Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - Milleiros de visitantes achegáronse á Guarda para disfrutar da programación da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

As rúas da Guarda se encheron de actividades culturais para todos os gustos e públicos

As rúas da Guarda se encheron de actividades culturais para todos os gustos e públicos

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Julio de 2016

Fuente: Infomiño.com

 

 

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é a data gastronómica de referencia da zona do Baixo Miño pero non todo é comida nesta celebración. Os días 1, 2 e 3 de xullo os visitantes que se achegaron ata A Guarda degustaron a langosta e as delicias da cociña guardesa, comprobando ademáis como as rúas da Guarda se encheron de actividades culturais para todos os gustos e públicos.

Nesta edición a programación musical ofreceu música moi variada para que todos os asistentes gozasen da nosa festa gastronómica. A Orquestra FUTURO ofreceu o seu espectáculo de música a todos os asistentes na noite do venres.

As mañás estiveron amenizadas por concertos de grupos de pop-rock guardeses a cargo dos grupos 2MIS e  SONGODIN'S.

Na noite do sábado o escenario da carpa acolleu o serán mariñeiro con grupos de música tradicional e as pandereitas ofreceron boa música e entretemento a todos os asistentes.

No último día da celebración, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contou co espectáculo musical infantil de "Uxía Lambona e a Banda Molona", unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo para toda a familia, que fixo as delicias dos máis pequenos e pequenas da casa. Tamén nesta derradeira xornada tivo lugar a "Noite de Fado" que incluíu a actuación da artista portuguesa Marla Amastor, aclamada cantante de fados, letrista e compositora do país veciño.

Unha Feira de Artesanía encheu de stands a rúa do Porto con manualidades, cestería, broches. Como xa ven sendo habitual o Tren turístico que percorrerá as rúas da Guarda e tamén se realizarán visitas guiadas ao Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte Santa Trega dentro da Rede de Museos.

Dentro das iniciativas culturais destacou "O muro da arte", que invitou a artistas a embelecer as rúas coas súas obras e ademais a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego ofreceu a súa exposición anual na Casa dos Alonsos.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 2 de xullo de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí