Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A EUROCIDADE TUI-VALENÇA PRESENTA UNHA GUÍA TURÍSTICA EN FORMATO LIBRO

Unha publicación basicamente de fotografias que amosa as potencialidades da Eurocidade

Fecha: 13 de Noviembre de 2013

Fuente: Infomiño.com / Concellotui

 

 

O pasado Martes día 12 de Novembro de 2013 tiña lugar na Pousada de Sao Teotonio en Valença do Minho a presentación do libro "Eurocidade Tui-Valença", acto no que interviron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, o presidente da Câmara de Valença do Minho, Jorge Salgueiro Mendes e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez

Esta é a primeira publicación da Eurocidade que retrata a realidade, os números, a história e o traballo conxunto de Valença do Minho e Tui e que pretende abrir novos vieiros de oportunidade ao afondamento das relacións entre as dúas ribeiras do Miño.

No acto estaban presentes do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, xunto a outras autoridades locais e comarcais.

A Eurocidade ten unha poboación total de 31.359 habitantes nun área aproximada de 169 km2 e distribuída en 28 parroquias, que desde o pasado ano camiñan xuntas cara o desenvolvemento económico, comercial e turístico do conxunto luso-galaico.

O libro é unha iniciativa da Câmara de Valença do Minho e o Concello de Tui, co que buscan divulgar o patrimonio artístico, cultural e gastronómico da Eurocidade baixo o lema "Dúas cidades, tres linguas e dous pobos, unidos por un río, unha emoción e unha vontade". Foi financiado pola Xunta de Galicia a través do programa Poctep de dos fondos Feder.

O afianzamento da unión destas cidades históricas é o obxectivo primordial, para favorecer a cohesión social e traballar xuntas na evolución comercial como ben mostran a iniciativa das andainas que cada fin de semana se realizan conxuntamente na Eurocidade .

Composto por 9 seccións, o libro fai un percorrido polos puntos clave das dúas cidades coma o marco xeográfico, histórico, rotas de arte e patrimonio, o Camiño de Santiago, a natureza, a orixe e creación da Eurocidade, así coma unha lista completa dos servizos públicos de ambas localidades. Supón unha guía sobre a oferta turística da Eurocidade.

O libro está editado tanto en galego coma en portugués, cunha sección última de información en castelán e inglés.

Destaca a peculiaridade do libro pola súa abundancia de material gráfico, un total de 95 fotografías a gran tamaño, deleitando aos lectores coas mellores e máis representativas instantáneas de Valença do Minho e Tui. As fotografías e maquetación do libro corresponden a Gus Abreu.

O alcalde de Tui na súa intervención sinalaba que Hoxe completamos outra etapa da Eurocidade, coa presentación desta guía turística da Eurocidade que xorde dende o convencemento que posuímos, tanto a Câmara de Valença do Minho como o Concello de Tui, de que o turismo é un factor estratéxico no progreso das nosas cidades. A mobilización dos nosos recursos endóxenos resulta unha ferramenta imprescindible nestes momentos de crise. Valença do Minho e Tui, Tui e Valença do Minho conforman un destino turístico de primeira dimensión, cunha oferta patrimonial, comercial e de paisaxe natural certamente de grande atractivo. Este libro é unha auténtica carta de presentación da nosa oferta turística, das posibilidades que ofrece o noso legado cultural e natural... pero é tamén un acicate para o noso traballo, pois cómpre avanzar na posta en valor destes recursos, nun labor colectivo no que precisamos a implicación de todos os axentes sociais, tanto públicos como privados.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones