Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial- Máis de 70 stands participarán este domingo no 2º Bio-Mercado de Tomiño

O evento terá lugar este domingo 25 de setembro de 11:00h a 21:00h en Tomiño

Os praceiros do mercado municipal ofrecerán diferentes tapas, pinchos e pratos especiais a prezos populares

Fecha: 24 de Septiembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O vindeiro domingo, 25 de setembro, a Praza do Seixo e o mercado municipal de Tomiño acollerán unha nova edición do BIO-MERCADO TOMIÑO.


Os praceiros do mercado municipal ofrecerán diferentes tapas, pinchos e pratos especiais a prezos populares.Setenta postos de comida, artesanía, cosmética, horta ecolóxica, mel e plantas ocuparán a praza principal da vila entre as 11.00 e as 21.00 horas.

Ademais, os praceiros do Mercado Municipal ofrecerán degustación de tapas e pinchos a prezos populares. Por 1,50€ será posible probar as Tapas de Mercado en algúns postos (Peixería Chelo; Bacalaos Barcas e O Fogón do Mercado).


Asemade poderanse degustar os Sabores do Mercado; por exemplo, en Charcutería Nuria, haberá táboas de queixos e embutidos, e en Horta da Vella e Froitas Berbe, ensaladas e brochetas de froitas con chocolate, nata ou azucre.

 

 

 


Este mediodía tivo lugar a presentación do evento. Foi no primeiro andar do propio mercado, coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, e o coordinador do evento, Carlos Rodríguez, da empresa Ekohuerta Medicinal.

Ao longo da xornada haberá distintos talleres e demostracións en vivo; exposicións e sesións de zumba.Na oportunidade, Carlos Rodríguez explicou que desta vez se priorizará a oferta gastronómica, aumentando o número de postos de comida, con respecto á primeira edición, aínda que tamén haberá artesanía, antigüidades, produtos de segunda man, etc.

Coma novidades, sumaranse tamén postos de horta e plantas, mel, polbo, cosmética natural, cervexa artesá, demostración de cociña vegana e con especias; curso infantil sobre cultivo de horta, traballo artesanal en vivo en madeira, etc.

Por outra parte, o bio-mercado contará cunha vertente lúdica e de actividades moi interesantes para adultos e público infantil, como as relacionadas co mundo ECO, que virán complementar a celebración. Haberá ademais un espectáculo de maxia, co mago Zanas; Sesión Vermú co Dúo A Viola, Discomobil e Sesión de Zumba.

O evento terá lugar este domingo 25 de setembro de 11:00h a 21:00h en Tomiño
Dúas mostras porán a nota cultural e divulgativa á xornada do domingo: exposición de fotos antigas de Tomiño, no primeiro andar do mercado, e de minerais, na planta baixa.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, explicou que a organización do bio-mercado encádrase na estratexia municipal de dinamizar o comercio e a vida social da veciñanza, pondo en valor ao mesmo tempo os espazos públicos.

O concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, indicou que a disposición dos postos foi coidadosamente estudiada para aproveitar o mellor posible o espazo, sen causar molestias aos peóns. Estes poderán circular con tranquilidade, xa que se cortará ao tráfico o acceso á rúa A Guarda.

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 22 de setembro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 O evento terá lugar este domingo 25 de setembro de 11:00h a 21:00h en Tomiño

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones