Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

LOUZÁN DESTACA QUE PONTEVEDRA É A PROVINCIA DE ESPAÑA CON MÁIS DISTINCIÓNS EN PRAIAS, PORTOS E SENDEIROS AZUIS

Praia do Muíño en Camposancos - Guarda, tamén galardoada co distintivo de Bandeira Azul no 2015

Praia do Muíño en Camposancos - Guarda, tamén galardoada co distintivo de Bandeira Azul no 2015

Fecha: 16 de Mayo de 2015

Fuente: depo.es

  • Valora tamén o segundo posto en Centros Azuis
  • Sanxenxo sigue a ser o Concello con máis bandeiras azuis de España
  • Pontecaldelas é o primeiro Concello galego en contar cunha Praia fluvial con Bandeira Azul

O presidente da Deputación de Pontevedra, agradeceu hoxe o esforzo e sacrificio dos alcaldes para conseguir 59 Bandeiras Azuis para a provincia -porque eu sei do difícil e costoso que é cumprir todas as condicións esixidas e contar cos servizos que ADEAC demanda-, dixo.

Liña de calidade

Louzán estendeu as súas felicitacións as entidades públicas e as privadas, sobre todo do sector hoteleiro e restaurador. E indicou que a provincia de  Pontevedra leva anos nunha liña de búsqueda e incentivo da calidade -na que hai que seguir profundizando pois somos, xunto con Barcelona, a provincia con máis establecementos con diplomas de calidade, perto de 200, e a de maior número de bandeiras azuis de España: en 70 kilómetros da nosa costa 59 praias contan con este distintivo, e temos 348 areais-.

Nunha rolda de prensa posterior á xunta de goberno, Louzán destacou que Galicia é a comunidade con máis distincións recibidas: 150 (8 máis que o ano anterior): 131 praias (o 45% na provincia de Pontevedra) e 19 portos (a metade na provincia de Pontevedra). É tamén a Comunidade con maior número de  sendeiros azuis recoñecidos (16).

A provincia de  Pontevedra, pola súa banda, é a provincia con  máis bandeiras azuis de España (68): 59 praias (Sanxenxo con 12, Cangas con 10 e Vigo con 9, son os municipios de España con máis distintivos); e 9 portos deportivos (Moaña e  Cangas logran o recoñecemento por 1ª vez).

-Somos tamén a primeira provincia española con máis sendeiros azuis recoñecidos-, destacou Louzán. En concreto: *Roteiro de Donón (Cangas), *Camiño á beiramar (Vigo),  *Ruta de Sendeirismo Cabo Udra ( Bueu), *Senda perimetral Bao-Xastelas (A Illa), *Senda litoral de A Guarda, *Sendeiro Litoral Ecosistema Dunar Praia *América-Panxón (Nigrán), *Sendeiro Litoral de Baiona, e *Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo.

Pontevedra é tamén a 2ª provincia con máis centros azuis  galardoados(6): *Aula da natureza  Cabo Udra (Bueu), *Centro de interpretación  "As Telleiras" (Sanxenxo), * Centro de Interpretación  da Conserva (A Illa de Arousa), *CIRA (Vilagarcía de Arousa), *Museo do Mar de Galicia( Vigo), e *Museo de Meirande (Redondela).

Pola súa banda, o Concello de Sanxenxo logrou, un ano máis, o maior número de bandeiras en praias de España (12) ás que hai que engadir TRES distintivos máis: *porto deportivo de Sanxenxo, o *Centro de As Telleiras e o *Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo que é a 1ª vez que recibe esta denominación internacional.

Louzán destacou especialmente o distintivo logrado pola Praia Fluvial de A Calzada, en Pontecaldelas, que é a primeira que recibe este distintivo en Galicia e a 2ª en España, na que a pioneira foi Orellana La Vieja en Estremadura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones