Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLEU A FEIRA DO LIBRO 2016 CUNHA PROGRAMACIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS

Durante a xornada do Domingo día 22 de Maio as actividades da Feira do Libro enmarcáronse no entorno da Praza do reló de A Guarda

Na Prazá do Reló ofreceronse diversos espectáculos e actuacións que fixeron as delicias de toda a familia

Fecha: 23 de Mayo de 2016

Fuente: Infomiño.com

Para rematar a semana na que se acolleron os diferentes actos en celebración do Día das Letras Galegas, o Concello da Guarda organizou a novena edición da súa Feira do Libro, que tivo lugar o pasado domingo día 22 na Praza do Reló.

Ademais dos postos das librerías, que abriron dende as 11 da mañá e nos que se puideron mercar libros cun 20% de desconto, na Prazá do Reló ofreceronse diversos espectáculos e actuacións que fixeron as delicias de toda a familia.

Pola mañá, ás 12:30 horas deu comezo unha das actividades centrais que foi a sesión de contos “Os contos da barriga verde” que correu a cargo de Fran Rei, cofundador e coordinador de “Os Sete Magníficos máis un”, a compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia.

Neste novo espectáculo, que ven de presentar na primavera e que chegou este domingo á Guarda, representou o guión que escribiu xunto a Avelino González a partir de tres das obras do escritor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Manuel María (“Barriga Verde”, “Os Soños na Gaiola” e “Aventuras e Desventuras dunha Espiña de toxo chamada Berenguela”).

Pola tarde foi o turno do espectáculo “Falar sen cancelas”, no que repetíu o cómico Fran Rei, desta volta acompañado por Pedro Brandariz e Isabel Risco. Xuntos os tres cómicos ofreceron unha actuación na que se pon en evidencia a súa compenetración tras 15 anos colaborando sobre os escenarios a través dunha serie de monólogos propios, gags, recursos e xogos de improvisación que fan que cada vez que representan este espectáculo sexa diferente á anterior. “Falar sen cancelas” trouxo á Guarda unha gala de humor, maxia e improvisación coa palabra e a lingua como grandes protagonistas.

Tras esta intensa xornada de libros e espectáculos variados a Feira do Libro da Guarda rematou cara as 21 horas da noite co sorteo de libros e o Peche da Feira.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 22 de Maio de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon IXUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Durante a xornada do Domingo día 22 de Maio as actividades da Feira do Libro enmarcáronse no entorno da Praza do reló de A Guarda  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí