Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Eurocidade Tui ? Valença celebra o Nadal con máis de 40 de actividades

Haberá actividades para os mais cativos, de lecer, deportivas e tamén moita música

Haberá actividades para os mais cativos, de lecer, deportivas e tamén moita música

Fecha: 03 de Diciembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

A Eurocidade Tui - Valença vén de presentar esta mañá a programación cultural e deportiva para este Nadal coa que se busca promover o comercio local, ofrecer alternativas de lecer para os cativos e fomentar o deporte. Estiveron presentes o presidente da Cámara de Valença Joge Salgueiro, o vereador de Deportes José Monte, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón e o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso.


En total, dende o 1 de decembro e até o 8 de xaneiro, a Eurocidade acollerá a celebración de máis de 40 actividades de ocio e deportivas.

 


Tui organiza ou colabora na celebración dunha vintena de actividades que arrancarán o 3 e 4 de decembro co Mercadillo de Nadal. Este 2016 o mercado, centrado na artesanía e no comercio local, trasladarase a Corredoira onde tanto o sábado como o domingo, de 11:00 a 21:00 horas, 60 postos de comerciantes e artesáns ofrecerán os seus produtos. Como novidade, este ano BANTA, o Banco de Tapóns do Baixo Miño, contará cun posto no que venderá o seu calendario solidario e tamén recollerá tapóns.


Do 3 ao 11 de decembro haberá visitas guiadas especiais ao Conxunto Histórico de Tui. Estas visitas gratuítas, que se veñen facendo dende xuño, ofrecerán como novidade rutas ao Tui Escolar, ao Tui Fidalgo e á Igrexa de San Bartolomé dos século XI e XII en Rebordáns. Todas as rutas parten sempre da Praza da Inmaculada e teñen unha duración aproximada dunha hora. Son guiadas polo historiador tudense Suso Vila.
A música será tamén protagonista nestas datas na cidade. O 15 de decembro o Teatro Municipal de Tui acollerá o Concerto do Conservatorio Profesional de Música de Tui. A actuación comezará ás 20:00 e a entrada será de balde. Xa o 23 de decembro, o Teatro Municipal será o escenario da presentación oficial da Orquestra Sinfónica de Tui, que actuará por primeira vez no Concerto de Nadal. Por último, o 30 de decembro terá lugar o Concerto de Fin de Ano na praza de Frómista ás 20:00.


Os pequenos da casa tamén contarán con actividades dirixidas para eles. Ademais dos obradoiros do Mercado de Nadal na primeira fin de semana de decembro, o Concello proxectará o filme "Holy Night! Noite de Paz?" no Teatro Municipal o xoves, 22 de decembro ás 19:00 horas. Antes, entre as 11:00 e as 12:00 horas, o Apalpador, figura mítica da tradición cultural galega, chegará á Biblioteca Municipal nunha actividade musical.


No ámbito deportivo, a Eurocidade acollerá até oito actividades diferentes ao longo destas datas. A primeira delas terá lugar o venres 17 e sábado 18 de decembro coa celebración do I Trofeo de Nadal de Padel Club PadelTui nas pistas de Padel de Areas. O venres 17 haberá dous eventos máis. Son o Festival de Kung-Fu, no Pavillón Deportivo Municipal (17:00 a 19:30 horas) e o 7º Trofeo de Nadal de Natación na Piscina Municipal de Tui (16:00 horas). O domingo 18, tamén será a quenda do Festival de patinaxe no Pavillón de Tui (17:00 horas) e a Andaina Solidaria organizada por AndaTui con saída dende Valença (10:00 horas) cara Tui.


O 27 de decembro chegará a quenda do II Torneo de Exhibición de Bádminton no Pavillón de San Paio (16:00 a 20:00 horas). O 28 de decembro arrancará o Clinic do R. C. Celta de Vigo no Campo Municipal Álvarez Durán. Por último, o 8 de xaneiro terá lugar a 37ª Regata Miño Internacional de Remo.


A Eurocidade Tui - Valença porá en marcha este Nadal de xeito conxunto o Tren Turístico da Eurocidade namentres que o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata Internacional de Reis con saída ás 17:00 (hora española) de Valença e chegada ao paseo da Corredoira ás 19:00 horas.


Do 20 de decembro ao 15 de xaneiro celebrarase a exposición de Beléns do Mundo na Catedral de Tui, unha ampla mostra de beléns convertidos en auténticas obras de arte.


Amais, en Valença, dende o 3 e até o 11 de decembro os mais cativos poderán desfrutar do mundo máxico de Duendelandia onde se atoparán con Papa Noel, a quen lle poderán entregar as súas cartas ademais dun bosque encantando e de obradoiros de pintura.
Pola súa parte, a Fortaleza de Valença, vólvese de chocolate, con postos de crepes, gofres, bombóns ou turróns ademais da gastronomía típica portuguesa.


A fin de semana do 17 e 18 de decembro a quenda será para a música, con tres concertos con música típica de época. Durante todo o Nadal, do 1 de decembro ao 8 de xaneiro, instalarase unha pista de patinaxe sobre xeo no Xardín Municipal de Valença.
 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 2 Decembro 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Haberá actividades para os mais cativos, de lecer, deportivas e tamén moita música  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones