Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - A Guarda presenta en Povoa de Varzim a XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira poderase degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños.

Nesta presentación interviron o Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba Baz, e a Concellería de Turismo, Dona Montserrat Magallanes, acompañados do Vicepresidente da Cámara de Póvoa de Varzim, D. Luís Diamantino Carvalho Batista e a Vereadora de Turismo, Dona

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Na mañá do martes día 26 de xuño de 2018 o municipio portugués de Póvoa de Varzim acolleu a presentación oficial da XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia que terá lugar os vindeiros días 6, 7 e 8 de xullo no Concello da Guarda.

Cada ano realizase a presentación oficial nunha vila galega ou portuguesa e este ano escolleuse a Póvoa de Varzim, vila mariñeira ao igual que A Guarda e que comparten unha forte vinculación ao longo dos anos.

O Paseo marítimo desta vila foi o escenario desta presentación que estivo amenizada polo grupo "Do Lusco ó Fusco".

Neste fermoso espazo os establecementos colaboradores ofreceron unha mostra dos pratos e produtos que se poderán degustar nesta festa de recoñecido prestixio e un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia.

Nesta presentación interviron o Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba Baz, e a Concellería de Turismo, Dona Montserrat Magallanes, acompañados do Vicepresidente da Cámara de Póvoa de Varzim, D. Luís Diamantino Carvalho Batista e a Vereadora de Turismo, Dona Maria Lucinda Campos Amorim Ramos Sousa Delgado.

O acto comezou coa intervención do Vice-Presidente da Câmara de Povoa de Varzim, quen destacou a estreita vinculación de ámbalas dúas vilas, coas marcas dos mariñeiros que tanto se están a promocionar. María Lucinda Campos, Vareadora de Turismo da Câmara de Povoa de Varzim agradeceu que se elixira este municipio para a presentación desta festa gastronómica recoñecida como festa de Interese Turístico de Galicia. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, continuou amosando aos presentes a importancia da festa para a vila da Guarda e aproveitou para dar a coñecer as novidades da programación desta edición, con actividades para todas as idades e públicos.

Pola súa banda Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo do Concello da Guarda, eloxiou ao Municipio de Povoa de Varzim, convidando a todos os presentes a achegarse ata á Guarda a degustar os produtos do mar e a ampla programación de actividades previstas.

Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira poderase degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de Langosta custará 25€, pero tamén haberá outras tapas coma percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo... a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema, con racións dende 1,5€.

 

 

Programación variada e para todas as idadesA XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira terá inicio o venres 6 de xullo co acto de lectura do pregón na Praza do Reló ás 21:00h, que nesta edición recae no recoñecido actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Esa mesma noite ás 22:30h fará unha actuación na carpa do Porto, presentando o seu espectáculo "Cavernícola".

Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.

O Domingo 8 de xullo amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.

Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos(non esquezades o bañador!). Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira poderase degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí