Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Convite a participar no I Fórum do Río Miño Transfronteirizo o vindeiro 21 de xuño en Valença

Preténdense reunir asociacións, organismos, empresas e autónomos, así como calquera persoa física ou xurídica con intereses na área da ?raia- para abrir un -debate plural- sobre as súas necesidades

Preténdense reunir asociacións, organismos, empresas e autónomos, así como calquera persoa física ou xurídica con intereses na área da ?raia- para abrir un -debate plural- sobre as súas necesidades

Fecha: 12 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Escola Superior de Ciências Empresariais - IPVC de Valença (Portugal), acollerá o vindeiro 21 de xuño a celebración do I Forum do Río Miño Transfronteirizo, un espazo onde se darán a coñecer e debatirán os primeiros estudos preliminares para elaborar unha estratexia de cooperación intelixente entre o sur da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal, na que xa se leva traballando dende hai meses no marco do proxecto Smart Miño. Así o explicou o deputado Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, nun acto celebrado esta mañá en Valença, no que estivo acompañado polo presidente da câmara municipal de Valença, Jorge Mendes, e o director da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais (FCEER), Valerià Paül Carril.

Segundo indicou Benítez, o I Fórum do Río Miño Transfronteirizo será un paso máis e de grande importancia dentro da elaboración da "Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo", un documento que "establecerá os eixos xerais e obxectivos específicos para un desenvolvemento conxunto baseado na utilización e posta en valor dos recursos endóxenos, e na cooperación intelixente entre actores institucionais e sociais de ambas beiras do rio".

O deputado provincial destacou que ata data "existían moitos estudos estratéxicos en ambas marxes do río pero esta é a primeira vez na que se realiza unha análise e diagnose profunda sobre as necesidades e potencialidades desta área xeográfica entendendo o Miño como a columna que vertebra este territorio e non como un elemento que o separa" polo que este é un documento "histórico que marcará as liñas de actuación en materia de cooperación no territorio para a próxima década ".

O nacionalista explicou que o documento da estratexia comezou a elaborarse o pasado outono por parte dunha equipa de científicos e científicas expertos nesta materia e xunto co traballo da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais, que coordina investigación dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Smart Minho do que son socios xunto coa Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho. Ata a data xa se pesquisou información mediante a búsqueda de documentación previa e reunións con todos os dirixentes das câmaras e municipios de ambas marxes do río, coa que se elaborou un documento base que será presentado e sometido a debate o día 21 no Fórum.

No obstante, Benítez insistiu en que o Fórum é o espazo no que "queremos dar voz a todo o tecido social e económino do territorio, escoitar propostas, ideas e análises dende a sociedade civil", e que a participación cidadá é fundamental para elaborar seguir a elaborar o documento "dende abaixo e de xeito que se recollan todas as inquedanzas da sociedade civil". Deste xeito convidou a membros de colectivos e asociacións, entidades e organizacións, empresas e autónomos, ou a calquera persoa física ou xurídica con relación ao territorio do Miño a que participen activamente do foro para que o debate sexa o máis plural posible.

Nesta mesma cuestión incidiu o director da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais, (FCEER), Valerià Paül Carril, quen recoñeceu que a pesar do riguroso traballo realizado polas seis universidaedes que abrangue a FCEER e o traballo realizado polos expertos e expertas, a participación cidadá é indispensable para a elaboración deste documento estratéxico. Por esta razón xunto co realización doutros encontros tamén está prevista a posta en marcha de novos procesos participativos a través da rede e da páxina web www.smartminho.eu .

O I Forum está estucturado en dous bloques, un primeiro no que se darán a conecer os resultados das investigacións feitas ata agora e que, segundo o director da FCEER, Valerià Paül Carril, "desvelarán e demostrarán con datos feitos sorprendentes" e un segundo bloque ou panel, "o máis importante", no que se tratarán catro eixos temáticos: "os sectores produtivos", "a gobernanza no territorio transfronteirizo", "a mobilidade, os servizos e os turismo sustentable" e por último "cultura e comercio tradicional".

Equipa científica
Unha prestixiosa equipa de científicos e científicas vinculados son os e as encargadas de realizar "o primeiro estudo en profundidade sobre as fortalezas, debilidades e complementariedades do territorio conxunto galego e portugués con vistas ao deseño do desenvolvemento estratéxico que permita poñer en valor os seus recursos comúns".

O comité de expertos e expertas estará formado por nomes tan relevantes como o do catedrático Rubén C. Lois (da Universidade de Santiago de Compostela), o catedrático José Rio Fernandes (da Universidade do Porto), o profesor Francisco Carballo Cruz (da Universidade do Minho) , o profesor Xavier Martínez Cobas (da Universidade de Vigo), a profesora e experta Sandrina Antunes (da Universidade do Minho), ou o profesor Anxo Calvo (da Universidade da Coruña).

 

Aberto o prazo de inscricións e horizonte post 2020
O director da AECT Río Minho, Uxío Benítez indicou tamén a relevancia deste documento á hora de optar a novos financiamentos a través de candidaturas aos Fondos de Europeos de Desenvolvemento (FEDER) no horizonte post 2020.

As inscricións son de balde e pódense cursar a través da páxina web www.smartminho.eu ata o vindeiro 20 de xuño.

Smart Minho está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 Preténdense reunir asociacións, organismos, empresas e autónomos, así como calquera persoa física ou xurídica con intereses na área da –raia- para abrir un -debate plural- sobre as súas necesidades

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones