Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • HORARIO DE INVERNO DO FERRY BOAT A GUARDA - CAMINHA

    Fecha desde el 18 de Septiembre de 2015
    hasta el 30 de Junio de 2016

    Este horario se manterá ata o próximo 30 de xuño, data que comezará, de novo, o horario de verán.

    Xa está en funcionamento o horario de inverno do ferry que une A Guarda coa vila portuguesa de Caminha.

    Os cambios son:

    - A primeira viaxe dende A Guarda ata Caminha de luns a venres é as 10,30 e os sábados e os domingos ás 11,30.

    - Mantense o horario da última viaxe das 20,15 horas.

    - O luns continúa a ser o día de non servizo.


    Este horario se manterá ata o próximo 30 de xuño, data que comezará, de novo, o horario de verán.

    Ampliar contenido
  • A I EDICIÓN DA BTT DO ATLÁNTICO TERÁ LUGAR O 20 DE MARZO

    Fecha desde el 20 de Enero de 2016
    hasta el 20 de Marzo de 2016

    As inscricións pecharanse o 16 de marzo ou antes desa data se se completara o límite de prazas.

    INSCRICIÓN

    PRAZOS TRAMOS / IMPORTE DE INSCRICIÓN -Do 20 ao 22 de xaneiro de 2016: 8 euros
    -Do 23 de xaneiro ao 13 de marzo: 10 euros
    -Do 14 marzo ao 16 de marzo: 12 euros
    As inscricións pecharanse o 16 de marzo ou antes desa data se se completara o límite de prazas.
    No se admitirán inscricións o día da proba nin fóra de prazo.

    INSCRICIÓN
    ON LINE
    Farase única e exclusivamente na web de Champion Chip Norte: www.championchipnorte.com
    Na zona de eventos atoparás toda a información para efectuar a inscrición.

    INSCRICIÓN
    TRANSF.
    BANCARIA
    Nº conta: ES76.0186.6001.84.0508274810
    Titular: Top Ten SPorts
    Deberá enviarse xustificante do pago ao correo electrónico info@qualitesport.com, indicando nome e apellidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.

    INSCRIPCIÓN
    PRESENCIAL
    Ximnasio Excálibur (Cumieira de Baixo, 5- O Rosal, Pontevedra)

     

    REGULAMENTO BTT D0 ATLÁNTICO

    ARTIGO 1º Presentación A I Edición da marcha BTT DO ATLÁNTICO, organizada pola empresa Qualité Sport Events S.L. en colaboración con AD Top Ten Sports, vaise celebrar o domingo 20 de marzo de 2016 e terá a súa saída e chegada nas inmediacións do CEIP A Sangriña (A Guarda-Pontevedra).

    ARTIGO 2º Carácter da marcha A BTT DO ATLÁNTICO non será competitiva e estará rexida polo Regulamento de cicloturismo-ciclismo para todos. Conforme ao disposto nesa normativa, esta marcha tamén quedará sometida ás disposicións dos artigos 15 e seguintes do anexo II do Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, excepto os ciclo maratóns e as excursións colectivas, as cales estarán sometidas ás normas xerais de circulación.

    ARTIGO 3º Participación A BTT DO ATLÁNTICO estará limitada a un máximo de 400 inscritos. Para poder participar na marcha será preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 20 de Marzo de 2016, data de celebración da mesma.

    ARTIGO 4º Inscripción e importe da mesma O período de inscricións estenderase dende as 00:00 horas do 20 de xaneiro de 2016 até o 16 de marzo de 2016 ás 23:59 horas, salvo que se completen antes as 400 prazas ofertadas. A inscrición farase a través da web oficial da proba www.bttdelatlantico.com ou na web www.championchipnorte.com onde, tras enviar o formulario de inscrición, se procederá ao pagamento a través da pasarela online habilitada pola organización. No momento en que se confirme o pago, asignarase a cada participante un número de dorsal que será persoal e intransferible.
    Tamén se poderá facer a inscrición a través de transferencia bancaria a esta conta:

    Nº conta: ES76 0186 6001 84 0508274810
    Titular: AD Top Ten Sports

    Deberáse enviar xustificante do pago ao correo electrónico info@qualitesport.com, indicando nome e apellidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.
    Ademáis contémplase a inscrición presencial no Ximnasio Excálibur (Cumieira de Baixo, 5- O Rosal, Pontevedra). Non se realizarán inscricións no mesmo día da proba nin fora de prazo.

    Importe da Inscrición:
    8 euros do 20 de xaneiro ao 22 de xaneiro de 2016
    10 euros do 23 de xaneiro ao 13 de marzo de 2016
    12 euros do 14 de marzo ao 16 de marzo de 2016
    Qualité Sport Events S.L., entidade organizadora da proba, conta cos seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes que esixe a lei para este tipo de eventos.

    ARTIGO 5º Dorsais Os dorsais entregaranse na véspera da proba en Singular Lounge Disco (Avenida de Galicia 30 Baixo ,36700-A Guarda) de 17:00 a 21:00 horas e tamén no propio día da carreira. Neste caso entregaranse dende as 8:00 até as 9:15 horas no CEIP A Sangriña (Paseo de Portugal, 19, 36789 A Guarda, Pontevedra).
    Para recoller o dorsal doutro corredor será preciso presentar una fotocopia do su DNI ou un documento acreditativo (carné de conducir, pasaporte) ou xustificante da inscrición.
    O dorsal terá que colocarse no manillar da bicicleta co mecanismo de suxeición que facilite a Organización.

    ARTIGO 6º Horario A Marcha Cicloturista en BTT DO ATLANTICO dará comezo as 09:30 horas do 20 de Marzo de 2016 e pecharase a chegada ás 13:30 horas, salvo que tódolos participantes rematasen a proba antes desa hora, intre no que se pecharía dito control.
    Aqueles participante que decidisen voluntariamente continuar o percorrido marcado da proba sen o permiso dos responsables da organización quedarán excluídos da mesma e tamén da cobertura xeral e legal da marcha, pasando a ser usuarios normais das vías publicas baixo a súa total responsabilidade.
    Así mesmo quedarán excluídos da proba e da cobertura xeral e legal da marcha, pasando a ser usuarios normais das vías públicas baixo a súa total responsabilidade, aqueles participantes que decidiran abandonar voluntariamente a marcha en calquera dos puntos do traxecto.

    ARTIGO 7º Control de tempos Non haberá control de tempos nin clasificación final.

    ARTIGO 8º Avituallamentos A organización habilitará un punto de parada e reagrupamento da marcha, que a súa vez será utilizado como avituallamento sólido e liquido.

    ARTIGO 9º Obsequios Os participantes na proba, recibirán o día da mesma un obsequio conmemorativo da mesma.

    ARTIGO 10º Servizos Servizos A organización habilitará para os participantes unha zona de aparcamento e duchas (situadas no Polideportivo Municipal da Guarda, ao carón da liña de chegada xunto ao campo de fútbol)
    Así mesmo porá a disposición dos inscritos diferentes postos de asistencia mecánica ao longo do percorrido.
    Tódolos traballos de mantemento e axuste da bicicleta serán de balde (reparación de pinchazos, reparación de cadeas, axuste da transmisión...).
    Por outras banda, tódolos traballos que impliquen a substitución de calquera tipo de compoñentes da bicicleta (cadea, pulsadores, cubertas...) terán un custo asignado polos propietarios de cada posto de asistencia mecánica, sendo de balde a man de obra.
    Os custos da reparación serán aboados por cada participante ao seu reparador ao finalizar o evento (tomarase nota do número de dorsal correspondente).

    ARTIGO 11º Motivos de descualificación Motivos de descualificación

    1 Non levar casco ríxido homologado durante toda a proba.
    2. Realizar calquera acción voluntaria que poida danar o entorno natural.
    3. Tirar calquera tipo de lixo durante o percorrido fora dos contedores facilitados pola organización.
    4. Non realizar o percorrido completo da marcha atallando, abandonar o percorrido delimitado e/ou non pasar por algún punto de control.
    5. Non levar o dorsal colocado no manillar, ocultalo ou manipulalo.
    6. Participar co dorsal asignado a outro participante ou non autorizado pola Organización.
    7. Realizar a inscrición con datos falsos ou alterados.
    8. Manifestar comportamentos non deportivos e/ou non respectuosos para cos membros da organización, colaboradores, público e resto de participantes.
    9. Enganar ou ocultar con mala intención información do percorrido durante a proba a outros participantes.
    10. Ser responsable ou partícipe de forma neglixente nun accidente no que se vexa envolto con outro participante.
    11. Manifestar claros síntomas de malestar físico que poidan derivar nalgún risco para a saúde.
    12. Ser remolcado por calquera vehículo de calquera forma.
    13. Ser acompañado durante o percorrido da marcha por vehículos a motor.
    14. Calquera outro motivo non recollido nos puntos anteriores que se considere punible.

    ARTIGO 12º Responsabilidade No intre da inscrición, cada participante pon de manifesto que se atopa nunha forma física e psíquica óptima para participar nesta proba e asume, de igual maneira, o risco que comporta a práctica deportiva.
    A organización non se fará responsable dos danos, prexuízos ou lesións que puideran sufrir os participantes desta proba ou aqueles que poidan ocasionar a terceiros, así como tampouco de cantos gastos, débedas ou danos que puideran contraer no transcurso do evento.
    A organización tampouco se fará responsable das avarías sufridas nas bicicletas como consecuencia da practica deportiva.
    O participante renuncia, polo tanto, a emprender as accións legais que puideran derivar da súa participación na proba contra a organización da mesma.
    O participante, no intre da inscrición, manifesta que coñece o paso da marcha por estradas nacionais, comarcais e locais, quedando obrigado a cumprir as normas de circulación viaria vixentes, sendo o único responsable das infraccións que puidera cometer.
    En caso de suspensión ou aprazamento da marcha, por causas de forza maior, a organización non asumirá ningún tipo de responsabilidades.

    ARTIGO 13º Cambios A Organización reservarase o dereito de realizar calquera tipo de cambio de carácter organizativo en beneficio dos participantes. Ditos cambios, no caso de que se producisen, deberán ser comunicados a través do medio que consideren máis axeitado antes da celebración da proba.
    A Organización reservase o dereito a suspender ou aprazar a proba cando considere que está en risco a seguridade dos participantes ou se así llo manifestasen as autoridades competentes.

    ARTIGO 14º Aceptación do Regulamento e declaración Ao inscribirse libre e voluntariamente, o participante na marcha declara coñecer e aceptar plenamente este Regulamento.
    No caso de dúbida ou de situacións non reflectidas no mesmo, prevalecerá o que dispoña a tal efecto a Organización. No intre da inscrición o participante declara o seguinte:

    Ao inscribirme na Marcha BTT DO ATLÁNTICO declaro que:
    • Coñezo o contido do Regulamento da mesma, aceptándoo na súa totalidade.
    • Coñezo o carácter cicloturista desta Marcha segundo se recolle no artigo 2 do regulamento da proba.
    • Coñezo que a proba discorre nalgúns tramos por vías públicas abertas ao tráfico.
    • Acepto riscos inherentes á participación en dita proba aberta ao tráfico.
    • Comprométome a cumprir as normas da Lei de Seguridade Viaria e do seu Regulamento, velando pola miña seguridade e a do resto de participantes e usuarios da vía pública.
    • Eximo a Qualité Sport Events S.L., e/ou a calquera persoa física ou xurídica vinculada coa organización da marcha, das responsabilidades derivadas de calquera accidente de circulación ou deportivo causado como participante da proba.
    • Eximo aos anteriormente sinalados da responsabilidade en calquera prexuízo para a miña saúde que puidera derivarse da miña participación nesta marcha cicloturista, asumindo os riscos derivados do esforzo físico que esixe unha proba destas características.

    Así mesmo, por ter sido informado coñezo e acepto:
    • A existencia de todo tipo de vehículos alleos á Organización circulando polo percorrido da proba.
    • Que ditos vehículos circulan como usuarios normais das vías públicas.
    • Que me podo atopar con todo tipo de vehículos circulando tanto no mesmo sentido coma no sentido contrario ao da marcha.
    • Que existen cruces na proba, podendo non estar controlados, nos cales poden incorporarse vehículos.
    • Que existen treitos perigosos nos que deberei extremar a precaución.
    • Que existen descensos prolongados con curvas nos que moderarei a velocidade a fin de evitar danos propios e/ou alleos.
    • Que existe a posibilidade de sufrir un accidente deportivo inherente á práctica do ciclismo, asumindo persoalmente a responsabilidade dos accidentes que puidera causar a calquera participante da proba, excluíndo a Organización de calquera responsabilidade derivada dos mesmos.
    • Que existe a posibilidade de causar un accidente a un terceiro alleo á proba, asumindo persoal e totalmente a responsabilidade do mesmo, excluíndo á Organización de calquera responsabilidade ao respecto.
    • Autorizo á Organización ao uso de fotos, vídeos e nome completo na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.

    ARTIGO 15º Dereitos de imaxe A inscrición na proba e a aceptación do presente Regulamento implica que o participante dá o seu consentimento á Organización para a captación da súa imaxe por distintos medios (vídeo, fotografía...), presta a súa autorización ante a posible difusión da súa imaxe en diversos medios e formatos (prensa, webs, redes sociais...) e cede os dereitos comerciais e publicitarios que puideran ocasionar ditas imaxes, renunciando, en todo caso, a recibir compensación algunha por ditos conceptos.

    ARTIGO 16º Derecho a la imagen O tratamento que se realizará dos datos persoais dos participantes conforme a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, están destinados á xestión administrativa da proba.

    Ampliar contenido
  • A MARCHA BTT DO ATLÁNTICO ABRÍU AS SÚAS INSCRICIÓNS

    Fecha desde el 20 de Enero de 2016
    hasta el 20 de Marzo de 2016

    O evento celebrarase o 20 de marzo, non terá carácter competitivo e estará limitado a un máximo de 400 participantes.

    A primeira edición da marcha BTT do Atlántico iniciou o seu período de inscricións. Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña.

    As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com , de forma presencial no ximnasio Excálibur da Guarda ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.

    A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosalés Serafín Martínez, declarou que "con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal".

    A organización contará cunha páxina web www.bttdoatlantico.com na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.
    Ampliar contenido
  • CAVALOS, ELEFANTES E GATOS VESTIDOS COM RENDAS EM VALENÇA

    Fecha desde el 27 de Enero de 2016
    hasta el 23 de Abril de 2016

    Esculturas de cavalos, elefantes, gatos, guarda-chuvas e manequins -vestidos- com rendas em croché, marcam exposição no Núcleo Museológico, até 23 de abril.

    Esculturas de cavalos, elefantes, gatos, guarda-chuvas e manequins "vestidos" com rendas em croché, marcam exposição no Núcleo Museológico, até 23 de abril.

    Uma exposição com instalações de bordados, com mais de 200 peças sui generis, onde a arte tradicional de bordar se apresenta em formas contemporâneas.

    As artes tradicionais de bordar ganham novas contextualizações, nesta exposição, mostrando as possibilidades de utilização atual das rendas e bordados nas novas tendências da moda.

    Os emblemáticos lenços dos namorados de Valença, onde os versos de rimas soltas são características únicas, a linho cru, os de noivar, com as cores garridas a vermelho e azul os de namorar destacam-se também nesta exposição. Na exposição encontram-se, ainda, bordados em ponto de cruz e rechilieu. O visitante pode viajar, ainda, pela arte de bordar, com amor, descobrindo uma infinidade de dedais, pontas de agulhas e muitos outros acessórios.

    A exposição conta com trabalhos dos utentes da Associação de Reformados de Valença e peças de Anabela Pereira, Maria Estrela Costa, Augusta Santana, Maria Fernanda Sousa, Ana Maria Fontainhas e Casa das Fontes.
    Ampliar contenido
  • ATA O 7 DE MARZO ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A PRESTACIÓN PARA FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

    Fecha desde el 28 de Enero de 2016
    hasta el 07 de Marzo de 2016

    Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.

    O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 28 de xaneiro ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

    Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2013 e 1 de xaneiro de 2016 (incluídos) e que non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2014, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 7 marzo 2016.

    Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.

    Ampliar contenido
  • LAMPREIA DO RIO MINHO À MESA DOS RESTAURANTES DO CONCELHO DE CAMINHA

    Fecha desde el 28 de Enero de 2016
    hasta el 31 de Marzo de 2016

    No concelho de Caminha é a atração entre os meses de janeiro e março.

    No concelho de Caminha é a atração entre os meses de janeiro e março. A lampreia, diamante da foz do Rio Minho, prato de excelência para os apreciadores mais exigentes, pode ser degustada das mais variadas formas à mesa de qualquer um dos restaurantes do concelho.


    A gastronomia é um dos polos de atração do concelho de Caminha. Nas freguesias do litoral, dada a sua proximidade com o rio e o mar, a gastronomia é dominada em grande parte pelo peixe.


    De facto, muitos são os que procuram o concelho de Caminha nesta época do ano. Há quem faça centenas de quilómetros e há quem venha do país vizinho só para se deliciar com uma das iguarias da gastronomia minhota, a lampreia do Rio Minho. À mesa, é possível saborear o afamado arroz de lampreia, mas também há quem aposte noutras formas de degustar o ciclóstomo, como por exemplo, no forno, seca ou à bordalesa.


    Além da lampreia confecionada das mais variadas formas, quem visitar o concelho pode ainda usufruir de uma panóplia de atividades que o Município promove para atrair cada vez mais visitantes, bem como para dinamizar a economia local.

    Ampliar contenido
  • EL LUNES TERMINA LA SEGUNDA MATRÍCULA DE LA UNED

    Fecha desde el 01 de Febrero de 2016
    hasta el 07 de Marzo de 2016

    El lunes 7 de marzo, cerrará el segundo periodo de matriculación

    El próximo lunes, día 7, termina el plazo de la segunda matrícula de la UNED. Esta convocatoria permitirá a todas aquellas personas interesadas matricularse en cualquiera de los 27 títulos de grado impartidos en el Centro Asociado a la UNED en Pontevedra. En el caso del Aula UNED tudense, la matrícula permanece abierta para los cuatro cursos del Grado en Pedagogía que se imparten en la actualidad.

    En este segundo periodo de matrícula podrán realizar su inscripción aquellos estudiantes que no se han matriculado en septiembre, aquellos que deseen ampliar su matrícula y ya estén inscritos en un mínimo de 40 créditos; y a aquellos a los que les resten dos asignaturas cuatrimestrales o una anual para concluir su plan de estudios. Los estudiantes no podrán matricularse de asignaturas con prácticas curriculares o experimentales; de las impartidas en el primer cuatrimestre o de las anuales cuando les restan dos o más asignaturas.

    La convocatoria de matrícula de febrero, implantada por la UNED el pasado curso, nace con el objetivo de ofrecer a los estudiantes una mayor flexibilidad y una mejor planificación de sus estudios. Toda la gestión se realiza en línea y no supondrá nuevas tasas de secretaría ni de seguro escolar para los estudiantes, salvo que la anterior hubiese sido anulada. El pago se realizará en un único plazo.

    Ampliar contenido
  • LAMPREIA EM VALENÇA EM FEVEREIRO E MARÇO

    Fecha desde el 04 de Febrero de 2016
    hasta el 31 de Marzo de 2016

    24 restaurantes aderiram à iniciativa e apresentam, sobretudo, ao fim de semana, menus degustativos em que a lampreia é rainha, à mesa, nestes dois meses.

    As iguarias da lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo, saboreiam-se nos restaurantes de Valença, nos meses de fevereiro e março, na iniciativa "Lampreia do Rio Minho - Um Prato de Excelência" .

    24 restaurantes aderiram à iniciativa e apresentam, sobretudo, ao fim de semana, menus degustativos em que a lampreia é rainha, à mesa, nestes dois meses.

    Pescada, como há séculos, pelos pescadores de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo, nas redadas, no rio Minho, é nestes dois meses que ela se apresenta divina.

    Os segredos da arte e da tradição de a confecionar, em Valença, são seculares e passaram de geração para geração, hoje apurados nas unidades de restauração locais.

    Visitar a restauração valenciana, esta temporada, é a oportunidade para saborear a lampreia, sobretudo, à bordalesa, mas, também descobrir outras formas de a apresentar como recheada, em arroz de lampreia, fumada/grelhada ou assada no forno.

    Ponto alto destes dois meses da lampreia, em Valença, será o Festival Gastronómico "Sabores da Lampreia", a maior mostra gastronómica da região dedicada à lampreia que decorrerá entre 11 e 13 de março, na comunidade piscatória valenciana de São Pedro da Torre.
    A lampreia em Valença desperta os sentidos dos mais apurados bons garfos. Saboreá-la é uma experiência gustativa que proporciona uma viajem pelos sabores mais genuínos desta região raiana.

    Ampliar contenido
  • CALENDARIO DAS ANDAINAS PREVISTAS POR ANDATUI PARA O ANO 2016

    Fecha desde el 27 de Febrero de 2016
    hasta el 18 de Diciembre de 2016

    Calendario das andainas previstas para o ano 2016

    O próximo día 27 de febreirosaíndo ás 9:00 da Ponte Romana ó carón da depuradora onde deixaremos os coches, faremos un tramo do camiño portugués de 13,4 quilómetros.

    Pasando pola igrexa da Virxe do Camiño, que inicialmente tiña a súa porta orientada cara o Monte Aloia, pero a lenda di que mudouse porque a Virxe aparecía vendo para Portugal.

    Seguiremos polo camiño portugués ata a ponte das Febres, onde San Telmo atopouse mal cando saía de Tui a Palencia. Tivo que voltar para Tui onde faleceu.

    Pasaremos Ribadelouro e tocando o concello de Porriño en Orbenlle, onde daremos a volta pasando polo Cerquido e Albelos. Xa en Tui, percoreremos a ribeira das Baladas, onde di a lenda que saíu a pedra para tallar a Virxe do Camiño. Continuarmoes pola ribeira do Louro, moi cerca de antigas casas e muíños hoxe en ruinas para voltar á Ponte Romana.

     

    Pasa unha mañán diferente coñecendo unha parte do concello de Tui.

    Rogamos puntualidade.

    Aquí tedes as coordeadas da saída: Localización Ponte Romana

    ¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

    Para participar, apuntádevos aquí.


    Calendario das andainas previstas para o ano 2016:

    27-2-2016 - Camiño Portugués.

    14-5-2016 - XIII Andaina Tudense Solidaria.

    02-7-2016 - Romaría das Angustias.

    18-12-2016 - Camiñada Solidaria Valença-Tui


    Así mesmo, informarvos que temos previsto facer as seguintes andainas da Eurocidade:

    -II Rota Histórica Cidade de Tui.

    -Fragas e Levadas do Calvo e Deva (PR G165).

    -Montes de Malvas e Pexegueiro.

    -Montes de Randufe, Pazos de Reis, Rebordáns.

    -Montes de Caldelas e Baldráns.

    -Montes de Guilarei e Paramos.

    máis información: http://www.andatui.es/

    Ampliar contenido
  • A MAIOR MESA DE PÁSCOA VAI ANIMAR VILA PRAIA DE ÂNCORA NO DIA 26 DE MARÇO

    Fecha desde el 13 de Febrero de 2016
    hasta el 18 de Marzo de 2016

    Inscrições abertas: até ao dia 18 de março

    A MAIOR MESA DE PÁSCOA
    vai animar Vila Praia de Âncora no dia 26 de março.

    Inscrições abertas: até ao dia 18 de março
    Postos de Turismo de Caminha e Vila Praia de Âncora e no Hotel Meira.
    Ampliar contenido
  • CORDOFONIAS DE DANIEL PEREIRA CRISTO EM QUINTETO NO DIA 5 DE MARÇO NO VALADARES, TEATRO MUNICIPAL

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 05 de Marzo de 2016

    Além do concerto, Daniel Pereira Cristo realizará um workshop sobre instrumentos tradicionais

    Daniel Pereira Cristo está em destaque no dia 5 de março no Valadares, Teatro Municipal de Caminha com a promoção de um workshop sobre instrumentos tradicionais e o concerto “Cordofonias”.  Os bilhetes já estão à venda.


    “Cordofonias” apresenta Daniel Pereira Cristo no cavaquinho e voz, André No nas percussões, André Ramos na braguesa e coros, David Estêvão no contrabaixo e Diogo Riço na bandola e coros. A produção está a cargo do técnico e multi-instrumentista Hélder Costa. O concerto vai decorrer pelas 22 horas. Os bilhetes já se encontram à venda nos postos de turismo de Caminha e de Vila Praia de Âncora.


    Este concerto caracteriza-se pela alegria da junção dos dois velhos conhecidos - o canto e o cavaquinho, como personagens centrais de um todo que, se pretende, seja sentido como uma abordagem nova e contemporânea da nossa música e instrumentos de identidade.
    Sobre “Cordofonias” a critica descreve-o como “um verdadeiro espetáculo, bem produzido, que merece ser escutado, vivido e desfrutado”.


    Recentemente, com o concerto “Cordofonias” (no qual se explora as sonoridades dos instrumentos ancestrais da tradição minhota, do cavaquinho à braguesa, passando pelo bandolim, fazendo uma viagem ora por sons da tradição oral, nas músicas cantadas, ora pelos instrumentais que compõe) recebeu um convite de Júlio Pereira para fazer um trabalho discográfico, com a chancela da Associação Museu Cavaquinho, que aliasse o Canto com o Cavaquinho.


    Além do concerto, nesse dia irá ainda decorrer um workshop sobre as características afinações, técnicas e amplificação dos instrumentos tradicionais a cargo de Daniel Pereira Cristo. A inscrição custa 4 euros. Os interessados devem proceder à respetiva inscrição através do número de telemóvel 937 591 220.

    Ampliar contenido
  • UM ?MANJAR- CHAMADO LAMPREIA DO RIO MINHO

    Fecha desde el 13 de Febrero de 2016
    hasta el 27 de Marzo de 2016

    Lampreia do rio Minho ? Um Prato de Excelência

    Quinze restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira estão a servir os mais saborosos pratos de lampreia do rio Minho. Durante os fins-de-semana de fevereiro e março, a VII edição da “Lampreia do rio Minho – Um Prato de Excelência” reforça a promoção gastronómica associada ao património natural, histórico e cultural desta região.

    Adorada ou até mesmo idolatrada por muitos, a lampreia faz parte da boa gastronomia tradicional portuguesa, em especial no território do Vale do Minho abraçado pelas águas do rio Minho que oferecem esta afamada iguaria.

    Opções mais tradicionais ou contemporâneas, a escolha é do cliente que tem a garantia de que as melhores receitas e os bons sabores serão servidos com requinte e inovação. A lampreia é rainha à mesa de 15 restaurantes de Vila Nova de Cerveira e uma boa sugestão para um almoço em família ou entre amigos, partilhando uma experiência degustativa única e genuína.

    Do vasto programa de animação associado, destaque em Vila Nova de Cerveira para a exposição ‘Um trimestre, um peixe, a lampreia’ patente no Aquamuseu do rio Minho; a iniciativa ‘Namorar Cerveira’ para assinalar o Dia dos Namorados; o regresso, em março, das gargalhadas do ETC… Encontros de Teatro de Cerveira e a comemoração dos 10 anos do espetáculo Queima de Judas. Além das atividades programadas na agenda cultural, Cerveira, ‘Vila das Artes’ propõe ainda a descoberta da beleza natural, da arte ao ar livre e em museus, ou das várias feiras (Feira Semanal, Feira de Artesanato e Feira de Artes e Velharias).

    Já na VII edição, a iniciativa “Lampreia do rio Minho – Um Prato de Excelência” é um projeto da Associação de Desenvolvimento Rural Integrado do Vale do Minho, em parceria com os seis municípios do Vale do Minho – Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira -, e que visa a promoção de um recurso local com forte impacto na economia local – a lampreia – tornando o Vale do Minho um destino gastronómico de excelência.

    O programa deste ano, e também a lista dos restaurantes aderentes, será publicamente apresentado, esta sexta-feira, 12 de fevereiro, na Fonte das Termas do Peso, em Melgaço. O convite vai no sentido de degustar as múltiplas formas de confecionar a lampreia, rainha desta época.

    Restaurantes Aderentes Vila Nova de Cerveira

    Abrigo das Andorinhas - 251 795 335
    Adega Real - 251 795 366
    Boega – O Peregrino - 251 700 500
    Braseirão do Minho - 251 700 240
    Cantinho dos Amigos - 251 795 725
    Casa das Velhas - 251 708 482
    Casa Lau - 251 795 162
    Central - 251 794 898
    Costa Verde - 251 795 430
    D. Maria - 251 797 229
    Glutão - 251 795 654
    Lavrador - 251 796 604
    Luso Galaico - 251 795 225
    Sol Nascente - 251 941 233
    Telheiro - 251 794 495

    Ampliar contenido
  • ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA -BENESTAR EN BALNEARIOS-

    Fecha desde el 19 de Febrero de 2016
    hasta el 07 de Marzo de 2016

    O Departamento de servizos sociais do concello de A Guarda informa que está aberto o prazo ata o próximo día 7 de marzo do 2016

    O Departamento de servizos sociais do concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para as solicitudes no Programa BENESTAR EN BALNEARIOS da Xunta de Galicia ata o próximo día 7 de marzo do 2016.

    Requisitos:

    a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez outras pensións.

    b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónomade Galicia.

    c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.

    d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou conductuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.

    e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.


    A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

     

    Ampliar contenido
  • ESPECIAL - XABI GARRIDO REALIZA UNHA EXPOSICIÓN NO CENTRO CULTURAL DE PEDORNES-OIA

    Fecha desde el 19 de Febrero de 2016
    hasta el 13 de Marzo de 2016

    Unha exposición na que este artista presenta e conmemora os seus 25 anos neste concello do litoral galego

    O pasado Xoves día 18 de Febreiro de 2016 tiña lugar no Centro Cultural de Pedornes en Oia a inauguración da Exposición de Xabi Garrido, unha exposición na que este artista presenta e conmemora os seus 25 anos neste concello do litoral galego.

    Xabi Garrido presenta Oia dende o seu punto de vista, o que vivíu, dende o homenaxe á Marea Branca, os seus 6 anos traballando coma percebeiro, historias do Mosteiro de Oia, Agricultura Ecolóxica...

    Ademáis organiza visitas guiadas por grupos os Domingos ás 11:00h, facendo rutas por diferentes lugares de Oia, o Faro de Silleiro, Petroglifos, O Mosteiro de Oia, os Muíños de Loureza...

    Segundo Xabi Garrido "Oia ten moito que ver", e nesta exposición se poden atopar unha mistura de todo o vivido por este artista nos pasados 25 anos, pezas de cantería, libros, recortes de prensa, dípticos e folletos, utensilios varios, fotografías, entre outros.

    Se pode visitar ata o 13 de marzo co seguinte horario:

    L-V: de 17 a 20h

    S: de 16 a 20h

    D: de 11 a 13h e de 17 a 20h.

    www.infomiño.com Fotógrafo: Sara Carrera Coímbra
      Fecha: 18 Febreiro 2016
    www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon IXUS 160
    Ver album de fotografías aquí    

     

    Ampliar contenido
  • VISITAS ESPECIAIS NO SECTOR DE MERGELINA DO CASTRO DE SANTA TREGA PARA OS PRÓXIMOS DOMINGOS

    Fecha desde el 21 de Febrero de 2016
    hasta el 13 de Marzo de 2016

    Así é preciso reserva praza contactando co Museo Arqueolóxico, MASAT, no tel. 690017038 en horario de 11,00 a 17,00h

    Coincidindo coa apertura do Museo Arqueolóxico e a exposición do Cabezón do Trega ofrécense os próximos catros domingos unha visita guiada para coñecer a evolución da campaña de escavación que ten lugar no sector de Mergelina.

    En agosto de 2015 comezou a campaña de escavación dirixida polo arqueólogo Rafael Rodríguez no sector de Mergelina. Esta actuación foi promovida pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento dentro do protocolo da posta en valor dos xacementos Galaico-romanos de 18 castros na provincia de Pontevedra.

    Despois de meses de traballo xa é visible a evolución desta campaña que permitirá coñecer unha parte deste castro que ofrece respostas e tamén algunhas incógnitas sobre este poboado.

    Nestas visitas especiais organizadas polo Padroado do Monte Santa Trega e o Concello da Guarda, o guía realizará unha visita de 80 minutos de duración onde amosará o urbanismo deste sector percorrendo este espazo. Grazas a esta escavación son visibles unhas 40 estruturas, algunhas delas poderían ser espazos familiares e outras espazos de uso público, como lugares de reunión. Ó longo destes meses se recolleron unhas 40.000 pezas que están sendo estudadas e que permiten coñecer a forma de vivir dos habitantes deste castro. Ademais grazas a estes estudos das pezas e o urbanismo permite asegurar que o Castro ten unha datación anterior a considerada nas anteriores campañas.

    O número de participantes será reducido porque a visita percorrerá o espazo que aínda se atopa en estudo. Así é preciso reserva praza contactando co Museo Arqueolóxico, MASAT, no tel. 690017038 en horario de 11,00 a 17,00h

    Pódese escoller entre dúas quendas: ás 11.00 h e ás 12.45 h. O punto de encontro é a Casa Forestal . As datas a escoller son os catro próximos domingos: 21 e 28 de febreiro e 6 e 13 de Marzo.

    Esta é unha excelente oportunidade para coñecer a evolución da escavación arqueolóxica no sector de Mergelina despois duns 30 anos sen escavacións no Castro de Santa Trega.


    Ampliar contenido
  • ESTA SEMANA COMEZAN EN TUI AS XORNADAS -EDUCAR PARA APRENDER-

    Fecha desde el 25 de Febrero de 2016
    hasta el 26 de Mayo de 2016

    Serán o último xoves de mes ás 18h na Sala Félix Rodríguez ata maio

    O Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, coa colaboración da Consellería de Sanidade, organizan as xornadas "Educar para protexer" que se van celebrar o último xoves dos meses de febreiro, marzo, abril e maio. O obxectivo desta actividade é ofrecer aos pais e nais, pero tamén a educadores e a todas aquelas persoas que se sintan implicadas, as ferramentas necesarias para evitar condutas que inflúan negativamente na educación de menores e adolescentes.

    Ao longo de catro xornadas abordaranse catro temas fundamentais que hoxe en día están a carrexar diferentes problemáticas condutuais, e que axudarán a aclarar certas dúbidas sobre como actuar ou educar aos nosos menores no uso san de Internet, a educación sexual, a autonomía e os hábitos de estudo, e as normas e límites.

    A primeira cita será este xoves, 25 de febreiro, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título "Como fomentar hábitos de autonomía dos nosos fillos. Normas e Límites". Este tema será abordado por María Ferreiro Candia, psicóloga, psicopedagoga e directora do Instituto de Tratamento da Conduta de Vigo, que abordará os "Trastornos de conduta en nenos e adolescentes: pautas, normas e límites para axudar a controlalos".

    A segunda xornada celebrarase o xoves, 31 de marzo, co título "Pautas para pais, nais e educadores sobre o uso seguro de internet e móbiles". Será impartida polo Servizo Especializado da Garda Civil de Delitos Telemáticos.

    O 28 de abril desenvolverase a terceira xornada titulada "Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo" impartida polo Gabinete Psicolóxico Louriña.

    O programa pecharase o 26 de maio con Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar "Nóvoa Santos" do SERGAS quen abordará "Educación sexual e a educación en igualdade".

    Todas as charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

    Ampliar contenido
  • CURSO INTENSIVO DE COMUNICAÇÃO E MARKETING AUTÁRQUICO

    Fecha desde el 24 de Febrero de 2016
    hasta el 11 de Marzo de 2016

    Este Curso vai decorrer em Ponte de Lima, nos dias 11, 18 e 19 de Março.

    A Omnisinal, (www.omnisinal.pt) tendo como parceiros a Essência Completa e a Escola de Jornalismo do Porto, organiza um Curso Intensivo de Comunicação e Marketing Autárquico, para os Concelhos dos Distritos de Viana e Braga. Este Curso vai decorrer em Ponte de Lima, nos dias 11, 18 e 19 de Março.

    Este tipo de cursos, com horários intensos e duração de vinte horas, têm como objetivo fornecer conhecimentos avançados de pós-graduação de comunicação e de marketing, numa perspetiva das novas tendências da comunicação política e autárquica. Já foram realizados com êxito, dois cursos para os concelhos dos distritos do Porto, Vila Real e Bragança. A docência dos Curso è assegurada por Custódio Oliveira.

    Os conteúdos dos cursos são os seguintes: a) Conhecimentos base e essenciais sobre comunicação; b) Especificidades da comunicação autárquica e da comunicação política; c) Estratégias de Comunicação e de Marketing nas Autarquias; d) Os atributos da Marca Concelho ou Cidade e o Citymarketing como instrumento de desenvolvimento dos espaços territoriais; e) Comunicação Interna e gestão inteligente; f) Gestão e Comunicação em situações de crise; g) Falar em público: Como elaborar e comunicar o discurso; h) A comunicação digital e as novas tendências da comunicação política e autárquica.
    Ampliar contenido
  • EN MARZO ABRE O PRAZO PARA PEDIR A CITA PARA A RENOVACIÓN DO DNI NOS MESES DE ABRIL, MAIO E XUÑO NA GUARDA

    Fecha desde el 01 de Marzo de 2016
    hasta el 25 de Marzo de 2016

    As citas poden pedirse tanto de forma presencial no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 61 00 00.

    O Concello da Guarda informa que o martes, un de marzo, abre o prazo para que os veciños e veciñas da vila collan cita para a renovación do DNI nos meses de abril maio e xuño.

    As citas poden pedirse tanto de forma presencial no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 61 00 00.

    Os días fixados para a renovación no mes de abril son o luns 18 e martes 19, sendo o xoves día 21 a data para recollelo. En maio serán o mércores 18 e o xoves 19, sendo o 23 o día para recoller o documento. Pola súa banda en xuño as citas son o mércores 15 e o xoves 16, a data para recollelo é o luns 20.

    En cada mes se darán un total de 140 citas, 70 por cada día.

    Ampliar contenido
  • ATA O 26 DE MARZO ABERTO O PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN DE MATRÍCULA NA NOVA ESCOLA INFANTIL DE GOIÁN

    Fecha desde el 25 de Febrero de 2016
    hasta el 26 de Marzo de 2016

    Do 25 de febreiro ao 26 de marzo as familias interesadas poderán tramitar a pre-inscribición para nenos e nenas de ente 0 e 3 anos.

    Este Xoves ábrese o prazo de pre-inscrición da nova escola infantil de Goián. Do 25 de febreiro ao 26 de marzo as familias interesadas poderán tramitar a pre-inscribición para nenos e nenas de ente 0 e 3 anos. A tramitación será a mesma para as escolas infantís do Seixo e para a de Goián.

    A nova escola infantil de Goián, ubicada na antiga casa do médico, rematou as obras de reforma e ampliación do inmoble no pasado outono. Estes días están finalizando a actuación de urbanización do entorno e que suporá que a rúa Camiño Vello no seu tramo entre a escola infantil e a praza de abastos pasará a incorporarse aos espazo público xerando un amplo entorno de preferencia peonil.

    Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, abrindo as súas portas a á actividade educativa no mes de setembro.

    A nova escola infantil ven a completar a oferta educativa pública para os máis miúdos ampliando o número de familias que se beneficiarán deste servizo público.

    A tramitación das pre-incricións farase na escola infantil do Seixo e é preciso aportar os documentos nacionais de identidade, libro de familia, certificado de empadroamento e declaración da renda familiar. As listaxes provisionais publicaranse o 3 de maio habilitando 10 días naturais para posibles reclamacións. As listaxes definitivas publicaranse o 30 de maio e o prazo de formalización de matricula poderá facerse do 1 ao 10 de xuño.

    A Alcaldesa, Sandra González, mostrou a súa satisfacción pola pronta apertura da segunda escola infantil para Tomiño. Segundo González, "os veciños e veciñas de Tomiño terán acceso a un número importante de novas prazas públicas que revertirán na calidade e benestar das familias. Tomiño consolídase como un concello con calidade de benestar que pode desfrutar de equipamentos públicos como son dúas escolas infantís, un centro de día, un centro de discapacitados e con programacións educativas e de inclusión social".

    Ampliar contenido
  • A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI ACOLLE ESTE MARTES UNHA ACTIVIDADE A CARGO DE CAXOTO CATIVO CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    Fecha desde el 26 de Febrero de 2016
    hasta el 08 de Marzo de 2016

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá o martes, 8 de marzo, ás 17.30h unha actividade co gallo do Día Internacional da Muller.

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá o martes, 8 de marzo, ás 17.30h unha actividade co gallo do Día Internacional da Muller. Correrá a cargo de Caxoto Cativo da Trastenda de Contos que no seu espectáculo fará un achegamento a través dos contos á situación da muller na nosa sociedade. Dende o conto tradicional faise un repaso polos estereotipos de xénero para desmontalos e recordarnos que a igualdade entre homes e mulleres non está acadada.

    Felipe Díaz (Caxoto) é a persoa que se atopa detrás do mostrador da Trastenda. Na súa traxectoria como narrador Caxoto Cativo percorreu varias veces toda a xeografía galega con algunhas incursións no resto de España. Na actualidade é contador de referencia en concellos como A Coruña, Lugo, Vigo, Oleiros, Arteixo ou Narón. Ademais, participa coa Escola das Utopías impartindo "Obradoiros de Contacontos" e compón o 50% da Compañía teatral DINAMO Teatro.

    A sesión está orientada a nenos e nenas maiores a partir de 4 anos. A entrade é de balde e hai 25 prazas dispoñibles. Por este motivo os interesados teñen que inscribirse dende hoxe mesmo na propia biblioteca, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03.

    Ampliar contenido
  • A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE TOMIÑO, CONTINÚA ESTE SÁBADO CO ESPECTÁCULO CÁNDIDO PAZÓ

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 19 de Marzo de 2016

    Serán os sábados 5, 12 e 19 de marzo ás 22h00 no auditorio de Goián.

    O Concello de Tomiño vén de lanzar a súa programación cultural para o mes de marzo. O humor será o protagonista dun mes no que visitarán Tomiño monologuistas da talla de Carlos Blanco e Celso San Martín, Cándido Pazó ou Federico Pérez.

    A programación comezou o sábado 5 de marzo co espectáculo de Carlos Blanco e Celso San Martín chamado "man a man". Continúa co monólogo de Cándido Pazó, "como cho conto" o sábado 12 de marzo. E, finalmente, a última cita co humor será con Federico Pérez e o seu "Federico está porque tiña que haber de todo" o sábado 19 de marzo.

    A programación cultural "Tomiño humor" celebrase no auditorio de Goián ás 22h00. As entradas poderán mercarse a partires das 21h00 na taquilla do auditorio e o seu prezo será de 6€, o día 5 de marzo, e de 3€ os días 12 e 19 de marzo.

    A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que "ao longo deste ano organizaremos diversos ciclos. Comezamos polo do humor co monólogo como formato pero estamos a traballar xa nos ciclos de música e cine." A concelleira, tamén informou que a programación cultural volve a celebrarse no auditorio xa que as obras de acondicionamento da escola de música xa chegaron ao seu fin.
    Ampliar contenido
  • EL AULA UNED DE TUI ORGANIZA UN CURSO DE FRANCÉS

    Fecha desde el 02 de Marzo de 2016
    hasta el 07 de Marzo de 2016

    La actividad se desarrollará del 7 de marzo al 9 de mayo en las instalaciones del aula universitaria

    El Aula UNED de Tui acogerá del 7 de marzo al 9 de mayo un curso de introducción al francés. La actividad, Francés: iniciación II, está dirigida a personas que ya posean una pequeña base léxica y gramatical de la lengua francesa y que deseen aprender a comunicarse y desenvolverse en situaciones cotidianas de forma espontánea.

    El curso, que será impartido por Carol González Rey, traductora e intérprete, prestará especial atención a la comunicación oral del idioma, centrándose en la comprensión auditiva y la expresión oral y fomentando la participación activa del alumnado.

    La actividad, que tendrá lugar todos los lunes de 17 a 19 h, tendrá un coste de 40 euros y una carga lectiva de 20 horas. Además, será reconocida con 1 crédito ECTS. Todas aquellas personas interesadas podrán formalizar su matrícula a través de la web del Centro Asociado, (www.unedpontevedra.com), llamando por teléfono al 986.851.850 o bien dirigiéndose a las instalaciones del Aula UNED de Tui.

    Ampliar contenido
  • ACTUACIÓN DO GRUPO DE BAILE XAMARAINA ESTE SÁBADO NO AUDITORIO DO ROSAL

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 05 de Marzo de 2016

    Sábado 5 de Marzo ás 20:00h no Auditorio Municipal do Rosal

    Este Sábado día 5 de Marzo de 2016 terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha actuación do grupo de Baile Xamaraina, enmarcada na conmemoración do día internacional da muller e programada para as 20:00h da tarde.
    Ampliar contenido
  • RESCATANDO IDEAS, AVIVANDO CULTURA EN EL CASCO VIEJO DE TUI

    Fecha desde el 04 de Marzo de 2016
    hasta el 27 de Marzo de 2016

    Marzo supone pues el primer mes con programación completa de este nuevo proyecto

    Después de dos años cargados de actividad en la calle Cuenca 82, donde por la casa betunera pasaron una enorme cantidad de artistas, hace apenas un mes conocíamos la noticia de su desaparición. Éste mismo hecho, no obstante, sirvió de trampolín para que muchos nos pusiéramos manos a la obra y rescatásemos esa bonita idea que el Betún representa.

    De este modo y en vista del enorme vacío cultural que dejaba ese espacio tan importante en pleno casco viejo, antiguos usuarios tudenses y no tudenses decimos recuperar lo que con mucho esfuerzo habían conseguido durante dos años y transformarlo en forma de asociación cultural. Así nace esta pequeña iniciativa que se ha ido fraguando desde comienzos de año y en el que cada uno de nosotros hemos aportado nuestro granito de arena para poder hacer viable tal proyecto.

    Con el objetivo de diversificar las actividades y crear un tejido asociativo sólido nos hemos ido reuniendo a través de diversos encuentros un número significativo de socios fundadores para poner a rodar la asociación; haciendo hincapié en un programa que abarque desde cursos y exhibiciones hasta jam sessions y teatro, en detrimento de la actividad del bar que fue el pulmón años atrás. La asociación, constituida hace hoy un mes, intentará desmarcarse de este último aspecto para construir un espacio emisor de cultura en un marco caracterizado por la "Eurocidade Tui - Valença" y en el que todos puedan desenvolver actividades de cariz cultural y social.

    Los respectivos socios, divididos entre socios "Betuneros" y socios "Beta", gozaran de diferentes ventajas en las actividades de la asociación, así como pudiendo formar parte de la misma a través de contribuciones puntuales.

    El espacio abrió sus puertas a través de una celebrada inauguración el pasado viernes 26 de febrero, donde se presentó un programa cargado de actividades y conciertos a los ya más de 500 socios y donde explicamos las razones que nos han llevado a formar la asociación. El encuentro del viernes fue amenizado por Radio Bungalow & Fofinski y el sábado tuvimos el placer de contar con el blues-rock de garaje de la mano de los Wonderlust Kings, directos desde Vigo.

    Marzo supone pues el primer mes con programación completa de este nuevo proyecto donde ofreceremos espectáculos de música, monólogo, teatro, jam sessions...
    Ampliar contenido
  • HUMOR MARCA 5ª EDIÇÃO DOS ETC? ENCONTROS DE TEATRO DE CERVEIRA

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 19 de Marzo de 2016

    Nos sábados 5, 12 e 19 de março, a partir das 21h30, deixe as tristezas em casa e venha rir às gargalhadas no Cineteatro de Cerveira.

    Está de regresso ao palco do Cineteatro o evento que promete fazer rir do início ao fim. A 5.ª edição do ETC... Encontros de Teatro de Cerveira volta a surpreender os presentes com três espetáculos onde a multifacetada comédia é o género de eleição. Entrada livre.

    Em Cerveira, ‘Vila das Artes', o mês de março é dedicado à promoção e divulgação do teatro como forma de assinalar o Dia Mundial do Teatro (27 de março). Pelo sucesso e recetividade do público em edições anteriores, os próximos três serões de sábado vão ser, como diz o provérbio, «de rir e chorar por mais».

    O ETC... entra em cena, este sábado, 05 de março, com um espetáculo diferente do habitual: "American Way", da Jangada Teatro, é uma comédia musical e multidisciplinar assente numa narrativa cujo tema central é a emigração. Os personagens da peça escalpelizam virtudes e defeitos de ser português, com os atores a lançar perguntas e os espetadores a encontrar as respostas.

    No dia 12, o Teatro Amador do Circulo Católico de Operários de Vila do Conde apresenta a comédia "A Herança de Faustino Miséria", onde um estabelecimento comercial é o ponto de encontro da comunidade e a porta aberta para o mundo. "A notícia de uma herança, que supostamente beneficia um dos seus habitantes, aguça a cobiça dos habitantes da Bajouca, num ingénuo menosprezo à inteligência de um simples, mas astuto homem do campo".

    Para encerrar a 5ª edição dos ETC..., a sugestão vai para "A Entrada do Rei", numa interpretação da Estação Teatral da Beira Interior. "Aqui o rei viaja. Já todos zombavam desta pretensa travessia, quando se aperceberam que, desta feita, era mesmo intenção consumada. Desde a sua coroação, duas décadas antes, não passara da promessa. Mas agora ei-lo às portas de Lisboa, aguardando a sua triunfal entrada".

    Os espetáculos dos ETC... Encontros de Teatro de Cerveira têm a particularidade de proporcionar o contacto e o usufruto com espetáculos teatrais irreverentes e que contagiam pelo humor e boa disposição. Nos sábados 5, 12 e 19 de março, a partir das 21h30, deixe as tristezas em casa e venha rir às gargalhadas no Cineteatro de Cerveira.
    Ampliar contenido
  • ABRE A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO -CURSO DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS- NA GUARDA

    Fecha desde el 03 de Marzo de 2016
    hasta el 14 de Marzo de 2016

    O Concello da Guarda, en colaboración coa Asociación de veciños O Percamino ofrece 30 prazas.

    O Concello da Guarda, en colaboración coa Asociación de veciños "O Percamino", abre o prazo de inscrición para participar no "Curso de manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico".

    Este curso ten unha duración de 25 horas presenciais máis dúas de exame. A materia comezará cando se cubran as 30 prazas ofrecidas. Do prezo se informará no momento da inscrición.

    Esta formación está destinada a agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación, o persoal auxiliar das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios, o persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias que apliquen estes produtos e o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de este tipo de materiais.

    As persoas interesadas en obter o cané básico de aplicación de fitosanitarios pode dirixirse ao Concello da Guarda ou ao local social da Asociación "O Percamino" para inscribirse. Ademais, quen precise máis información pode chamar ao número 609 11 78 35, pedir información en opercamino@hotmail.com ou no mesmo Concello.

    Cursos en activo

    Na actualidade a Asociación de veciños "O Percamino" xa teñen en activo dous cursos coas mesmas características do anterior.

    As datas nas que se realizarán serán na semana do luns 14 de marzo ao venres 18 e o outro dende o luns 28 de marzo ata o venres 1 de abril.

    Ampliar contenido
  • O CRÍTICO E CINEASTA PAULINO VIOTA PROTAGONIZA O SEMINARIO DE PLAY-DOC 2016

    Fecha desde el 03 de Marzo de 2016
    hasta el 13 de Abril de 2016

    O festival colaborará tamén co encontro internacional Doc´s Kingdom, que propiciará o debate en torno aos filmes desta duodécima edición.

    O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, que se celebrará do 13 ao 17 de abril en Tui, multiplica este ano o volume e a calidade das súas actividades formativas, paralelas ás proxeccións. A colaboración xa habitual co medio especializado www.acuartaparede.com repítese. Este ano, a fórmula do crítico-cineasta iniciada na edición pasada con Gabe Klinger, acolle o prestixioso autor español Paulino Viota. O santanderino presentará o seu filme Contactos (1970), un fito do cinema español dos anos setenta; e ofrece ademais un curso baixo o título 'O documental e a ficción'. Nel, falará da convivencia entre estes dous modos de contar xa dende o cinema clásico, ofrecendo varios exemplos e comparacións entre obras de grandes do cinema como F.W. Murnau, Robert J. Flaherty ou Howard Hawks.

    Viota está considerado un dos grandes directores da Transición, polo seu modo tan persoal e moderno de plasmar a realidade española deses tempos. Dende 1988, dedicouse á ensinanza en Universidades - por exemplo, a de Valladolid ou a Pompeu Fabra - ou en escolas de cinema e outras institucións. Publicou Historia del cine militante en España (1980) e Jean-Luc cinéma Godard (2004). Tamén foi colaborador de revistas especializadas de referencia como Contracampo, Archivos de Filmoteca, Trama & Fondo ou Cahiers du Cinéma (España).

    A inscrición a este curso costa 30 euros, e con ela pódese acceder a todas as sesións do festival. É un seminario aberto a todos os públicos, pero especialmente destinado aos críticos máis novos, nun afán de ofrecer formación nunha área na que, en Galicia, é case inexistente. O programa pormenorizado do curso xa pode consultarse na web de Play-Doc, así coma os detalles para inscribirse ata o 3 de abril.
     
    Pontes tendidas con Portugal

    Ademais, o festival suma a estas actividades a presenza de Doc's Kingdom, prestizioso seminario de documental internacional, que ten lugar cada setembro en Arcos de Valdevez, en Portugal. Este recoñecido encontro de cineastas, críticos, programadores e comisarios; intenta fomentar o debate en torno ás últimas tendencias do cinema de non ficción, centrándose cada ano nun tema concreto, con proxeccións e discusións en torno a esas películas. Co mesmo espírito, presentará en Play-Doc unha sesión, e debaterá as películas do festival cos asistentes a este seminario, de carácter informal.

    A inscrición é gratuíta ata esgotar as prazas. Nos próximos días, daranse a coñecer os detalles para inscribirse na páxina web do festival.

    Con esta actividade Play-Doc pretende seguir estreitando lazos co veciño Portugal, un país de grande cinema, no que se levan a cabo proxectos de similar espírito ao do certame tudense.
    Ampliar contenido
  • EL AULA UNED DE TUI ORGANIZA UN SEMINARIO SOBRE ABUSO SEXUAL INFANTIL

    Fecha desde el 03 de Marzo de 2016
    hasta el 18 de Marzo de 2016

    La actividad tendrá lugar el 17 y 18 de marzo y podrá ser seguida a través de InternetLa actividad tendrá lugar el 17 y 18 de marzo y podrá ser seguida a través de Internet

    El 17 y 18 de marzo el Aula UNED de Tui acogerá un seminario sobre abuso sexual infantil. El objetivo de la actividad es que el asistente profundice en este tipo de conducta y adquiera diferentes técnicas y herramientas para su posible evaluación e intervención. Las últimas estadísticas oficiales sobre este tema en España, que se remontan a 1994, desvelaban que un 22,5% de las mujeres y un 15,2% de los hombres habían sufrido abusos sexuales durante su infancia. Los últimos datos conocidos revelan unos números muy similares y alertan del bajo número de casos conocidos y denunciados.

    María Penado, doctora en psicología legal y forense y ponente del curso, advierte de la relevancia de "una estrategia unitaria de intervención ante la sospecha de un abuso", destacando la importancia de la "atención profesional" y recordando que "lo prioritario de la intervención debe ser siempre proteger a la posible víctima".

    En el curso, dirigido a psicólogos, educadores, trabajadores sociales, juristas y miembros de las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado, intervendrán también Ana del Valle Couto, criminóloga y profesora del Centro Asociado y Francisco Javier Quiroga Paredes, jefe del Grupo de delitos contra las personas-homicidios, secuestros, extorsiones- y responsable del Equipo Mujer- Menor (EMUME), que realizará una exposición de diferentes casos prácticos y explicará los diferentes mecanismos de intervención de los organismos oficiales.

    La actividad, que se desarrollará de 16:30 h a 20:30 h, tendrá un coste de 30 euros (25 euros para alumnos UNED) y una carga lectiva de 23 horas. Además, será reconocida con 1 crédito ECTS y podrá ser seguida por streaming. Todas aquellas personas interesadas podrán formalizar su matrícula a través de la web del Centro Asociado, (www.unedpontevedra.com), llamando por teléfono al 986.851.850 o bien dirigiéndose a las instalaciones del Aula UNED de Tui.

    Ampliar contenido
  • TANXARINA PRESENTA ESTE SÁBADO NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI -A CASA DO AVÓ-

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 05 de Marzo de 2016

    Será ás 18.30h baixo a dirección de Cándido Pazó. As entradas están xa á venda en www.culturatui.info

    O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 5 de marzo, ás 18.30h a representación de "A casa do avó" da man de Tanxarina Títeres. Trátase dunha obra de teatro de monicreques de 50 minutos de duración dirixida a pública familiar a partir dos 5 anos.

    Sobre o escenario estarán Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha "Tatán" e Miguel Borines Fernández, actores e manipuladores. A dirección corresponde a Cándido Pazó.

    Entre o cómico e o poético están as pequenas aventuras dun neno por axudar ao seu avó, que vai ser desaloxado da súa casa por un banco. O apoio solidario propicia un final feliz nesta obra na que hai un xogo permanente entre bonecos, escenografía e actores. 

    A compañía Tanxarina Titeres creouse no ano 1983 converténdose dende entón nunha das  formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego. Marionetas de fíos, monicreques de luva, de variñas, sombras chinas e outros forman parte das obras nas que a relación entre obxectos e actores é unha das sinais de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

    As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.


    Tanxarina con "A casa do avó"

    Lugar: Teatro Municipal de Tui

    Data: Sábado, 5 de marzo, ás 18.30

    Entradas:  á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes

    Prezo: 3,5€ e 2,5€.

    Ampliar contenido
  • ESTE SÁBADO CELÉBRASE A PRIMEIRA ETAPA DO CAMIÑO PORTUGUÉS QUE FARÁN EN COMPAÑÍA OS VECIÑOS E VECIÑAS DA GUARDA E CAMINHA

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 05 de Marzo de 2016

    Nesta iniciativa van participar máis de 120 camiñantes, tanto guardeses coma veciños e veciñas de Caminha.

    Este sábado, 5 de marzo, terá lugar a primeira das etapas do Camiño Portugués que farán en compañía os veciños da Guarda e da vila portuguesa de Caminha. Esta actividade trátase da primeira das actividades organizadas conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do Esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.

    Nesta iniciativa van participar máis de 120 camiñantes, tanto guardeses coma veciños e veciñas de Caminha.
    Esta primeira etapa percorrerá a distancia entre Ancora (Caminha) e Mougás (Oia), un total de 28 quilómetros. Os participantes guardeses terán a saída dende a explanada do CEIP A Sangriña ás 8 horas en autobús. Dende alí irán a Igrexa Parroquial de Ancora, punto de encontro cos participantes de Caminha, punto de onde dará comezo esta primeira andaina tras a recepción das autoridades. Todos xuntos cruzarán no ferri, camiñarán pola Guarda, O Rosal e Oia, ata rematar en Mougás, na zona onde se atopa o albergue.
    Aquelas persoas que queiran máis información sobre esta actividade poden dirixirse a Oficina de Turismo do Concello da Guarda, escribir á dirección turismo@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 61 45 46.

    Seguintes etapas:

    2ª etapa
    12 de marzo: Mougás - Vigo 28 km
    Saída ás 9 da Sangriña, onde esperaremos a que cheguen os participantes de Caminha. Desde Mougás comezamos a camiñar cara Baiona, Nigrán polo núcleos da Ramallosa, Panxón e rematamos esta etapa na igrexa románica de Coruxo de Vigo.

    3ª etapa
    02 de abril: Vigo - Redondela: 23 km
    Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Iremos en bus ata Castrelos onde comezaremos a camiñar logo de visitar a fermosa igrexa románica. Seguimos pola senda do Lagares, cruzamos Vigo por Sárdoma, Senda da Auga, Chapela e a etapa conclúe no centro de Redondela localidade na que conflúe o Camiño Portugués da Costa e o do interior que parte de Tui.


    4ª etapa

    16 de abril: Redondela - Pontevedra 21 km
    Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Abandonamos pouco a pouco a ría de Vigo polo concello de Soutomaior. Cruzamos ó río Verdugo pola Ponte de Sampaio e dirixímonos por varias poboacións do concello de Vilaboa e por Tomeza entramos na cidade de Pontevedra onde nos agarda o santuario da Virxe da Peregrina.

    5ª etapa
    23 de abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
    Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Cruzamos Pontevedra pola ponte do Burgo cara pequenos pobos de Barro e As Portas ata cruzar o Umia xa en Caldas de Reis onde finaliza esta etapa.

    6ª etapa
    07 de maio: Caldas de Reis - Padrón: 18 km
    Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha.


    Iremos cara o Concello de Valga para despedir a provincia de Pontevedra cruzando o río Ulla por Pontecesures e entrando por Padrón xa na provincia da Coruña.

    7ª etapa
    14 de maio: Padrón - Santiago de Compostela: 25 km
    Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Polos municipios de Padrón, Teo e Ames chegamos o final da viaxe, cruzando a histórica Porta Faxeira, animada rúa do franco e por fin a Catedral de Santiago.

    RESUMO ETAPAS
    05 de marzo: Ancora (Caminha_Portugal) - Mougás (Oia) 28 km.
    12 de marzo: Mougás (Oia) - Vigo 28 km
    2 de abril: Vigo - Redondela: 23 k
    16 de abril: Redondela - Pontevedra 21 km
    23 de abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
    7 de maio: Caldas de Reis - Padrón: 18 km
    14 de maio: Padrón - Santiago de Compostela: 25 km

    Ampliar contenido
  • PARTIDOS DE A QUINTA DE TUI PARA ESTA FIN DE SEMANA

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 06 de Marzo de 2016

    Partidos a disputarse nesta fin de semana

    FUTSAL. A QUINTA DE TUI

    Partidos deste fin de semana. A Quinta de Tui Futsal. Na Liga Galega Sur, os tudenses intentarán manter a liña de resultados e xogo antes da xornada de descanso. Difícil encontro contra un rival, O Praza GA de As Neves, que sempre se lle deu mal A Quinta de Tui Futsal.

                                COMPETICIÓN A QUINTA DE TUI FUTSAL

    Liga Galega Sur Xornada 22

    A Quinta de Tui Futsal - Praza GA

    Sábado 5, 20:30h. Pavillón Novo de Tui

    Local Masculino Xornada 18

    A Quinta de Tui Futsal B -  Baixo Miño FS

    Sábado 5, 16:30h. Pavillón do IES San Paio de Tui

    Xuvenil Provincial Grupo B Xornada 18

    A Quinta Amadeus Tui  -  Unión FS

    Sábado 20, 12:30h. Pavillón Novo de Tui

    Infantil Grupo 3 Xornada 5

    A Quinta Plaintec Tui  DESCANSA

    Alevin Grupo 4 Xornada 5

    CD Miralba A - A Quinta Plaintec  Tui

    Domingo 6, 12:00h. Pavillón do Colexio Miralba

    Benxamin Grupo 3 Xornada 5

    Lope de Vega - A Quinta de Tui

    Domingo 6, 13:00h. Pavillón Colexio Lope de Vega

    Prebenxamin Grupo 2 Xornada 15

    Apostol B - A Quinta Plaintec Tui

    Sábado 5, 12:15h. Pavillón do Colexio Apostol

     

     

    Ampliar contenido
  • O ROSAL ACOLLE A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: MULLERES NA HISTORIA

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2016
    hasta el 31 de Marzo de 2016

    A inauguración terá lugar este Sábado día 5 de Marzo ás 12:00h na Sala de Exposicións do Rosal

    EXPOSICIÓN: MULLERES NA HISTORIA

    Con motivo do Día Internacional da Muller

    O Sábado 5 de marzo ás 12.00h no salón de exposicións do Concello do Rosal, queremos que esta sexa unha aposta pola visibilización das mulleres do Rosal que co seu traballo e esforzo colaboraron na historia.

    Ampliar contenido
  • EXPOSIÇÃO -O DOURO NOS CAMINHOS DA LITERATURA - TRINDADE COELHO- EM CERVEIRA ATÉ 31 DE MARÇO

    Fecha desde el 01 de Marzo de 2016
    hasta el 31 de Marzo de 2016

    Horário: terça a sexta das 9h30 às 12h30 e 14h00 às 18h00; sábado das 09h00 às 15h00

    Até 31 de março,
    Exposição: “O Douro nos Caminhos da Literatura - Trindade Coelho"
    Organização: Câmara Municipal
    Propriedade: Direção Regional da Cultura do Norte - DRCN
    Local: Biblioteca Municipal
    Horário: terça a sexta das 9h30 às 12h30 e 14h00 às 18h00; sábado das 09h00 às 15h00
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido