Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - O viveirismo amosou as súas novidades na XIV Mostra de Cultivos do Baixo Miño

O evento congregou aos produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo da Comarca do Baixo Miño

O evento congregou aos produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo da Comarca do Baixo Miño

Fecha: 06 de Marzo de 2017

Fuente: Infomiño.com

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias agroalimentarias e a presidenta da Deputación de Pontevedra, inauguraron o pasado sábado xunto á alcaldesa de Tomiño a edición 2017 da Mostra de Cultivos do Baixo Miño.



Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitan, coma cada ano, para dar a coñecer as novas tendencias en produción, decoración e comercialización


Cunha trintena de empresas do viveirismo, a flor cortada, a hortofructicultura e as empresas auxiliares do campo, a 14ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, amosou apasada fin de semana, en Goián (Tomiño) as últimas novidades do sector, converténdose en escaparate de referencia a nivel nacional e internacional. Un nutrido programa de xornadas técnicas, actividades e exhibicións encheron o sábado e o domingo, sendo este o día dedicado especialmente ao público xeral.

Organizada conxuntamente polo Concello e acuBam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño), a mostra foi inaugurada no mediodía do sábado, nun acto que contou coa presenza da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias agroalimentarias, Belén do Campo; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez; varios deputados, alcaldes da comarca, e de Vila Nova de Cerveira, e outras autoridades.

A presidenta de acuBam foi a encargada de abrir a quenda de intervencións, seguida da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias agroalimentarias; a presidenta da Deputación e alcaldesa de Tomiño, quen pechou o acto, dando por inaugurada a edición 2017 da Mostra.

Patricia Rodríguez, agradeceu en primeiro lugar o traballo de organizadores e colaboradores para que o evento, acade un ano máis, o nivel de profesionlidade que o caracteriza, sendo ademais, punto de encontro do sector, coas últimas novidades, salientando especialmente a colaboración económica e loxística do Concello, que fai posible a celebración do evento. "Este evento é reflexo da importancia que ten o sector, e das ganas que teñen as nosas empresas, de acrecentar as súas raíces, e continuar facéndose fortes, actuando de fixadores de poboación no rural, de exemplo de respeto medioambiental e de cooperación transfronteiriza, e dando visibilidade a unha agricultura moderna, sostible, innovadora e adaptada aos novos tempos", explicou.
Asemade, agradeceu de xeito especial a colaboración dos artistas locais, que exponen obras de escultura e pintura. 

Belén do Campo, pola súa banda, salientou a relevancia do sector agrícola en toda Galicia e especialmente no Baixo Miño, donde se concentran 23 dos 76 viveiros existentes na Comunidade. "Este é un mercado en alza, un medio de vida digno e saudable, oa que desde a Xunta apoiamos na súa promoción a nivel nacional e internacional", precisou. Adirectora xeral afirmou ser conciente da falta de solo para cultivar e alabou a labor dos organizadores da Mostra, "un evento imprescindible para promover a profesionalización e a comercialización da planta ornamental".

Carmela Silva, na súa intervención, afirmou que esta mostra de cultivos "sitúa ao Baixo Miño coma un sector referencial da nosa economía e creación de emprego". A presidenta da Deputación salientou o traballo dos viveiristas "que dan valor engadido ao sector, modernizándoo internacionalizándoo, traballando en equipo e amosándoo coma unha alternativa de futuro". A mandataria subliñou a importancia de pasar do discurso á acción "para que a xente elixa quedarse na súa terra".

A alcaldesa, pola súa parte, reiterou o apoio incondicional do Concello á Mostra, agradecendo o traballo dos organizadores. "Esta é unha mostra totalmente consolidada, unha iniciativa intelixente e cunha planta de calidade excepcional, que temos o deber de apoiar". Neste sentido referiuse ao Plan Estratéxico, cuxa redacción están levando a cabo conxuntamente os Concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño, co fin de coñecer mellor as posibilidades de crecemento do sector. Por último, a rexedora local solicitou o apoio da Xunta para resolver temas de vital importancia para os agricultores, coma son o Banco de Terras e a concentración parcelaria. 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 4 de marzo de 2017

 

 
www.infomiño.com © 2017. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

  O evento congregou aos produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo da Comarca do Baixo Miño

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí