Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - Afluencia masiva de visitantes á XXIV A Feira do Viño do Rosal

A boa climatoloxía axudou a que milleiros de persoas visitasen esta feira durante toda a fin de semana

Milleiros de persoas visitaron e participaron na ampla programación de actividades ao longo da fin de semana na Praza do Calvario do Rosal

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Julio de 2016

Fuente: Infomiño.com

A Feira do Viño do Rosal estreou nesta XXIV edición o seu novo galardón de Festa de Interese Turístico de Galicia cunha afluencia masiva de visitantes ao longo de toda a fin de semana.

Unha feira que se consolida coma evento de exaltación dos viños da Subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas na que participaron unha decena de adegas desta denominación(Pedregales, Gaudila, Altos de Torona, Gran Novás, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Lagar de Cervera, Valmiñor, Terras Gauda e Quinta de la Erre.

O comentarista gastronómico José María Toro foi o pregoeiro desta edición e no seu pregón resaltou a alta calidade dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.O comentarista gastronómico José María Toro foi o pregoeiro desta edición e no seu pregón resaltou a alta calidade dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. No acto de inauguración tamén estiveron presentes o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Níñez Feijoo; o Vicepresidente, Alfonso Rueda; a Secretaria Xeral para o Turismo, María Nava Castro; o Presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; o Secretario Xeral, Ramón Huidobro, o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, J. Manuel Cores Tourís, así coma representantes municipais encabezados polo Alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela e representantes de concellos limítrofes e outros organismos e institucións.

Tralo acto inaugural, a comitiva visitou a exposición do Colectivo SomosArte e a XXIII Mostra Numismática e Filatélica do grupo Val do Rosal, cun cuño conmemorativo para lembrar este ano o 50 Aniversario do acordo de por en marcha a concentración parcelaria no Rosal.Tralo acto inaugural, a comitiva visitou a exposición do Colectivo SomosArte e a XXIII Mostra Numismática e Filatélica do grupo Val do Rosal, cun cuño conmemorativo para lembrar este ano o 50 Aniversario do acordo de por en marcha a concentración parcelaria no Rosal.
 
De seguido se fixo un percorrido polos diferentes expositores ubicados na Praza do Calvario, onde tamén estiveron presentes ademáis de adegas, os stands de A Rosaleira; productos vexetais envasados, Ginabelle, Froitos do Rosal - Mirabel do Rosal, Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas e Rosabeles.

A tan afamada gastronomía da comarca do Baixo Miño tamén estivo representada cos stands do Restaurante Xantar, Restaurante As Brasas, Restaurante Trasmallo, O Telleiro, Marisquería O Roxo, Pastelería Montserrat e Pulpería Tere.

Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro

A novidade fundamental deste ano foi que a Feira do Viño do Rosal consolídase definitivamente o 18 de marzo do presente ano ó ser declarada Festa de interese turístico en Galicia.

Isto é consecuencia do esforzo conxunto dos diferentes participantes directos ou indirectos da feira, da calidade dos nosos productos, do lugar de realización, un lugar accesible e aberto a todos e que pola distribución en si mesma, cadeiras, parasois, restauradores, bodegas....etc e as actividades paralelas que teñen lugar (exposicións, música, actuacións, eventos deportivos...etc.) faen moi atractivo para o público asistente a estancia no Rosal neses días.

Máis de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo. Máis de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

Unha das melloras levadas a cabo este ano pola organización foi a ampliación do número de mesas, cadeiras e carpas, cunha carpa de 10 x 25 metros na que se acomodaron ata 260 persoas en mesas.

Ademais realizouse unha nova distribución de mesas altas (barriles) e mesas e sillas, enchendo toda a praza con 100 mesas altas e 100 mesas baixas, mellorando o servizo e a comodidade dos visitantes.


A ambientación musical estivo este ano marcada polas actuacións da Charanga CANTOS SOMOS, o Grupo Folk Lareira, a Charanga VAI DE BAILE e a Charanga MOITA MARCHA.

Os máis cativos tamén disfrutaron da feira con inchables e  obradoiros de maquillaxe.


Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea / Sara Carrera Coímbra  

www.infomiño.com

 
Fecha: 15 de xullo de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d /  Xiaomi Yi / Canon ISUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 A boa climatoloxía axudou a que milleiros de persoas visitasen esta feira durante toda a fin de semana

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí