Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A música Reggae encheu as beiras do Miño coa 7ª edición do Minho Reggae Splash

Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, rutas para coñecer a fauna e flora e o deporte, charlas e encontros cos artistas.

Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, rutas para coñecer a fauna e flora e o deporte, charlas e encontros cos artistas.

Fecha: 05 de Septiembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O Minho Reggae Splash chegou a pasada fin de semana á súa 7ª edición no Espazo Fortaleza de Goián en Tomiño. Dous días cheos de obradoiros, conferencias, actividades deportivas e artísticas, espectáculos, feira de artesanía, Food Trucks e, por suposto, moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converteron novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.

O festival Minho Reggae Splash celebrou a súa séptima edición no Espazo Fortaleza do concello de Tomiño. Nun espazo natural ao carón do río, con praia fluvial, zona de descanso, aparcadoiro e todas as facilidades precisas para pasar unha fin de semana disfrutando da música reggae e das actividades que propuxo a asociación viguesa Minho Reggae, que leva traballando a prol deste estilo musical dende hai sete anos.

Os participantes disfrutaron dos concertos, de todas as actividades e da zona de acampada.

Dende hai sete anos o Festival Minho Reggae Splash convertese cada ano nunha cita ineludible para os amantes do reggae e dos ritmos xamaicanos. Pero tamén para todos aqueles que lles guste descubrir novas músicas, artistas de calidade e, sobre todo, pasar unha fin de semana inesquecible, polo bo ambiente, a cordialidade e a gran variedade da oferta lúdica e de lecer que ofrecen en todas as súas edicións. Esta non foi menos, e o festival cumpriu o seu séptimo ano de vida, como un dos festivais de referencia de toda España e do Norte de Portugal.


Actividades para todos os públicos e todas as idades. Unha das características principais do Minho Reggae Splash e a diversidade de público que atrae. Dende os cativos da casa até os máis maiores, aqueles que son uns apaixonados da música como os que queren pasar unha fin de semana diferente. Isto conséguese grazas a variedade e calidade das actividades que se programan, todas elas dirixidas por persoal especializado no ramo e con temáticas innovadoras que non contan cunha difusión maioritaria. 

GOIÁN, CAPITAL DO REGGAE

A Asociación Minho Reggae continúa apostando pola calidade e a innovación á hora de escoller ás bandas que participaron na séptima edición do festival. Músicos chegados de Francia, UK, Brasil e de toda a xeografía española e portuguesa que nos levaron até a esencia do reggae.

Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, rutas para coñecer a fauna e flora e o deporte, charlas e encontros cos artistas.

Entreter, divertir pero tamén difundir novas culturas, novas tendencias, concienciar e ampliar os nosos horizontes. Para que o público se somerxa na cultura reggae e en todas as correntes que o rodean houbo obradoiros nos que músicos profesionais deron a coñecer os ritmos tradicionais xamaicanos e africanos dos que naceu este estilo.

O Minho Reggae Splash 2016 comezaba o Xoves 1 de setembro cunha Jam sesion con invitados locais e DJ Negralha no Centro Goianés

Na xornada do Venres 2 de setembro comezaban oficialmente as actividades da programación central do festival coa apertura de Soundsystem a cargo de MÁIS LUME KOLEKTIVE (Galicia) E HERRI SELEKTAH (Galicia) na zona de concertos.

Ás 23:00h tiña lugar a primeira actuación no escenario principal a cargo de HIGH PAW backed by Elephants band (Galicia) que conseguiron gañarse ó público asistente xa dende o inicio da súa actuación.

De seguido tiña lugar a actuación de GANJAHR FAMILY backed by Atlantic Force Band (Galicia), rítmos pegadizos e moito movemento sobre o escenario foron os factores claves da súa actuación.

A primeira noite de concertos avanzaba e tocáballe o turno a unha banda que xa tocou noutras edicións e que nesta edición sorprendeu ós asistentes cunha especial versión da recoñecida canción I Got Sunshine de The Temptations, falamos da banda viguesa Transilvanians.

Xa para rematar no Dub Corner JAHVIER Tuff Lions (Francia) con MÁIS LUME KOLEKTIVE (Galicia), JUNIOR DREAD (Brasil) e REAL ROCKERS (Portugal), MÁIS LUME KOLEKTIVE + GUESTS (Galicia) puñan o toque final a esta primeira noite de concertos.

Na xornada do sábado 3 de setembro as actividades comezaban na zona de acampada cunha Ruta pola beira do río Minho para descubrir a flora e fauna da zona, guiada polo biólogo Xurxo Mouriño.

No mediodía Charla obradoiro "Iniciación a meditación" a cargo de Renna de "Vigo Medita" e amenización musical pola tarde a cargo de Bababoom SoundSystem (Galicia) +invitados.

Tamén pola tarde do sábado tiña lugar unha Charla sobre "Elaboración de cervexa artesá" con degustación de tres variedades, impartida por Borja de "Vacaloura Cervexa Artesá". De seguido charla FACC e"Sementes autóctonas e Biodiversidade" a cargo de Edgar da Rede Galega de Sementes.

Á última hora da tarde tiñan lugar varios espectáculos de circo para tódolos públicos; "The Galician Mixtic Cabaret" presentado por "Makinolas" e unha sesión de tambores tradicionais Nyahbinghi dirixida por Tuff Lions.

Xa pola noite no Dub corner iniciábase a sesión previa ós concertos a cargo de Soundsystem MÁIS LUME KOLEKTIVE (Galicia).

Os coruñeses BUSH DOCTORS (Galicia) foron os encargados de abrir esta segunda xornada de concertos no escenario principal, seguidos polos brasileiros, ANGATU, volta ás raíces da música reggae con espectáculo de animación incluído, e cun aclamado bis ó remate da súa espectacular actuación.

Chegaba o turno de escoitar a un dos clásicos, VIVIAN JONES en directo dende Reino Unido backed by Elephants band, foi un dos pratos fortes desta séptima edición do Minho Reggae Splash

Xa para pechar esta séptima edición, os franceses de TUFF LIONS encheron o escenario da mellor música reggae.

Pero a programación de actividades non rematou aquí coa derradeira actuación no escenario principal, a Dub Corner seguiu animando ós presentes ata ben entrada a madrugada a cargo de Soundsystem WEBCAM HI-FI feat Zion Irie (Francia) e MÁIS LUME KOLEKTIVE + OVELLA NEGRA (Galicia).

Para rematar esta séptima edición, actividades de día na zona de acampada na xornada de tardedo domingo a cargo de Bababoom SoundSystem (Galicia) +invitados.

PLAYLIST VIDEOS 

www.infomiño.com

Fotógrafos: Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera
 
  Fecha: 2 - 3 setembro 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d e 1000d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 VENRES Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, rutas para coñecer a fauna e flora e o deporte, charlas e encontros cos artistas.

SÁBADO Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, rutas para coñecer a fauna e flora e o deporte, charlas e encontros cos artistas.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones