Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CONTINÚA A INESTABLIDADE ATMOSFÉRICA NO DÍA PREVIO DA CHEGADA DA CICLOXÉNESIS EXPLOSIVA PETRA A GALICIA

Na xornada do Martes 4 de Febreiro de 2014 mantivéronse activadas varias Alertas por fenómenos costeiros e vento.

Vista da PRaia do Carreiro na zona portuaria de A Guarda, Pontevedra

Fecha: 04 de Febrero de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

 

Durante a xornada do Martes día 4 de Febreiro de 2014 a comunidade autónoma de Galicia permaneceu coa Alerta Laranxa activada por fenómenos costeiros e Alerta Laranxa por ventos que superaron os 100km/h no litoral de A Guarda, O Rosal e Oia, no Baixo Miño.

Ondas de ata 8 metros obrigaron novamente a manter as embarcacións de pesca en terra, onde a Xunta cancelou todas as actividades escolares no exterior dos centro educativos.

Na Guarda, na estrada PO-353, a caída parcial do muro dunha vivenda abandoada no barrio de A Pobra, mantivo cortado un dos carrís de circulación mentras o GES de A Guarda retiraba os restos do muro cascotes da calzada que comunica esta vila co Rosal. Intervíu tamén Guardia Civil do posto de A Guarda.

A situación no Río Miño e afluentes se complica durante a pleamar, anegando parcialmente a zona das marismas de Salcidos en A Guarda e o cauce do Río Carballas-Tamuxe no Rosal.

En Tomiño, unha árbore de grandes dimensións caeu sobre a estrada ao carón do CEIP de Sobrada, polo que este vial quedou pechado ó trafico en ambos sentidos de circulación.

No concello do Rosal a caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico mantivo durante horas a centos de usuarios sen suministro eléctrico.

Segundo MeteoGalicia, para a xornada deste Mércores "Galicia quedará nunha zona de transición á espera dunha nova fronte que nos afectará na madrugada. Así, continuaremos cun réxime de ventos do sudoeste, que deixarán unha xornada de intervalos anubrados con chuvias de carácter intermitente. A cota de neve estará arredor dos 900 metros nas primeiras horas subindo rapidamente a 1200 metros pola tarde. Cara á noite, os ceos quedarán cubertos con chuvias xeneralizadas en toda a Comunidade. As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará forte do sudoeste en xeral."

Recordamos extremar as precaucións e evitar achegarse a zonas de risco ou perigosas.

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias
Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones