Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

METEOGALICIA INCORPORA Á SÚA WEB UN SERVIZO DE PREDICIÓN METEOROLÓXICA PARTICULARIZADO PARA PRETO DE 700 PRAIAS DO NOSO LITORAL

A predición para praias inclúe datos para tres días e tres franxas horarias así como información sobre as mareas e o vento

Fecha: 12 de Agosto de 2013

Fuente: www.xunta.es

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Meteogalicia, vén de poñer en servizo unha sección na web para consultar a meteoroloxía en máis de 600 praias galegas dun xeito particularizado, cunha predición específica para cada un dos areais.

Ademais, Meteogalicia ven de crear e publicar unha nova aplicación para móbiles, MeteoRoute, que permite planificar unha viaxe o unha ruta a pé, bici ou barco en termos da meteoroloxía, coñecendo deste xeito a predición para a ruta que o usuario determine.

Predicións detallada para praias
A páxina web de Meteogalicia conta dende esta semana cunha sección na que se ofrece predición meteorolóxica específica e detallada para preto de 700 praias galegas. Trátase de predicións para tres días e tres franxas horarias (mañá, tarde e noite).

Incorpórase á predición a probabilidade de choiva e un meteoro de vento que identifica a intensidade e a dirección do vento. Esta nova sección tamén disporá de información das mareas nos tres días de predición para o porto de referencia.

A nova sección para a consulta do tempo nas praias galegas atópase no seguinte enlace: http://www.meteogalicia.es/web/predicion/praias/praiasIndex.action. Dende a páxina web de Meteogalicia accédese directamente a través da pestana “Predición”.

O usuario ten a posibilidade de facer búsquedas de praias por zona, picando sobre o mapa; por nome de praias ou directamente sobre un mapa de Google. Permítese engadir a un listado de praias predefinido outros 5 areais para facilitarlle ao usuario o acceso a información sen ter que facer unha busca previa.

A web tamén permite seleccionar entre o listado de praias unha delas como favorita, de xeito que o usuario vexa directamente os datos dese areal ao cargar a páxina.

MeteoRoute
Meteogalicia tamén vén de poñer en funcionamento unha nova aplicación para móbiles denominada MeteoRoute que permite consultar a predición meteorolóxica para rutas. Esta ferramenta resulta útil na planificación de viaxes de distinto tipo: coche, barco, bicicleta e sendeirismo.

Esta aplicación, desenvolvida ao abeiro do proxecto RAIAco, está dispoñible para teléfonos con sistema de IOS e proximamente para Android.

A ferramenta aporta a predición detallada para cada punto da ruta. Cabe precisar que a hora de inicio da ruta é seleccionada polo usuario comodamente. As horas de paso polos seguintes lugares calcúlanse automaticamente. Para as rutas en barco, o usuario indica a velocidade media.

O usuario crea as rutas indicando a orixe e fin e tamén seleccionando os lugares de paso sobre o mapa na pantalla. Pódense importar rutas xa existentes dende ficheiros. Os percorridos habituais poden gardarse como favoritos e cada vez que se consulten amosen a predición actualizada.

O proxecto RAIAco, financiado pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal é coordinado por MeteoGalicia e ten como obxectivo achegar as predicións dos modelos físicos a usuarios finais a través de xeración de produtos específicos para fins concretos. Tanto o novo servizo de predición para praias galegas como a Aplicación MeteoRoute permiten ao cidadán planificar as súas actividades de traballo e lecer en función da meteoroloxía.

Neste senso, nas vindeiras datas MeteoGalicia tamén porá a disposición do público en colaboración co Instituto Hidrográfico de Portugal dentro do Observatorio RAIA predicións específicas para surfistas nas praias galegas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones