Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Exposición -Escenarios da Prehistoria- ata o 31 de outubro no Centro Cultural de A Guarda

A exposición forma parte das actividades culturais que se programan nos concellos da provincia con motivo do Ano Castelao das Artes que se celebra durante este 2016.

A exposición forma parte das actividades culturais que se programan nos concellos da provincia con motivo do Ano Castelao das Artes que se celebra durante este 2016.

Fecha: 15 de Octubre de 2016

Fuente: Infomiño.com

Trinta e sete paneis fotográficos complementados con debuxos e paneis explicativos amosan a riqueza patrimonial arqueolóxica da provincia de Pontevedra nunha exposición que xa pode visitarse no Centro Cultural da Guarda. Baixo o título 'Escenarios da Prehistoria para visitar', a mostra foi aberta esta tarde polo alcalde da localidade, Antonio Lomba, pola concelleira de Cultura, Elena Baz, e pola concelleira e deputada provincial, Montse Magallanes.


A exposición forma parte das actividades culturais que se programan nos concellos da provincia con motivo do Ano Castelao das Artes que se celebra durante este 2016. A mostra, que percorre concellos nos que a pegada arqueolóxica ten unha relevancia manifesta, como é o caso da Guarda, pretende dar a coñecer este patrimonio como primeiro paso para fomentar o seu coñecemento entre a veciñanza, e promover que sexa preservado e valorado. 'Escenarios da prehistoria para visitar' entronca, ademais, coa preocupación de Castelao polo patrimonio arqueolóxico e artístico do país. Unha preocupación que tivera o seu reflexo directo no seu álbum 'As cruces de pedra na Galiza', así como nos seus estudos sobre escudos, e na súa participación na 'Sociedad Arqueológica de Pontevedra', dedicada ao estudo e conservación dos elementos do noso patrimonio, así como a música e a poesía popular.


As fotografías da mostra amosan as mámoas, menhires, castros e petróglifos máis senlleiros da provincia, e están complementadas con ilustracións de gran formato que amosan como se construíron eses lugares ou como se tallaron diferentes ferramentas esenciais para a supervivencia daqueles antigos poboadores do noso territorio. Así mesmo, diferentes textos presentes tamén na sala darán resposta ás preguntas mais frecuentes sobre os lugares fotografados. Cada fotografía vai acompañada dunha cartela que indica o nome do elemento arqueolóxico, a súa localización, superficie, a descrición técnica, a súa función e importancia histórica, a data de construción e o estado actual de conservación.


A mostra poderá visitarse no Centro Cultural da Guarda, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 os sábados. Antes de chegar á Guarda, onde rematará a súa andaina, xa estivera en Marín, en Mos, e en Cuntis.


Elementos arqueolóxicos de Marín incluídos na mostra (texto que figura nas cartelas explicativas das fotografías da mostra)
Xacemento de Camposancos. Localizado na parroquia de Camposancos, concello de A Guarda. É o lugar de Galicia onde se descubriron por primeira vez útiles correspondentes ao Paleolítico Inferior, no ano 1925. Dispersos pola zona, en superficie, aparecen frecuentemente picos mesolíticos. Normalmente están moi erosionados pola acción do mar. De utilidade descoñecida, pénsase que puideron empregarse para separar as lapas e os mexillóns das rochas.


Castro de Santa Trega. Localizado no Concello de A Guarda. Habitado durante os séculos IV a.C. e I d.C. Ocupado, pois, durante a época romana, cando se reurbaniza. É o castro de maior extensión en Galicia. Calcúlase que na súa época de maior esplendor (S. I d.C.) debeu roldar as 20 has. Sería unha cidade da época castrexa. Foi o terceiro lugar de importancia monumental máis visitado en Galicia durante 2015, despois da Catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules. Por el pasaron, nese ano, arredor de 400.000 persoas. O seu estado de conservación é regular. Categoría de Protección: Monumento Histórico Artístico desde 1931 e Ben de Interese Cultural (B.I.C.)

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 14 outubro 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A exposición forma parte das actividades culturais que se programan nos concellos da provincia con motivo do Ano Castelao das Artes que se celebra durante este 2016.  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones