Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - DESFILE DE ENTROIDO 2016 NA GUARDA

O Desfile de entroido tivo lugar o Sábado día 20 de Febreiro de 2016

En total desfilaron pola Guarda case 200 persoas lucindo os máis variados disfraces.

Fecha: 22 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

As malas condicións climatolóxicas fixeron que o Desfile-Concurso de Entroido da Guarda tivese que ser aprazado, celebrándose finalmente o sábado día 20 de febreiro.

Como vén sendo habitual o desfile comezou na Esquina Famosa e percorreu as rúas guardesas ata chegar á Alameda, onde realizáronse actuacións musicais.

Dende minutos antes do inicio do desfile centos de persoas encheron as rúas de A Guarda aproveitando a boa climatoloxía, para disfrutar deste colorido desfile. 

A participación neste desfile foi máis numerosa que en outras ocasións xa que aumentaron as inscricións na meirande parte das categorías. En total desfilaron pola Guarda case 200 persoas lucindo os máis variados disfraces.

Durante o percorrido un xurado formado por representantes de diferentes asociacións guardesas anotaron as súas preferencias para máis tarde deliberar e outorgar os diferentes premios, con case 4.000 euros repartidos entre os participantes.

Na categoría "Indivisual-Infantil" o primeiro clasificado foi "El azteca del Jaguar" que presentaba un vistoso traxe. Ademais se premiou a "Cobra", á "Lavandeira", aos "Búhos", ás "Mariposas" e á "Tuna Rebeca".
No grupo de Individual "Xuvenil-Adulto" os gañadores resultaron ser en primeiro lugar "Dama de las tinieblas" e en segundo posto "Trancas e Barrancas".

Na categoría de grupos os premiados foron "Los guardianes de hielo y agua".

Entre as tres comparsas participantes o xurado tivo que quedarse con dúas. Así decidiron que o segundo premio fora para "Lego Circo", comparsa formada tanto por nenos coma por adultos disfrazados de bonecos lego. Os participantes afirmaron que con este disfrace, feito a man, o que buscaban era transmitir a infancia pasada.

Os primeiros clasificados foron "Star Wars", comparsa formada por quince nenos e nenas. Aquí estaban representados todos os protagonistas deste famoso filme de aventuras no espazo.

Por último se entregaron os premios ás carrozas. A segunda clasificada foi "El Lerere", carroza inspirada na familia Flores. Estaban representados tanto Lola Flores, coma El Pescadilla, Lolita, Rosalio y Antonio Flores. A música que acompañaba á carroza eran cancións destes artistas, abaixo bailando, numerosas rapazas vestidas de andaluzas.


E o vencedor nesta categoría foi a carroza "Habelas hailas" dos Terribles de tebra. Uns corenta participantes, entre nenos e adultos, todos vestidos de meigas percorreron as rúas da Guarda, bailando e cantando. Ademais na súa carroza un móbil facía que tres destas meigas simularan voar subindo e baixando unha plataforma.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 20 Febreiro 2016
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones