Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O DESFILE INFANTIL ABRE O ENTROIDO 2016 NA VILA DE A GUARDA

Centos de nen@s percorreron as rúas guardesas nun gran desfile cheo de cor e música

Sobre as 12:15h saían dende a Alameda de A Guarda, onde os familiares xa enchían as beirarrúas para non perderse este colorido e orixinal desfile

Fecha: 05 de Febrero de 2016

Fuente: Infomiño.com

 

Na mañá do pasado Venres día 5 de Febreiro de 2016, tiña lugar o Desfile infantil de Entroido, no que participaron case a totalidade dos alumnos dos Centros educativos de A Guarda.

Sobre as 12:15h saían dende a Alameda de A Guarda, onde os familiares xa enchían as beirarrúas para non perderse este colorido e orixinal desfile, no que participaron más de 300 nenos e nenas de A Guarda. 

 

Destacan a orixinalidade dos disfraces e o seu amplo colorido

A charanga "Cantos Somos" amenizou este desfile infantil, que tamén contou con varios vehículos con ambientación musical.

A programación do entroido guardés esténsese ata o vindeiro Martes día 9 de Febreiro, onde os nenos e nenas son os protagonistas.

O sábado pola mañá haberá unha nova sesión de "Contos Contados" na Biblioteca Municipal. Para completar esta actividade haberá tamén un obradoiro de máscaras de entroido, a partir das 11 horas.
Pola tarde, no Centro Cultural, se proxectará a película "Río2". Todo neno e nena que se disfrace terá un pequeno agasallo.

O luns, día 8 de febreiro, é o propio "Día dos Nenos". A Alameda se converterá nunha gran festa infantil na que, ademais de haber un dj que amenizará a tarde, haberá un obradoiro de pintacaras e outro de globoflexia.
O horario é de 18 a 21 horas.

O vindeiro martes celébrase na Guarda o Desfile-Concurso de Entroido que este ano repartirá entre todos os participantes preto de 4.000 euros en premios.

O desfile comezará ás 17,30 horas dende a Esquina Famosa, pasando pola Rúa Porto Rico e a Rúa Galicia, ata chegar a Alameda. Durante este traxecto un xurado estará atento a cada un dos traxes para poder votar os mellores disfraces.

Os participantes neste paseo estarán divididos en distintas categorías -carrozas, comparsas, grupos, individual infantil e individual adulto-.
Este ano son máis de 200 persoas, entre adultos e nenos, os que están inscritos para participar neste desfile. Nótase un incremento de participantes na meirande parte das categorías.

Ó término do desfile o xurado deliberará para dar os premios. Tras a reunión entregarán os agasallos na Alameda onde actuará a orquestra YUKATAN.

O Concello da Guarda invita a todos os veciños e veciñas da vila a participar neste entroido e a gozar do desfile e da multitude de disfraces que pasearán polas rúas da localidade.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 5 Febreiro 2016
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones