Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INAUGURACIÓN NOVO VIAL CG 4.2 GOIÁN-A GUARDA

Os primeiros 10km da VAC Tui-A Guarda entrarán en servido este Domingo

Na mañá do Venres día 11 de Xullo de 2014 tiña lugar o acto de posta en Servizo dos primeiros 10km da CG 4.2 Tui-A Guarda, en concreto o treito III entre Goián e A Guarda.

Fecha: 11 de Julio de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

 

Na mañá do Venres día 11 de Xullo de 2014 tiña lugar o acto de posta en Servizo dos primeiros 10km da CG 4.2 Tui-A Guarda, en concreto o treito III entre Goián e A Guarda.

Afectados das participacións preferentes e emigrantes retornados movilizáronse ó carón da rotonda de acceso a este novo vial en Goián, sendo atendidos polo Presidente da Xunta un representante de cada colectivo afectado ó final do acto inaugural. 

Neste acto estiveron presentes o Presidente da Xunta de Galicia, o Presidente da Deputación de Pontevedra, Alcaldes da Comarca, representantes de colectivos, institucións, asociacións, entre outros.

Este novo trazado de 10km de lonxitude ven a aliviar o exceso de tráfico na actual PO-552, reducíndo á metade o tempo de traxecto entre A Guarda e Goián e dotando dunha maior seguridade ós vehículos e viandantes.

Estes serán os primeiros 10 quilómetros da Vía de Altas Prestacións Tui- A Guarda, que entrarán en servizo a partires deste Domingo día 13 de Xullo de 2014 e no que se investiron preto de 60 millóns de euros.

Características técnicas

O novo vial de máis de 10km conta con dous carrís de circulación de 2,5m de ancho, beiravías de 2,5m e bermas de 0,75m facendo un total de 13,5m. Conta con 4 enlaces: Rotonda San Roque e Pintán na Guarda, rotonda do Morán no Rosal e rotonda de Goián en Tomiño. Neste vial atópanse 3 pasos superiores, 4 inferiores, un viaducto de 946m(Tamuxe) e 3 falsos túneis.Sobre a infraestrutura que se pon en servizo, o treito que une Goián e A Guarda, que contou cun investimento de preto de 60 millóns de euros, Feijóo resaltou que se trata dunha "actuación estratéxica" para o sur da provincia de Pontevedra e para a comarca do Baixo Miño, por canto incidirá na mellora da accesibilidade e a mobilidade, beneficiará os veciños e as empresas da zona e redundará, tamén, en novas oportunidades económicas e na creación de emprego e de riqueza.

O presidente da Xunta subliñou que esta é unha infraestrutura "segura" e "cómoda para os cidadáns", que beneficiará directamente aos case 40.000 habitantes dos concellos de Tomiño, O Rosal, A Guarda e Tui.

 

O titular da Xunta indicou que esta vía pon de manifesto o impulso que o Executivo autonómico está a facer de cara a favorecer a actividade económica nos concellos do Baixo Miño por canto que dará acceso –a través da glorieta de Pintán- ao futuro polígono industrial A Guarda-O Rosal. Unha obra que, xa desde agora, favorecerá a saída comercial das industrias que están asentadas nos polígonos da comarca, ao ver mellorada a súa conexión con Portugal. 

O presidente da Xunta abundou en que se trata dunha infraestrutura “de presente”, por canto repercute desde hoxe mesmo na accesibilidade e na mobilidade dos veciños destes concellos do sur da provincia de Pontevedra; pero tamén unha infraestrutura “de futuro”, xa que dará servizo ás empresas que se asenten tanto no polígono empresarial que está proxectado, A Guarda-O Rosal, como ás xa existentes, propiciando a xeración de actividade e a creación de riqueza e de novos postos de traballo.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones