Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O CABEZÓN DO TREGA XA SE PODE VER NO MASAT DE A GUARDA

A Deputación de Pontevedra presenta en A Guarda os traballos que está a desenvolver nos 18 xacementos arqueolóxicos da provincia

Ó rematar a presentación tivo lugar o depósito do -Cabezón do Trega- achado en outubro de 2015 no xacemento de A Guarda

Fecha: 18 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

 

 

O pasado Mércores día 17 de Febreiro de 2016 tivo lugar no MASAT(Museo Aqueolóxico do Monte Sta. Trega) a presentación dos traballos que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra nos 18 xacementos arqueolóxicos da provincia.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polos deputados de turismo, cultura e emprego, Santos Héctor Rodríguez, Xosé Leal e Montse Magallanes, ademais do alcalde, Antonio Lomba, e outras autoridades do concello de A Guarda, presidiu esta presentación.


Carmela Silva subliñou a importancia dos traballos nestes 18 xacementos que permitirá "a recuperación e posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia para transmitir á sociedade o coñecemento destes castros e contribuír ó desenvolvemento socioeconómico mediante a promoción turística a través dunha oferta cultural innovadora".


En concreto, Silva asegurou que a través desta actuación poderemos "coñecer quen somos e de onde vimos, pero tamén poñer en valor o noso patrimonio e cultura, impulsar a posta en marcha dunha ruta por espazos da historia galaico-romana ó longo da provincia de Pontevedra e promover turisticamente o noso destino". Neste contexto, a Presidenta da Deputación manifestou que "hoxe en día existe unha importante demanda no mundo de visitas de alto valor engadido ligadas ó patrimonio e á cultura polo que temos que ser capaces de abrirnos ó exterior, impulsando o turismo deste tipo e presentando todas as nosas potencialidades nos mercados europeos para reforzar o crecemento económico e impulsar o emprego". A Presidenta mostrouse favorable á crear unha ruta turística sobre estes 18 xacementos que impulse o turismo cultural na nosa provincia.


Sobre o Castro de Santa Trega, Carmela Silva destacou que "é una das cidades castrexas máis importantes do mundo e centro neurálxico da Idade do Ferro, situado, ademais, nun dos lugares máis fermosos da Península Ibérica".


Pola súa banda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, subliñou que esta actuación que está a impulsar a Deputación de Pontevedra xunto co Ministerio de Fomento "dará valor engadido á vila, fomentando o turismo de calidade" e recordou que no ano 2015 rexistráronse 180.000 visitantes que subiron ó monte, converténdoo no segundo lugar máis visitado de Galicia por detrás da Catedral de Santiago, e 55.000 que visitaron o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)".


O acto comezou coa visión xeral do protocolo asinado entre o Ministerio de Fomento e a institución provincial para a posta en valor dos 18 xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra, a cargo do arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez. O arqueólogo, acompañado da proxección de imaxes en vídeo, deu a coñecer a situación e estado das actuacións realizadas, centrándose no caso específico de A Guarda: o xacemento que máis avanzado está das 18 escavacións que se están a acometer na provincia de Pontevedra. Neste eido, Rodríguez subliñou que desde que comezaron as escavacións, en setembro de 2015, xa se atoparon máis de 40.000 pezas, máis de 40 estruturas de uso público e 11 vivendas que permiten estimar que o castro estivo habitado entre o século IV a.C. e mediados do século I d.C.


A través do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, a institución provincial está a realizar escavacións en 6 castros (Santa Trega na Guarda, Castro de Alobre en Vilagarcía, Mercado dos Mouros en Valga, Facho de Donón en Cangas, A Lanzada en Sanxenxo e Porta de Arcos en Rodeiro) e labores de limpeza e mantemento noutros 12 xacementos (Adro Vello de O Grove, Igrexa Vella de Valga, Monte do Castro de Ribadumia, A Cabeciña de Oia, Castro de Troña en Ponteareas, Castro de Toiriz en Silleda, Castrolandín de Cuntis, Alto da Cruz do Castro en Cotobade,Castro de Penalba en Campo Lameiro, Castro da Subida en Marín, Alto dos Cubos de Tui e Coto de Altamira en As Neves), ademais de tarefas de dixitalización, difusión e promoción. Pola súa banda, o Ministerio ocuparase da musealización, sinalización, accesos e, nalgúns casos, restauración.


No remate deste acto realizouse o depósito do "Cabezón do Trega", achado nas escavacións realizadas en Santa Trega, no MASAT e coa visita guiada, a cargo do arqueólogo da Deputación de Pontevedra, polo barrio Mergelina.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 17 Febreiro 2016
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones