Agenda
Derradeira cita do ciclo de charlas -Manual de instrucións para educar- na Guarda
Fecha desde el 17 de Octubre de 2017
hasta el 12 de Diciembre de 2017Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso
Ampliar contenidoOs encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso, con novas temáticas suxeridas polas nais, pais e profesionais participantes na primeira edición do ciclo.
Tras a boa acollida da primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda organizan catro novas charlas dentro do ciclo "Manual de instrucións para educar", orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.
A actividade contará coa colaboración dos terapeutas familiares Esteban Figueirido e María Jesús Núñez, encargados de guiar as charlas nas que se animará á participación dos asistentes mediante o intercambio de experiencias. Os profesionais aportarán vías para resolver os conflitos diarios de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como chaves no establecemento de relacións saudables entre nais, pais e os seus fillos e fillas. Falarase tamén das normas e os límites como un dereito dos menores ofrecendo, asemade, ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade das rapazas e os rapaces.
Novas temáticas e datas
Os encontros desta segunda edición terán lugar na Casa dos Alonso ás 19:30 horas os días 17 de outubro, 14 de novembro, 28 de novembro e 12 de decembro. A primeira das charlas, co título "Familias centradas en solucións", xirará entorno á busca de enfoques positivos en detrimento dos pensamentos que se centran "no que vai mal e non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo", segundo explica o psicólogo Esteban Figueirido.
O encontro do 14 de novembro, "Educar en intelixencia emocional", atenderá ás emocións como chave para realizar unha intervención eficaz. "Se dende pequenos axudámoslle a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol", sinala o experto, que dirixirá as dúas primeiras conversas.
"Duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas" é o título da terceira charla, dirixida pola psicóloga María Jesús Núñez e na que se analizará como funcionan as perdas nos cativos e cativas (dende algún xoguete ata outras de maior impacto, como a separación dos pais ou falecemento de seres queridos) para axudarnos a acompañalos mellor e evitar posibles secuelas.
O derradeiro encontro dedicarase ás "Maneiras creativas de resolver conflitos", isto é, distintas formas de abordar os momentos críticos "con algo de humor e creatividade", segundo apunta Figueirido, director da charla. Ao respecto, aclara que "moitos pensamos que xa probamos todo cos nosos fillos e parece que nada funciona, pero normalmente non é así", de xeito que novas formas de resolución de conflitos son posibles e desexables.
Dende o Concello da Guarda animamos a todas as persoas con inquedanzas e interese educativos -sexan pais e nais, avoas e avós, educadores e educadoras, así como veciñas e veciños- a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que aprendamos xuntos como acadar unha mellor convivencia familiar nos fogares da nosa vila.
RESUMO TEMAS CHARLAS "MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR":
1- Familias centradas en solucións
A miúdo vivimos centrados no que vai mal, no que non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo, e favoreza o cambio. Nesta charla veremos a importancia de cambiar o noso enfoque e como facelo.
2- Educar en intelixencia emocional
Atender ás emocións é clave para unha intervención eficaz. Se desde pequenos axudámoslles a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol.
3- O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas
Os fillos e fillas pasan por moitas perdas, desde algún xoguete ao que lle tiñan moito agarimo, ata un animal que consideraban o seu mellor amigo, pasando por outras de maior impacto como: separación de pais, falecemento de ser querido, cambios de domicilio ou de centro escolar, etc. Nesas situacións de duelo é necesario estar ao seu lado e mostrar a máxima comprensión. Comprender como funcionan as perdas neles axúdanos a acompañarlles mellor e evitar secuelas.
4- Maneiras creativas de resolver conflitos
Moitos pensamos que xa probamos de todo cos nosos fillos e parece que nada funciona. Normalmente non é así, e sempre anima pensar que aínda queda algo máis que se pode facer. Nesta charla comentaremos sobre outras maneiras de abordar os momentos críticos, cando somos capaces de recuperar algo de humor e creatividade.
DATA
HORA TEMA
RELATOR/A
17 outubro
martes
19:30-21:00
"Familias centradas en solucións"
Esteban Figueirido
Psicólogo
14 novembro
martes
19:30-21:00
" Educar en Intelixencia emocional"
Mª Jesús Núñez
Psicóloga
28 novembro
martes
19:30-21:00
"O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas"
Esteban Figueirido
12 decembro
martes
19:30-21:00
"Maneiras creativas de resolver conflitos"
Esteban Figueirido
Valença Prepara-se Para um Natal de Sonho: Fortaleza de Chocolate e Pista de Gelo
Fecha desde el 01 de Diciembre de 2017
hasta el 07 de Enero de 2018Valença está a preparar um programa mágico este Natal recheado de atividades para pequenos e graúdos, entre 1 de dezembro e 7 de janeiro.
Ampliar contenidoValença está a preparar um programa mágico este Natal recheado de atividades para pequenos e graúdos, entre 1 de dezembro e 7 de janeiro. Valença transforma-se na Cidade Presépio, marcada pelos tons, sons e sabores natalícios, durante 38 dias.
Fortaleza de Chocolate, Pista de Gelo, Duendelândia, Cidade Presépio, Mercado de Natal, Comboio Turístico, concertos, recriação da Natividade, iluminação artística e Cavalgata de Reis, são 10 motivos para viver experiências únicas, este Natal em Valença.
38 Dias de Animação Constante
A carismática Fortaleza de Valença e a cidade preparam um recheado programada de pormenores, para marcar os visitantes, com momentos de espírito natalício memoráveis. Um programa doce e único, com 38 dias de animação constante, que envolve a Câmara Municipal, as associações, a hotelaria, a restauração e o comércio em geral.
Um pouco por todo a cidade as decorações de Natal vão começar a tomar conta das ruas e a surpreender os visitantes.
50 Formas de Saborear o Chocolate em Valença
Gosta de Chocolate? Valença é o seu destino este Natal! A cidade vai proporcionar mais de 50 formas de saborear e sentir os aromas do chocolate, na Fortaleza de Chocolate, entre 6 e 10 de dezembro. Esta é uma feira mostra dedicada, em exclusivo, à degustação e compra de produtos à base de chocolate.
Pista de Gelo em Valença
Uma pista de gelo, este Natal, em Valença, vai apaixonar os entusiastas da patinagem no gelo, para as primeiras patinadelas ou desfrute desta atividade.
Em Valença, a pista de gelo terá recinto coberto, no Jardim Municipal, abre a 1 de dezembro e prolonga-se até 6 de janeiro.
Esta é uma oportunidade para todas as gerações, de Valença e região, praticarem uma modalidade apaixonante e divertida numa pista de gelo.
A Biblioteca Municipal da Guarda amplía o prazo de participación na iniciativa -Biblioteca Solidaria-
Fecha desde el 10 de Noviembre de 2017
hasta el 18 de Diciembre de 2017A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas
Ampliar contenidoA Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrou o Día da Biblioteca, que se conmemora cada 24 de outubro, promovendo diversas actividades dirixidas ao público en xeral. Entre elas destaca a «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa na que que aquelas persoas que se achegaron ao espazo de ocio e lectura municipal puideron escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros).Dado o éxito da iniciativa, e tendo en conta a proximidade do Nadal, a Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación ata o vindeiro 18 de decembro e aceptará produtos típicos destas datas (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes non sexan perecedoiros. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as asociacións da Guarda que teñan unha función de axuda social ou ben a aquela que máis os precise, en función da cantidade recollida.
Co fomento da colaboración solidaria a través desta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das persoas ou grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención. Esta é, así, unha boa maneira de fomentar a lectura e a solidariedade dende a Biblioteca Pública, cuxa función principal pasa por achegar á cultura a toda a poboación á que serve, ofrecendo un espazo de convivencia e de oportunidades culturais, educativas e de inserción social.
Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas ata finais de ano
Fecha desde el 11 de Noviembre de 2017
hasta el 16 de Diciembre de 2017Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.
Ampliar contenidoTui oferta 16 visitas guiadas temáticas durante os meses de novembro e decembro, continuando así os percorridos culturais gratuítos que se iniciaron no verán organizados polo Concello de Tui e nos que levan participado máis de 3 mil persoas.
A primeira cita, nesta nova proposta, será o sábado, 11 de novembro, baixo o título "A cidade barroca" na que durante sesenta minutos se percorrerán os espazos que transformaron a cidade nos séculos XVI e XVIII coma o convento de San Francisco, o convento das Clarisas, a igrexa de San Telmo, ou o hospital de pobres e peregrinos no edificio que actualmente ocupa o Museo Diocesano.
A próxima fin de semana o sábado 18 realizarase a visita cultural "Arquitectura educativa en Tui" e o domingo 19 "A cidade histórica". Mentres que o título dos percorridos a última fin de semana de mes serán "A cidade burguesa do século XIX" e "As antigas fortificacións románicas".
No mes de decembro son un total de once as visitas que se van levar a cabo. O venres 1 "Cidade histórica", o sábado 2 "As murallas medievais", o domingo 3 "Cidade medieval", o martes 5 "As rúas gremiais da cidade", o mércores 6 "O criptoxudaísmo en Tui", o xoves 7 "Arquitectura carceraria na cidade histórica", o venres 8 "Comuna xudía medieval", o sábado 9 "As prazas públicas da cidade histórica", e o domingo 10 "Cidade medieval". Por último o venres 15 realizarase a visita "Cidade histórica" e a derradeira será o sábado 16 "A arte e o Nadal en Tui".
Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.
Visitas Culturais nocturnas
Punto de saída: Praza da Inmaculada
Horario: 19.15hNovembro
• Sábado 11 - A cidade barroca
• Sábado 18 - Arquitectura educativa en Tui
• Domingo 19 - A cidade burguesa do século XIX
• Domingo 26 - As antigas fortificacións románicas.
Decembro
• Venres 1 - Cidade histórica
• Sábado 2 - As murallas medievais
• Domingo 3 - Cidade medieval
• Martes 5 - As rúas gremiais da cidade
• Mércores 6 - O criptoxudaísmo en Tui
• Xoves 7 - Arquitectura carceraria na cidade histórica
• Venres 8 - Comuna xudía medieval
• Sábado 9 - As prazas públicas da cidade histórica
• Domingo 10 - Cidade medieval
• Venres 15 - Cidade histórica
• Sábado 16 - A arte o Nadal en Tui
Tui acolle o obradoiro -Risos en Familia-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
hasta el 05 de Diciembre de 2017O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de decembro na casa do concello
Ampliar contenidoEn decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional "Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés" dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.
O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.
O obxectivo deste obradoiro é aprender a rir para tomarnos a vida con máis sentido do humor e afrontar os problemas cotiás con positividade para favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as persoas participantes. Ao tempo se busca fomentar a cooperación e interacción e o intercambio de experiencias entre as distintas xeracións. Ao longo de oito xornadas os participantes realizan xogos, prácticas de humor, relación combinada con risas, maxia...
Tamén durante dúas das dezaseis horas de duración do obradoiro o módulo denominado "A Historia do Meu Concello", que recollerá actividades enfocadas a recompilación de fotografías, historias, lendas, contos, etc. en formato papel ou audiovisual do municipio.
Esta actividade vai dirixida a persoas dende os 10 anos ata os 99 anos de idade, tendo preferencia aquelas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os menores de 13 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta, e os que teñan entre 13 e 17 anos e desexen acudir sos deberán achegar o consentimento da nai, pai ou titor.
Ofértanse un total de 30 prazas. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello de Tui de luns a venres de 9 a 14h até o 5 de decembro.
FBAC procura projetos para exposição de -Novos Artistas-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2017
hasta el 17 de Diciembre de 2017O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente
Ampliar contenido"Novos Artistas 2018" é o nome do concurso que se encontra aberto à participação de artistas nacionais e estrangeiros, que tenham no máximo até 15 anos de carreira, para a submissão de propostas de exposições, individuais ou coletivas, para a Galeria da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.
O concurso tem como objetivo consolidar a FBAC como uma instituição atenta e atuante no panorama artístico nacional e internacional do presente, através da promoção e difusão da produção artística contemporânea, da experimentação, da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e sobre a cultura visual contemporânea, assim como do alargamento a novos públicos.
O Edital prevê a seleção de três propostas de exposições individuais ou coletivas, que decorrerão entre os meses de fevereiro e julho de 2018, no Fórum Cultural de Cerveira. Para a realização das mostras, os autores das propostas selecionadas receberão uma ajuda de custo para a produção no valor de dois mil euros (incluindo os impostos previstos na legislação em vigor).
O prazo para as inscrições decorre até 17 de dezembro de 2017, sendo que estas serão realizadas exclusivamente por e-mail (geral@bienaldecerveira.pt), de acordo com as Normas do Concurso.
Curso de Cociña de Nadal no Rosal
Fecha desde el 18 de Noviembre de 2017
hasta el 20 de Diciembre de 2017Anótate no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural chamando ó 986625000 extensión 4.
Ampliar contenidoMENÚ DE NADAL (COCIÑA)
O Concello do Rosal organiza un cursiño de cociña de nadal dun único día para realizar un elaborado menú navideño para que cada participante o poña en práctica na súa casa no Nadal. Os contidos serán: aperitivos creativos, un primeiro prato, un segundo prato, sobremesa. Mércores 13 de decembro de 18.30 a 21.30
Prezo do curso con material incluído 15€/persoa.
Anótate no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural chamando ó 986625000 extensión 4.
Curso de nivel básico de Prevención organizado polo Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción
Fecha desde el 22 de Noviembre de 2017
hasta el 11 de Diciembre de 2017Celebrarase do 11 ao 22 de decembro no Centro Municipal de Formación con carácter gratuíto
Ampliar contenidoO Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción ofertan un curso gratuíto e homologado de Nivel Básico de Prevención. Constará de 60 horas lectivas a impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei. As clases terán lugar de luns a venres do 11 ao 22 de decembro de 8.30h a 14.30h. Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.
Os interesados poden inscribirse, enviando fotocopia do DNI polas dúas cara e teléfono de contacto no correo electrónico cfo@concellotui.org, por whatsapp no 670 24 56 33 ou presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei de luns a venres de 9 a 14h.
Aberto o prazo de inscrición para os Mercados de Nadal no Rosal
Fecha desde el 21 de Noviembre de 2017
hasta el 07 de Diciembre de 2017A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro
Ampliar contenidoNo mes de decembro O Rosal acollerá os MERCADOS DE NADAL.
Serán dúas fins de semana consecutivas, nas que se dedicará o sábado 9 e domingo 10 de decembro ao MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e o sábado 16 e domingo 17 de decembro ao MERCADO DE ARTESANÍA.
Estas son datas de moitas compras, polo que o Concello do Rosal pon especial interese en propiciar un consumo responsable.
O MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, ten por obxecto fomentar unha cultura de intercambio, onde se pretende superar os conceptos de compra e venda ligados ao exceso de consumo. En definitiva, recuperar valores como o "saber compartir" e o "consumo responsable" fronte á acumulación e excesivo apego aos obxectos.
Co MERCADO DE ARTESANÍA, queremos por en valor todos aqueles productos feitos a man, con materias primas de calidade e que están realizados con mimo e tempo de elaboración, valorando o bo das cousas feitas a man.
Os mercados celebraranse no Salón de Exposicións do Concello cun horario de 10.00 a 20.00 h. ambos días.
Haberá 20 postos expositores polo que todas aquelas persoas interesadas en participar, deberán solicitar por rexistro de entrada do concello unha solicitude. Os postos serán adxudicados por riguroso orde de rexistro de entrada.Desexamos que esta iniciativa teña boa acollida entre a veciñanza e que serva como punto de inicio do nadal no Rosal.
BASES
O Concello do Rosal quere promover o mercado local de artesanía, troco e segunda man entre os veciños e veciñas do municipio, con este fin presenta as seguintes normas que regulen o bo exercicio da devandita actividade.
1. Poden participar no mercado veciños e veciñas maiores de idade
2. A participación é gratuita. Para participar é necesario presentar unha instancia ata o 7 de decembro. Haberá 20 postos que se entregarán por rigorosa orde de entrada de rexistro.
3. O emprazamento dos postos será o SALÓN DE EXPOSICIÓNS do Concello e o horario será de 10.00 a 20.00 tanto o sábado como o domingo, 9 e 10 de decembro para o MERCADO DO TROCO E SEGUNDA MAN, e 16 e 17 de decembro para ou MERCADO DE ARTESANÍA.
4. Os artigos susceptibles de venda ou intercambio serán aqueles que pola súa natureza poidan ser vendidos en condicións máis ventaxosas. Serán de segunda man ou artesanais e que non comporten ningún dano para o adquirinte.
5. No caso do troco e segunda man, poderanse vender e/ou intercambiar xoguetes (que garden os controis de seguridade), roupa en xeral e produtos textís, libros, revistas, coleccionables, cómics, mobiliario e antigüidades, artigos informáticos e fotográficos, cadros, artigos de decoración, ferramentas, cerámica, cristal, pequena maquinaria, música e cine (orixinais), utensilios do fogar, artigos de deporte, artigos de bebé, etc.
Os titulares dos produtos serán os únicos responsables da lícita procedencia dos mesmos.
No caso de artesanía, poderán venderse productos textís, de lá, coiro, macramé, bolillos, craft, cestería, papelería, xoiería, etc.
Candidaturas a Bolsas de Estudo para Ensino Superior 2017/2018 em Cerveira
Fecha desde el 05 de Diciembre de 2017
hasta el 05 de Enero de 2018Vai decorrer, entre 5 de dezembro de 2017 e 5 de janeiro de 2018, o período para apresentação de candidaturas à concessão de bolsas de estudo para jovens cerveirenses a frequentar o ensino superior.
Ampliar contenidoVai decorrer, entre 5 de dezembro de 2017 e 5 de janeiro de 2018, o período para apresentação de candidaturas à concessão de bolsas de estudo para jovens cerveirenses a frequentar o ensino superior. Câmara Municipal mantém a atribuição de 10 bolsas de estudo no presente ano letivo.
Disponível no Portal do Município, o regulamento estabelece os princípios gerais de atribuição das bolsas de estudo, o processo de candidatura, a seleção dos candidatos, os deveres e direitos dos bolseiros e o valor e forma de pagamento das bolsas concedidas. De salientar que se mantém uma das contrapartidas dos jovens selecionados para atribuição deste incentivo que é a realização de 70 horas de trabalho comunitário em atividades/serviços da Câmara Municipal, preferencialmente na área de formação frequentada ou outras de interesse.
De acordo com o Regulamento Municipal de Concessão de Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior, e por deliberação da Câmara Municipal de 10 de novembro, os estudantes candidatos a este processo devem entregar o requerimento previamente preenchido na Secção de Atendimento ao Utente entre 5 de dezembro e 05 de janeiro, até às 16h30.
Para mais informações, enviar email para educacao@cm-vncerveira.pt ou consultar o Portal do Município de Vila Nova de Cerveira.
Pista de Gelo em Valença
Fecha desde el 01 de Diciembre de 2017
hasta el 07 de Enero de 2018Uma pista de gelo, este Natal, em Valença, vai apaixonar os entusiastas da patinagem no gelo.
Ampliar contenidoLocal
Jardim Municipal
Data
de 01/12/2017 a 07/01/2018
Hora
13H/21H - Ver Horário Detalhado
Pista de Gelo em Valença!
Uma pista de gelo, este Natal, em Valença, vai apaixonar os entusiastas da patinagem no gelo.
A pista, instalada no Jardim Municipal, terá recinto coberto.
Abre a 1 de dezembro e permanece até 7 de janeiro.
Esta é uma oportunidade para todas as gerações, praticarem uma modalidade apaixonante e divertida.
HORÁRIO
01 A 15 DEZEMBRO
Segunda a Sexta - 13H/21H
Sábados, Domingos e Feriados - 10H/21H
18 DEZEMBRO A 07 JANEIRO
Todos os Dias - 10H/21H
DATAS ESPECIAIS
24 E 31 DEZEMBRO
10H/17H
25 DEZEMBRO E 01 JANEIRO
16H/21H
Entidade organizadora
Câmara Municipal de Valença
Preço
Adulto - 7€ (1H); 5€ (30m) - Criança - 5€ (1H); 4€ (30m)
Mais informações
910 504 196
Inscrición para o curso de adultos na Escola Municipal de Teatro de Tomiño
Fecha desde el 24 de Noviembre de 2017
hasta el 11 de Diciembre de 2017Comezará en decembro e desenvolverase os martes de 20.00 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Tomiño
Ampliar contenidoA Escola Municipal de Teatro segue ampliando a súa oferta para este ano coa posta en marcha por primeira vez dun curso de teatro para persoas adultas. Neste intre, 15 tomiñeses e tomiñesas maiores de 18 anos xa se anotaron para participar nesta iniciativa, aínda que dende o Concello esperan que a cifra sega crecendo xa que aínda continúa aberto o prazo de inscrición.
Con este grupo a Escola de Teatro coordinada por Bea Campos, de Migallas Teatro, o Concello de Tomiño dá resposta á crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir a clases de teatro e ponse a última pata a escola teatral, que ata o de agora contaba con tres grupos, todos dirixidos a público infantil e á mocidade (un grupo de 4 a 8 anos, outro de 9 a 12 e un último de 13 a 17).
As clases comezarán o 12 de decembro e celebraranse todos os martes de 20.00 a 21.30 horas na Casa da Cultura de Tomiño. O prezo da actividade é de 15 euros ao mes, aínda que existen descontos no caso de asistir varios membros dunha mesma familia a calquera dos grupos formados.
O curso rematará cunha representación teatral a finais de primavera que suporá un punto e seguido ao traballo realizado este ano, xa que dende o concello queren darlle continuidade a esta Escola de Teatro para adultos, tanto para satisfacer a demanda de todas aquelas persoas que desexan mergullarse no mundo da interpretación como para dar continuidade a todos aqueles mozos e mozas que xa asistían ás clases e que ao acadar a maioría de idade non podían continuar coa actividade. Deste xeito achéganse as artes escénicas a todos os públicos, sen límite de idade e dun xeito asequible.
Para máis información e inscricións os interesados deben de dirixirse á Concellaría de Cultura de Tomiño (rúa A Rocha, 8) ou chamando ao teléfono 986 622 001.
Cruz Roja organiza e imparte un nuevo curso de primeros auxilios en el deporte
Fecha desde el 27 de Noviembre de 2017
hasta el 21 de Diciembre de 2017El plazo de inscripción acaba el 21 de Diciembre el número de plazas es limitado
Ampliar contenidoCruz Roja Española en Baixo Miño convoca de nuevo un curso de interés Sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios en el deporte.El curso de Primeros Auxilios en el deporte, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico - prácticas, las fechas serán los días 23 y 30 de Diciembre, en horario de 09:00 a 14:00 h.
El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.
En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
• Introducción; Cadena de supervivencia universal; Pautas de actuación ante una situación de emergencia: conducta PAS; Soporte vital básico. Algoritmo universal. Secuencia de actuación; Posición lateral de seguridad; Movilidad y manejo urgente de la víctima; Exploración secundaria Primeros auxilios en : Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño, Hemorragias, Heridas, Quemaduras, Traumatismos, Picaduras y mordeduras de animales, Intoxicaciones, Urgencias por alteraciones de la termorregulación; El Botiquín; Prevención: conducta AVA.La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986-61 46 09 o 6063484741; en horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00.
El plazo de inscripción acaba el 21 de Diciembre el número de plazas es limitado, y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 40€.
Obradoiro de centros de Nadal no Rosal
Fecha desde el 27 de Noviembre de 2017
hasta el 11 de Diciembre de 2017Realizarase o martes 12 e martes 19 de decembro de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal.
Ampliar contenidoA Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal organiza un obradoiro de centros de Nadal. Realizarase o martes 12 e martes 19 de decembro de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal.
PREZO DO CURSO 15€/PERSOA
INSCRICIÓNS NO 677431318 E NO 696865315
9 Motivos para Visitar Valença Este Natal
Fecha desde el 01 de Diciembre de 2017
hasta el 07 de Enero de 2018Pista de Gelo, Chocolate, Duendelândia e Muito Mais entre 1 de dezembro e 7 de janeiro
Ampliar contenidoValença oferece um programa mágico este Natal recheado de atividades para pequenos e graúdos entre 1 de dezembro e 7 de janeiro. Valença transforma-se na Cidade Natal, marcada pelos tons, sons e sabores natalícios durante 38 dias.
Fortaleza de Chocolate - Um Doce Tentação!
A Fortaleza de Chocolate adoçará o Natal. Uma oportunidade para deliciar-se com as cascatas, os fondues, os crepes doces e salgados, os waffles, os brigadeiros, as trufas, os bombons, os torrões, as espetadas de fruta, as bombocas, a ginja e tantas outros produtos em que o chocolate é a marca dominante.
Duendelândia - o Encanto da Pequenada
A Duendelândia é a oportunidade para os mais pequenos desfrutarem de um mundo mágico, com a Casa do Pai Natal, o percurso Duendaventura com arborismo suspenso, o Bosque Encantado, as pinturas faciais, a modelagem de balões, os atelier's de manualidades, a carta ao Pai Natal e a oferta de rebuçados. O Jardim das Amoreiras, nas Fortaleza, será o palco entre 1 e 17 de dezembro.
Pista de Gelo - Uma Experiência Única
Valença vai proporcionar uma pista de gelo artificial, no Jardim Municipal, entre 1 de dezembro e 7 de janeiro. A pista permitirá a permanência de dezenas de patinadores em simultâneo.
Valença Cidade Presépio - a Maior Mostra de Portugal
A maior exposição de presépios do país desenvolve-se por toda a cidade com instalações originais e pelas montras dos comércios, envolvendo toda a comunidade, entre 1 de dezembro e 7 de janeiro.
Mercado de Natal - Valença Boas Compras
Entre 15 e 17 de dezembro decorrerá o Mercado de Natal, na Fortaleza, com venda de artesanato e produtos locais alusivos à época.
Comboio de Natal - Viagem pela Eurocidade
O comboio turístico percorrerá os centros históricos de Valença e Tui dando a conhecer os principais encantos patrimoniais da Eurocidade e toda animação programa para esta quadra.
Concertos de Natal - Sons de Natal
Os tradicionais concertos de Natal decorrerão em 10 de dezembro no auditório de Verdoejo, 16 de dezembro na Igreja de Stº Estêvão e em 17 de dezembro no Convento de Ganfei.
Recriação Histórica da Natividade
Em 8 de dezembro decorrerá a recriação das cenas da Natividade, com um percurso cultural que sairá das Portas do Sol, às 21h.
Cavalgata Internacional de Reis
A programação encerrará com a Cavalgata Internacional de Reis da Eurocidade em 5 de janeiro, com saída dos Bombeiros de Valença, às 16h00.
-Rota da rabanada- apresenta cerca de 50 rabanadas diferentes em Caminha
Fecha desde el 01 de Diciembre de 2017
hasta el 31 de Diciembre de 2017De 1 a 31 de dezembro, o Município vai promover a -Rota da Rabanada-
Ampliar contenidoDepois do sucesso do ano passado, a ‘Rota da Rabanada' é uma das atividades da Agenda Natal 2017 que o Município de Caminha tem para oferecer a quem visitar o concelho. Este ano com mais aderentes e mais especialidades. De 1 a 31 de dezembro, a rabanada vai ser a sobremesa em destaque em cerca de meia centena de cafés, pastelarias, mercearias e restaurantes aderentes do concelho. O objetivo é promover a gastronomia e dinamizar o comércio e a economia local.
No concelho de Caminha, a rabanada é um doce com história e tradição à mesa na consoada de todos os caminhenses. Recorda-se que o ano passado, a ‘Rota da Rabanada' foi um sucesso, foi uma aposta ganha. Neste sentido e à semelhança do ano passado, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, mercearias e restaurantes do concelho. O desafio conta com mais estabelecimentos aderentes, foi aceite por meia centena de cafés, pastelarias e restaurantes do concelho. Mas as novidades não ficam por aqui. Nesta edição os ‘amantes' da rabanada vão poder votar na sua rabanada favorita.
Assim, em dezembro, no concelho de Caminha, desde Vila Praia de Âncora a Lanhelas, passando por Âncora, Moledo, Gondar, Vilarelho, Seixas, Vilar de Mouros e Caminha há cerca de 50 rabanadas diferentes para degustar nos cafés, pastelarias, mercearias e restaurantes aderentes do concelho, isto é, cada um dos estabelecimentos aderentes terá à venda diariamente a sua especialidade. Os preços variam entre os 0,50€ e os 5€. Para incentivar o consumo da rabanada, o Município de Caminha elaborou o chamado "Passaporte Rota da Rabanada" com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 10 carimbos, dará direito a uma oferta do Município de Caminha, a levantar nos Postos de Turismo do concelho. Este ano, o portador do "Passaporte da Rabanada" quando for levantar o seu presente, poderá votar na sua rabanada favorita. Os resultados serão dados a conhecer no início de 2018.
A ‘Rota da Rabanada' é um dos eventos da Agenda Natal 2017 que vão decorrer no concelho de Caminha durante a quadra natalícia.
A Guarda presenta este martes o seu Plan de mellora da Accesibilidade
Fecha desde el 05 de Diciembre de 2017
hasta el 05 de Diciembre de 2017Martes día 5 de decembro ás 11:30h na casa dos Alonsos
Ampliar contenidoO próximo martes día 5 de decembro ás 11:30h na casa dos Alonsos presentarase o "Plan de mellora da Accesibilidade na Vila da Guarda".
Este plan foi redactado a través de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ao aveiro do plan concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Este documento recolle a situación actual da accesibilidade nas principais rúas do casco urbano, organiza e racioaliza tódalas posibles actuacións nel, integradas por areas de intervencións e prioridade segundo o alcance e viavilidadeda súa execución.
Contempla ademais a valoración da accesibilidade nas praias de Fedorento, Area Grande e O Muíño.
O principal obxectivo do plan é servir de folla de ruta para mellorar a accesibilidade universal na Guarda.
Continúa a programación do Nadal guardés
Fecha desde el 05 de Diciembre de 2017
hasta el 04 de Enero de 2018Unha Axenda que vén cargada de actividades de todo tipo para desfrutar destas datas en familia
Ampliar contenidoComo ven sendo habitual, o Concello da Guarda presentou a nova Axenda de Nadal 2017, que abarca a programación que se poderá desfrutar na Vila durante as próximas semanas e ata o venres 5 de xaneiro.O Nadal guardés comezará oficialmente co acendido do alumeado este martes 5 de decembro, na Praza do Reló ás 20:30 h, nun evento no que contaremos con música, baile, photocall, visita de personaxes infantís e algunha sorpresa máis.
Por tratarse de datas moi sinaladas para os máis cativos, eles son os verdadeiros protagonistas desta Axenda: deixarán aflorar a súa creatividade nos obradoiros de decoración infantís e no concurso de pintura que organiza AGUDE. Pola súa parte, o Centro Cultural abrirá as súas portas para que gocen das tardes co espectáculo "Os fabulosos Cleaners" o mércores 27 de decembro e do "Cinema de Nadal" coa proxección das películas "Vaiana" e "Canta" o xoves 28 de decembro e o mércores 3 de xaneiro, respectivamente. E ademais, os nenos e nenas da Guarda recibirán a visita de Papa Noel de AGUDE o domingo 17 de decembro no Casino-Alameda, da Apalpadora o 30 de decembro na Casa dos Alonso e dos Reis Magos coa tradicional cabalgata o 5 de xaneiro.
Para os adultos e as familias tamén haberá diferentes plans: o sábado 2 de decembro a Papanoelada moteira, organizada polo Concello e AGUDE, percorrerá a Vila para rematar cun chocolate de balde para todos no Porto. Por outro lado, consolídase o teatro para adultos nestas datas, así como as citas musicais da man dos diferentes festivais que se celebrarán ó longo destas semanas (Festival do Nadal da Fundación As Samaritanas, o de Panxoliñas, o do Conservatorio Municipal e o de Pandereteiras), xunto o concerto solidario que a orquestra Panorama ofrecerá a favor das asociacións Conrazones e San Vicente de Paúl, e as mañás de "Música na rúa", acompañadas de chocolatada na Praza de Abastos o 28 de decembro e o 4 de xaneiro. E os avós e avoas da Residencia Santa Trega recibirán ós Reis Magos o xoves 4 de xaneiro pola tarde.
O Concello da Guarda quere agradecer ás diferentes asociacións e colectivos de comerciantes a súa implicación na decoración de Nadal das rúas e prazas, a través da boa acollida da iniciativa "Decora o teu Nadal". Grazas a todos eles, e aos veciños e veciñas que colaboraron, a Vila encherase nestes días cos adornos de Nadal elaborados nos obradoiros e polas propias asociacións.
Este lunes se inaugura un Museo temporal para conmemorar el 50º Aniversario del Atl. Guardés
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2017
hasta el 18 de Diciembre de 2017Solicitamos la colaboración de los ex jugadores/as, entrenadores/as, directivos/as, aficionados/as, que tengan algún recuerdo para exponer, como camisetas, fichas, actas, fotos...
Ampliar contenidoConmemorando el 50 ANIVERSARIO DEL BALONMANO EN A GUARDA, un grupo de antiguos jugadores y aficionados en colaboración con el Mecalia Atl Guardés, van organizar un museo que se inaugura el lunes día 18 a las 20 horas, en la calle Manuel Álvarez 16 (antiguo Foto Flash)En su contenido habrá fotos, fichas, trofeos, camisetas, bufandas, actas de los partidos y demás curiosidades de esos 50 años de balonmano, la exposición durará un mes.
Estará también la copa de liga ganada la temporada anterior, una foto de la plantilla de este año en tamaño natural, donde se puede agregar cualquiera aficionado a dicha foto y un máquina que serigrafía en las prendas el logo del 50 aniversario.
Solicitamos la colaboración de los ex jugadores/as, entrenadores/as, directivos/as, aficionados/as, que tengan algún recuerdo para exponer, como camisetas, fichas, actas, fotos...
Llamar a Carlos tfno. 690.659.870 o a Víctor 667.445.623, todo lo que se entregue irá con una etiqueta indicando quien lo cede y se le devolverá al terminar la exposición.
Curso de apoio a coidadores de persoas maiores en Oia
Fecha desde el 05 de Diciembre de 2017
hasta el 11 de Diciembre de 2017Prazas limitadas e inscripción por Rexistro de entrada do Concello ata o día 11 de decembro
Ampliar contenido- CURSO DE COIDADO E APOIO DE COIDADORES DE PERSOAS MAIORES:
O Concello de Oia organiza un Curso de Coidado e Apoio de coidadores de persoas maiores destinado aos que coidan de persoas maiores con alto nivel de dependencia.
O programa inclúe coñecer os recursos sociais que ofrece a Lei de dependencia, indagar nas situacións persoais e sociais da figura do coidador e dotar de habilidades e recursos para previr o esgotamento emocional.
O curso terá unha duración de 20 horas, será impartido por Cruz Vermella, no Centro cultural de Pedornes, do 11 ao 14 de decembro, en horario de 15.00 a 20.00 horas.
Prazas limitadas e inscripción por Rexistro de entrada do Concello ata o día 11 de decembro
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
