Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A CICLOXÉNESIS EXPLOSIVA ULLA DEIXA CENTOS DE INCIDENCIAS

Os concellos con maior número de incidentes foron a Coruña, Santiago, Arteixo, Carballo, Cambre e Oleiros (na provincia coruñesa); Foz, Lugo, Viveiro, Cervo e Barreiros (na de Lugo); Vigo, Silleda, A Estrada e Tui (en Pontevedra), e Ribadavia e Ourense (n

Fecha: 15 de Febrero de 2014

Fuente: www.xunta.es

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou entre as 00,00 e as 12,00 horas de onte un total de 489 incidencias a causa do temporal costeiro e de vento en terra que está a afectar a toda Galicia.

Así se desprende dun informe do centro de emerxencias galego, no que se explica que nese período atendéronse 1.721 chamadas e 648 incidencias, o 75 por cento das cales (489) estiveron relacionadas cons fenómenos meteorolóxicos adversos. O maior número de chamadas rexistráronse en torno ás 9,00 da mañá.

Por provincias, a máis afectada foi a da Coruña, seguida da de Lugo,  Pontevedra e Ourense. A maior parte das incidencias estiveron relacionadas con caídas de árbores e pólas (o 55 por cento do total) e verteduras nas estradas.

Os concellos con maior número de incidentes foron a Coruña, Santiago, Arteixo, Carballo, Cambre e Oleiros (na provincia coruñesa); Foz, Lugo, Viveiro, Cervo e Barreiros (na de Lugo); Vigo, Silleda, A Estrada e Tui (en Pontevedra), e Ribadavia e Ourense (na provincia ourensá).

Accidente na Ponte Internacional da Amizade

No Concello de Tomiño, sobre ás 11:00h da mañá tiña lugar un accidente de circulación dun camión con remolque que provocou o corte no tráfico na Ponte Internacional que comunica Goián-Tomiño con Vilanova de Cerveira-Portugal.

O conductor do camión, de matrícula portuguesa, resultou ileso, e barállase coma hipótesis do suceso que unha ráfaga de vento moi forte provocou o accidente. O Camión quedou cruzado completamente impendindo o tráfico e o remolque volcou sobre a calzada.

Alerta laranxa no litoral
Dende a tarde de onte o temporal de vento en terra  foi dominuíndo nas catro provincias ata acadar o nivel amarelo. O sábado continuará a alerta laranxa por ondas en todo o litoral galego.

Por este motivo, nas zonas de litoral aconséllase permanecer alonxado de praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns ou todas aquelas zonas susceptibles de seren afectadas por un golpe de mar. E igualmente, revisar os amarres das embarcacións e evitar realizar prácticas deportivas e náuticas.

Así mesmo, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones