabras ós seus veciños e amigos.

Tras él foi a quenda do máis esperado, do pregoeiro desta edición, Yayo Daporta. Este chef, un dos máis xoves en conseguir unha estrella Michelín, recitou un emotivo pregón destacando a calidade dos produtos galegos e o saber facer da xente que vive en Galicia.

Despois das palabras, pasouse ós feitos. Tanto a corporación municipal, como o pregoeiro cambadés, e por suposto, as decenas de veciños e veciñas que estiveron presentes no primeiro acto, dirixíronse á carpa instalada no porto para dar por inaugurada a festa.


Yayo Daporta, acompañado polo alcalde e demais Concelleiros, foron parando nos diferentes postos gastronómicos para coñecer de primeira man os diferentes produtos que se ofertaban. O chef non dubidou en posar con langostas na man, con decenas de fans que o acompañaban no seu paseo ou incluso probar o doce máis característico da Guarda, o roscón de xema.

Cando Yayo Daporta xa vira os produtos e probara moitos deles, o chef cambadés subiuse ó escenario para facer unha demostración culinaria ante o público. Con dúass langostas que chegaron vivas a súa mesa, e unhas salsas baseadas entre outra cousas en cilantro e aceite de oliva, este cociñeiro demostrou as súas dotes creando un tartar e un carpaccio de langosta. Daporta foi mostrando e explicando cada paso ós presentes.

Dous nenos do público foron os afortunados e puideron probar estes pratos creados por un chef "Michelin".

Tras a exhibición, e despois da cena, os asistentes á festa gozaron da música da orquestra "América" ata altas horas da madrugada.

Ademais de ofrecer diversas receitas e unha calidade estupenda de produtos do mar, programáronse un sinfín de actividades para que, tanto os veciños e veciñas da Guarda, como os múltiples visitantes que en estas datas chegan a localidade, gozasen dun estupendo fin de semana.

Nesta XXV edición da festa, a música tivo un gran protagonismo, xa que estivo presente durante todolos días con actuacións de "O Trebón dos Xidos" con pasarrúas, actuación do acordeonista guardés Daniel Vilanova, do grupo local The Winning Numbers, Lou Reyes e fados portugueses a cargo de Claudia Madeira e Rui Teixeira.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 3-5 Xullo 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 FOTOS CONCERTO, PREGÓN E APERTURA CARPA

FOTOS CARPA E FEIRA DE ARTESANÍA

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones