Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Guarda conmemorou cun acto o Día da Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración, este venres 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello da Guarda quixo conmemorar esta data cun acto na Praza do Reló.

Con motivo da conmemoración, este venres 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello da Guarda quixo conmemorar esta data cun acto na Praza do Reló.

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Con motivo da conmemoración, o venres 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello da Guarda quixo conmemorar esta data cun acto na Praza do Reló.

Dende o balcón da Casa dos Alonsos o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e as concelleiras da Corporación Municipal, Mª Teresa Vicente Baz e Elena Baz, colocaron unha pancarta na que se lía o lema "Contra todas as violencias machistas". A continuación, o alcalde procedeu á lectura dun manifesto no que expresou a repulsa contra a violencia de xénero, á que calificou como unha lacra a nivel mundial que é necesario erradicar dunha vez por todas. Para isto, afirmou, é necesario o compromiso e colaboración colectiva. Ademais, destacou a importancia de levar a cabo actividades de sensibilización e educativas ante a preocupante repetición de vellos patróns que se veñen observando nas novas xeracións. "O concello asume o compromiso na loita contra esta lacra, apoiando ás vítimas e propagando a defensa dunha sociedade paritaria entre homes e mulleres", quixo destacar o alcalde.

Tras a lectura do manifesto, a concelleira de Igualdade, Mª Teresa Vicente Baz, presentou ao grupo AcevedosDelgados. Este interpretou unhas cancións que tratan a relevancia actual do tema do acto e, entre o repertorio, incluíron un poema de Celso Emilio Ferreiro ó que eles mesmos lle puxeron música. Con este tema remataron un acto cargado de simbolismo e emoción ante os veciños e veciñas da Guarda que se achegaron ata a Praza do Reló.

Deste xeito, pódese ver como o lema de repulsa contra a violencia de xénero preside o balcón da Casa dos Alonsos en homenaxe ás vítimas desta violencia, nun día que busca concienciar sobre unha problemática aínda moi presente na nosa sociedade.

Dende o concello da Guarda, e en especial dende a Concellería de Igualdade, quérese reiterar a repulsa ante todos os casos de violencia de xénero e manifestar a máis absoluta condena ao que sigue a ser unha lacra de carácter mundial. Acabar con ela é tarefa de todos e todas e só se poderá conseguir unindo esforzos.

 


Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  

www.infomiño.com

 
Fecha: 25 de novembro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

 

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 Con motivo da conmemoración, este venres 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello da Guarda quixo conmemorar esta data cun acto na Praza do Reló.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones