Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • -Cerveira Saudável- 2018 propõe Caminhos de Santiago, trilhos, dança, remo e ação de sensibilização animal

    Fecha desde el 11 de Marzo de 2018
    hasta el 04 de Noviembre de 2018

    Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o -Cerveira Saudável- 2018

    Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o ‘Cerveira Saudável' 2018. Arrojado e mais abrangente, a programação lançada pretende consolidar a promoção de sessões monitorizadas de exercício físico para todas as idades, introduzindo um elemento aliciante: a realização do Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira a Santiago de Compostela, em seis etapas. Participação nas atividades necessita de inscrição online.

    Aliando o desporto ao bem-estar e o convívio à natureza, ao longo dos próximos meses, os fins-de-semana em Vila Nova de Cerveira sugerem uma calendarização diferenciada e apelativa, transversal a todas as idades, numa estreita parceria com coletividades do concelho.

    Para a edição 2018 do ‘Cerveira Saudável', o Município de Vila Nova de Cerveira propõe desde logo uma novidade: a realização do caminho até Santiago de Compostela, em seis etapas, aos segundos domingos de cada mês, com transporte do ponto de partida e o respetivo regresso. A participação tem inscrição obrigatória, com um custo simbólico de 6 euros por etapa, limitada a 50 pessoas. (link para inscrição)

    Da programação constam ainda seis trilhos pedestres que promovem a visita por algumas freguesias do concelho e respetivos pontos de interesse, nomeadamente o ‘Trilho da Gávea', o ‘Trilho Alto Picoito', a Ecopista do Rio Minho, o ‘Trilho Alto da Pena', o ‘Trilho dos Engenhos e dos Folhões', e o ‘Trilho da Carranca' (com almoço vegetariano), para além de uma Caminhada Solidária a Favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro. Está igualmente agendada uma sessão de danças de salão ao ar livre, uma experiência de remo e uma ação de sensibilização de combate à obesidade animal com provas físicas para os animais.

    A primeira atividade arranca já no próximo dia 11 de março e a última acontece no dia 4 de novembro, com interrupção durante o mês de agosto. Todas as atividades do ‘Cerveira Saudável' 2018 realizam-se aos sábados e/ou domingos, sendo solicitado aos interessados que efetuem inscrição através dos links disponibilizados.

    Cerveira Saudável 2018: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSehVSUMHtruVAeBMhlpb89iQGmBo3EHvf2EoHbkZ2fbDaTPpw/viewform

    Caminhos de Santigo de Compostela por etapas:

    https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfo7NqL5fk_GH2WmBZ1v4pTcqsd9-d4MSnhvm0YqVa733sksQ/viewform

    Março

    Dia 11: Caminho de Santiago Cerveira-Tuy (25Kms), 07h30, Junta de Freguesia de Gondarém, 6€

    Dia 25: Trilho da Gávea (14Kms), 09h00, Parque de Estacionamento Praia da Lenta, 3€

     

    Abril

    Dia 8: Caminho de Santiago Tuy- Redondela (2Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 22: Caminhada Solidária a Favor da LPCC, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, 3€

     

    Maio

    Dia 6: Ação de combate à obesidade animal, 09h30, Parque de Lazer do Castelinho

    Dia 13: Caminho de Santiago Redondela-Pontevedra (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 20: Trilho Alto Picoto (9,3Kms), Polidesportivo de Cornes, 3€

     

    Junho:

    Dia 3: Percurso Ecopista do Rio Minho, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, Gratuita

    Dia 10: Caminho de Santiago Pontevedra-Caldas de Rei (23Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

     

    Julho:

    Dia 7: Trilho Alto da Pena (10,8Kms), 21h00, Capela de Nossa Srª da Pena, 3€

    Dia 8: Caminho de Santiago Caldas de Rei-Padrón (19Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

     

    Setembro:

    Dia 9: Caminho de Santiago Padrón-Santiago (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 16: Trilho dos Engenhos e dos Folhões (6Kms), 09h00, Capela do Sr. Dos Esquecidos, 3€

     

    Outubro

    Dia 14: Remo, 09h00, Instalações da ADCJC, Gratuita

    Dia 21: Danças de Salão, 10h30, Terreiro, Gratuita

    Novembro
    Dia 4: Trilho da Carranca (5Kms), com almoço vegetariano, Igreja de Gondarém, Valor a definir

    Ampliar contenido
  • As Festas do Monte 2018 terán lugar do 6 ó 15 de agosto

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2018
    hasta el 15 de Agosto de 2018

    A Guarda vivirá un ano máis a semana grande de festexos coas Festas do Monte 2018, que nesta edición terán lugar do 6 ó 15 de agosto

    A Guarda vivirá un ano máis a semana grande de festexos coas Festas do Monte 2018, que nesta edición terán lugar do 6 ó 15 de agosto.

    As Festas do Monte constitúen un dos festexos de maior repercusión na Comarca do Baixo Miño, milleiros de persoas participan durante unha semana de programación, nas diversas actividades que se realizan, sendo o desfile e o "día do monte" os que congregan unha maior cantidade de visitantes.

    A Asociación O Cancelón ultima xa a programación de festexos, que será anunciada próximamente, así como a posta á venda en 15 días das rifas desta edición, cun premio que será anunciado próximamente.

    A preparación do Libro das Festas do Monte, baixo a coordinación de Celso Fariñas, tamén está en marcha e se agarda que poda estar na rúa a principios do mes de Xuño.

     

     

     

     

     

     


     

     

    Ampliar contenido
  • Derradeiros días de prazo para participar no XII do Certame fotográfico Viaxando

    Fecha desde el 26 de Mayo de 2018
    hasta el 26 de Septiembre de 2018

    Poderá participar mocidade de entre 12 e 35 anos

    O Espazo Xove de Tui e as Oficinas Municipais de Informacion Xuvenil de Gondomar, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal e O Porriño convocan o XII Certame fotográfico VIAXANDO.

    Poderá participar mocidade de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro.
    O prazo para presentar os traballos rematará o 26 de setembro do 2018.
    Concederase un único premio consistente nun curso personalizado de fotografía, a realizar nalgún dos concellos organizadores nos tres meses seguintes do fallo público.

    Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá
    o Espazo Xove de Tui e as OMIX que forman parte deste traballo en rede, inaugurándose oficialmente no Concello de Gondomar.

    As bases foron publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra do día 11 de maio de 2018 e poden consultarse en calquera das entidades organizadoras onde tamén se poderán presentar as fotografías participantes.

    Máis información no Espazo Xove de Tui. R/ Sanz, 28 Teléfono: 886110797

    BASES AQUÍ

    Ampliar contenido
  • Especial - A Guarda presenta a Axenda de Verán 2018

    Fecha desde el 11 de Junio de 2018
    hasta el 31 de Agosto de 2018

    A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

    A Casa dos Alonso acolleu esta mañá a presentación da nova axenda de actividades para o verán 2018 na Guarda. A concelleira de Cultura, María Elena Baz, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foron os encargados de dar a coñecer a completa programación cultural, gastronómica e deportiva da que poderán gozar veciñas, veciños e visitantes dende xuño e ata setembro deste ano.

    Segundo destacou o rexedor local, nesta axenda conflúen os eventos organizados polas distintas asociacións e entidades locais, aquelas impulsadas por institucións provinciais ou autonómicas e as organizadas polo propio Concello. O resultado é, destacou Lomba, «unha intensa programación pensada para satisfacer a todos os públicos» durante a época estival.

    Nesta liña, a edil guardesa valorou positivamente o traballos das distintas asociacións e colectivos que «contribúen a encher unha axenda cultural e de ocio de 4 meses» de duración, cunha oferta variada e de calidade que xa comezou coas tradicionais alfombras florais a pasada fin de semana e continuará este sábado e domingo coas festas parroquiais de San Antonio.

    No eido cultural, Baz destacou os concertos das populares «Noites no Castelo», no que este ano contaremos coas actuacións de Ardentía e Milladoiro (21 de xullo); e a continuidade dos concertos de «Música nas prazas», con tres novas datas para gozar dos mellores grupos locais nos espazos públicos da vila (22 de xuño, 24 de agosto e 7 de setembro).

    Pensando nos máis cativos, a programación inclúe espectáculos infantís e familiares, así como cinema nas rúas, un Campamento Urbano con actividades educativas e de ocio e un Campus Deportivo de Fútbol. Para goce de toda a familia, ademais, continuarán as visitas teatralizadas polo casco antigo da vila, se ben cunha nova posta en escena e guión renovado.

    Segundo adiantou Elena Baz, o 20 de xullo inaugurarase unha nova exposición na Casa dos Alonso dedicada a todos os guardeses e guardesas. Baixo o título «Así somos», a mostra estará formada por fotografías nas que se retrata a vida na vila, con imaxes das súas festas e a cultura propiamente guardesas nas que os protagonistas son os veciños e veciñas.

    No deportivo, Antonio Lomba destacou dúas actividades de nova creación: o Campionato Galego de Balonmán Praia, que se celebrará na praia do Codesal o 14 de xullo; e o I Festival Internacional de Xadrez A Guarda, do 22 ao 30 de setembro.

    A axenda inclúe as festas máis populares e tradicionais da vila como as Festas do Monte (do 6 ao 13 de agosto), a IV Galifornia Beat (4 de agosto) e a a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que ocupará o entorno do Porto durante a primeira fin de semana de xullo (6, 7 e 8 de xullo). Con todo, e segundo engadiron os representantes municipais, compre subliñar a ausencia de celebracións tradicionais como as de San Roque, a Festa da Guía ou a Festa do Avó, aínda coa programación sen pechar.

    A axenda de actividades poderá recollerse dende hoxe mesmo na Casa do Concello, o Centro Cultural, a Estación Marítima e as Oficinas Municipais de Turismo. Ademais, estará dispoñible na páxina web do Concello da Guarda para a súa consulta e descarga.

    Descarga Axenda aquí

       Fotos de Jorge Alonso Daldea
     

      A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

    Ampliar contenido
  • A Festa das Mercedes na Guarda recupera a -Baixada de Carrilanas-

    Fecha desde el 14 de Junio de 2018
    hasta el 30 de Agosto de 2018

    Inscricións abertas no 609 117 835 e 649 638 463

    A Asociación de Veciños e Propietarios O Percamino de A Gándara na Guarda, organiza este ano unha Baixada de Carrilanas, coincidindo coa Festa das Mercedes.

    Este evento, que se celebraba xunto coa programación habitual de festexos, recupérase despois de máis dunha década e terá lugar o sábado 15 de setembro pola tarde.

    Inscricións abertas no 609 117 835 e 649 638 463

     

     

    Ampliar contenido
  • Tomiño propón unha axenda de verán con máis de 50 actividades culturais, deportivas e lúdicas, para todos os públicos

    Fecha desde el 16 de Junio de 2018
    hasta el 30 de Septiembre de 2018

    Medio centenar de accións a celebrar entre os meses de xuño e setembro, e entre os que sobresaen grandes concertos, coma o de SES; xeiras polo patrimonio, teatro, cine e cursos sobre moitos temas

    O Concello de Tomiño vén de publicar unha avultada axenda de verán, con máis de 50 actividades que terán lugar entre os meses de xuño e setembro.
    Os concertos, as xeiras polo patrimonio histórico-artístico, natural e etnográfico, o teatro de rúa, o cine ao aire libre, e os cursos e campamentos de verán, enchen de contido unha axenda que dará moito de si.

    O punto de partida da nova publicación, editada polos departamentos de Cultura, Mocidade, Patrimonio, Deporte e Voluntariado, é o III Simposio de Escultura, organizado con Vila Nova de Cerveira, entre os días 11 e o 30 de xuño.
    A 2ª cita será "Non hai ladrón que por ben non veña"; unha obra da Escola Municipal de Teatro, o domingo 17 de xuño, ás 20.30h no Auditorio de Goián. Entrada libre.

    O día de San Xoan, 24 de xuño, actuará en concerto a Agrupación Musical de Goián, celebrando o seu XX aniversario. Será tamén no auditorio, a partir das 19.30 horas.

    No mes de xullo, chega de novo á Praza do Seixo, o ciclo "O Son da Praza", con concertos e festivais musicais, coma o Barrantes Folk (sábado 14, 22.30h) ou o XXV Encontro dos Pobos (sábado 21. 22.30h). Contra o final de mes, será o Encontro de Bandas de Música de Goián, o que se instale no Espazo Fortaleza de Goián (venres 27, 22.30h), e o sábado 28, chegará o momento máis estelar, co concerto "Readmirando a condición" da cantora coruñesa SES (Praza do Seixo. 22.30h). Todos estes espectáculos, para todo público, serán de balde.

    En agosto, segue a música con "O Son da Praza" e o Galicat Jazz Quartet (domingo 5. 22.30h) e Sonus de Gaia (sábado 11, 22.30h). O venres 24 de agosto volve a banda de Goián con Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián (Praza do Seixo, 22.30h), e rematan o ciclo o Quinteto Rubato e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia (sábado 25, Praza do Seixo, 22.30h), e A banda da loba, cinco mulleres que dan voz a un repertorio musicalizado de poetas célebres (venres 31Praza do Seixo, 22.30h).
    Paralelamente, en xullo e agosto, realizaranse tamén actividades relacionadas ca Aula- Museo Antonio Fernández (exposicións, rutas, certame de pintura ao aire libre, etc.) e co Tomiño Único (visitas guiadas para descubrir o rico patrimonio da zona, por exemplo, o Monte Tetón, as fortalezas, ou o Camiño de Santiago).

    Asemade terán lugar diferentes campamentos e cursos, coa participación do Grupo de Voluntariado Local. E haberá unha serie de actividades especialmente pensadas para os máis pequenos (Érase unha vez a arte, saída fotográfica, cine ao aire libre, etc.) e diversos campus e cursos deportivos, que serán o complemento ideal para a programación cultural. Neste eido destacan os campus de atletismo, rugby e balonmán, que se celebran por 1ª vez.

    En setembro destacan os actos relacionados cos festexos patronais do Alivio, e en outubro e novembro, cursos, obradoiros e xornadas.

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, idades e intereses, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, búscase axudar dende o Concello a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

    Fai clic na imaxe para acceder á Axenda

     

    Ampliar contenido
  • Desfrute do verão em família no Parque Aquático de Cerveira

    Fecha desde el 19 de Junio de 2018
    hasta el 30 de Septiembre de 2018

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funciona de terça-feira a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e 19h30, até 30 de setembro.

    Aliar bons momentos familiares a um ambiente de sol e beleza natural? O Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira já se encontra de portas abertas para refrescar os dias de verão 2018, proporcionando diversão e tranquilidade.

    Inserido no Parque de Lazer do Castelinho, este parque temático, que simula uma réplica do rio Minho com os seus canais, comportas, barragens, jatos e repuxos de água, é um dos espaços prediletos de visitantes oriundos do Norte do país e da vizinha Galiza, principalmente quando o calor aperta.

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funciona de terça-feira a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e 19h30, até 30 de setembro.
    Ampliar contenido
  • Cerveira apresenta verão COOLtural

    Fecha desde el 11 de Junio de 2018
    hasta el 23 de Septiembre de 2018

    Concertos, certames artísticos e tradições prometem atrair o público para um roteiro culturalmente -cool-.

    13 semanas, 13 destaques, vários eventos e um constante frenesim nas ruas. Assim se antevê o verão 2018 na ‘Vila das Artes', palco de uma habitual programação cultural de excelência para todas as idades. Concertos, certames artísticos e tradições prometem atrair o público para um roteiro culturalmente ‘cool'.

    Comemoração é, por diversas razões, a palavra de ordem que se vai estender durante o verão. Além de muitos eventos, Vila Nova de Cerveira tem O evento: a Bienal Internacional de Arte de Cerveira que, este ano, assinala 40 anos de existência com a realização da XX edição, voltando a marcar o calendário nacional de eventos de 10 de agosto a 23 de setembro, sob o tema "Artes Plásticas Tradicionais e Artes Digitais - O Discurso da (Des)ordem", e homenageando Cruzeiro Seixas, um dos máximos expoentes do surrealismo português.

    Até ao final de junho, vive-se arte sem fronteiras, entre a escultura e a dança. Vila Nova de Cerveira e Tomiño estão a dinamizar o III Simpósio Internacional de Escultura do Rio Minho. Ao longo de 20 dias, seis escultores internacionais estão a dar forma a um projeto escultórico, cada um ornamentará um espaço público num dos dois concelhos geminados. A evolução dos trabalhos pode ser acompanhada diariamente no Espaço Fortaleza de Goian (Tomiño).

    Entre 28 de junho e 1 de julho, movimento e boa disposição sobem ao palco da ‘Vila das Artes', com o XIV DANCERVEIRA - Festival Internacional de Dança de Cerveira. Este ano, e como novidades, destaca-se a realização de uma Festa da Espuma, para além dos espetáculos ao ar livre e de formação através de workshops com profissionais.

    O caráter intimista dos concertos de verão de Cerveira volta ao Auditório Municipal com reconhecidas vozes de artistas portugueses. Em julho, as ‘Noites de Fado' propõem Maria Emília que convida Miguel Ramos para o seu espetáculo (21), e Ana Moura (28); e em agosto, o ‘Cerveira Acústica' sugere Paulo Gonzo (dia 11) e Rita Redshoes (25).

    A preservação das tradições também é parte importante neste programa, com as Festas Concelhias em Honra de S. Sebastião (1 a 5 de agosto), o Festival ‘O Mundo a Dançar' traz a Cerveira a África do Sul, Bielorrússia, Colômbia e Buricia (2 de agosto), a Desfolhada Tradicional Minhota (8 de setembro) e as sempre bem-vindas sonoridades filarmónicas com o XIII Festival de Bandas de Música (23 de setembro).

    Mas Cerveira sabe acolher eventos com outros eventos, resultando numa simbiose perfeita. As ruas do centro histórico de Cerveira vão estar ‘vestidas' a preceito, com a arte secular d' ‘Crochet Sai à Rua'. Os trabalhos estão no segredo das artesãs e dezenas de cerveirenses envolvidas no projeto, mas vão certamente surpreender e criar um roteiro imperdível, entre 13 de julho e 30 de setembro. Por sua vez, a viagem à época medieval também vai criar um cenário muito atrativo, com animação a condizer em mais uma Festa da História, subordinada ao tema ‘Rainha Santa Isabel, Rainha Peregrina Jacobeia' (16 a 19 de agosto).

    Perante estas e muitas outras sugestões que integram a agenda cultural para o próximo trimestre, o Município cerveirense deixa o convite para Vi(m)ver Cerveira!
    Ampliar contenido
  • O Clube de lectura xuvenil en Tomiño abre inscricións

    Fecha desde el 30 de Junio de 2018
    hasta el 25 de Agosto de 2018

    As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a: omix@tomino.gal

    O grupo de voluntariado do Concello de Tomiño organiza un CLUB DE LECTURA ADOLESCENTE. A actividade, gratuíta, comezará en breve e terá lugar no Espazo Fortaleza, de Goián, todos os sábados do verán, de 19.00 a 20.30 horas. As persoas participantes recibirán, de balde, o primeiro libro.

    Entre os obxectivos do obradoiro, máis alá de mellorar a comprensión lectora e a lecto-escritura, figura o de que a mocidade reciba ferramentas para unha educación crítica e habilidades para a oratoria.

    As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a: omix@tomino.gal
    Ampliar contenido
  • A Aula Museo Antonio Fernández de Goián acolle este verán actividades para todo público

    Fecha desde el 12 de Julio de 2018
    hasta el 30 de Agosto de 2018

    O interese polo pintor Antonio Fernández converte a Goián durante o verán, en centro de actividades artísticas para todo público

    As actividades culturais de verán da Aula Museo Antonio Fernández, de Goián, vanse consolidando cada ano que pasa. O interese espertado polas visitas aos estudos de artistas locais tomiñeses; as saídas de campo e fotográficas; as exposicións e as charlas sobre arte en xeral para público infantil e adulto, contribuíu á organización, un verán máis, de distintas actividades que veñen a sumarse ao xa tradicional Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, que este ano se celebra o domingo 19 de agosto, en Goián.

    Dentro das actividades programadas para este verán, están as especificamente dirixidas a persoas adultas e outras, para nenos e nenas. Entre as primeiras destaca a Ruta Artes e Oficios. Trátase de visitas gratuítas concertadas con varios dos artistas locais, os xoves 12 e 26 de xullo (Lylilla Pobornikova, Nando Álvarez e Antúnez Pousa) e 9 e 30 de agosto (Pilar Alonso e Xuxo Vázquez) con saída dende a propia Aula-Museo Antonio Fernández, ás 20.30h.

    ÉRASE UNHA VEZ... A ARTE: ARTISTAS DO MUNDO
    Proxecto educativo que nace do convencemento de que a arte, ademais de ser unha parte importante da cultura e tradición, axuda a potenciar a imaxinación na infancia e as relacións interpersoais derivadas do traballo en grupo. Esta actividade, de balde, engloba unha serie de obradoiros que teñen a finalidade de dar a coñecer a vida e obra de persoas artistas destacadas na historia da arte, coma Picasso, Chagall, Kandinsky, Matisse ou Frida Kahlo, entre outras. Na Aula Antonio Fernández (Goián), as mañás dos venres do mes de agosto.

    SAÍDA FOTOGRÁFICA ANTONIO FERNÁNDEZ
    Unha das facetas coñecidas de Antonio Fernández era a de fotógrafo e moitas das imaxes que tomaba eran utilizadas logo como base para o traballo no estudo, no que creaba e remataba a maior parte das súas pinturas. Os nenos e nenas experimentarán a forma de traballar do pintor, escollendo as cousas ou paisaxes que máis lle chamen a atención, percorrendo os mesmos lugares que o artista goianés. Xoves 19 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas, no Forte de San Lourenzo (Goián), para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

    SAÍDA CADERNO DE ARTISTA ANTONIO FERNÁNDEZ
    Unha das pezas máis singulares da Aula Museo Antonio Fernández é o caderno de debuxos de cando o pintor era pequeno; cadernos que sempre empregaría para, por exemplo, realizar bosquexos. Nesta saída, tamén de balde, os nenos e nenas deberán asistir con caderno e lapis para visitar algúns dos lugares favoritos do pintor e debuxar, tentando comprender a súa forma de traballar. Na Aula Antonio Fernández (Goián).


    DESEÑANDO A NOSA EXPOSICIÓN
    Obradoiro dirixido a aqueles nenos e nenas que participaron nalgunha das saídas, fotográfica ou de caderno de campo. A idea é que os propios nenos e nenas sexan capaces de deseñar e montar unha exposición cos traballos realizados, coñecendo dun xeito ameno e divertido todo o proceso que segue ata a inauguración da mostra. Esta estará aberta ao público do 25 ao 31 de agosto, na Aula Antonio Fernández (Goián).

    Ampliar contenido
  • Las quemas agrícolas y forestales estarán prohibidas en el monte durante toda la temporada de alto riesgo de incendios

    Fecha desde el 01 de Julio de 2018
    hasta el 31 de Octubre de 2018

    Este período abarca por primera vez desde lo 1 de julio hasta finales de octubre, aunque se las condiciones meteorológicas lo permiten esta prohibición se podría levantar en el mes del otoño

    La campaña de alto riesgo de incendios forestales comienza mañana en Galicia, domingo 1 de julio, y por primera vez se extenderá hasta el 31 de octubre. Esto conlleva la suspensión sistemática de los permisos de quemas agrícolas y forestales en el monte, si bien es cierto que esta prohibición se podría levantar en el mes de octubre si las condiciones meteorológicas lo permitieran.

    La decisión de extender la temporada de alto riesgo se decidió después de que en los últimos años las condiciones meteorológicas en otoño fueran favorables para la propagación de fuegos. Recordamos que el operativo está ya disponible y a pleno rendimiento, incrementando también la prestación del servicio de los fijos-discontinuos de la Xunta y las brigadas de Seaga y Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses hasta el 31 de octubre.

    Además, a partir de hoy se refuerza el dispositivo establecido en el Plan de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia, Pladiga. Este año, como en las últimas campañas, el dispositivo de verano estará integrado por unos 7.000 efectivos, con 5.700 profesionales de la Xunta, que estarán apoyados por personal del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, del Ejército y de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado y otras entidades locales. Además, se cuenta con una treintena de medios aéreos –entre los propios de la Xunta y los que aporta el Estado– y 360 motobombas de la Administración autonómica, de los ayuntamientos y de los parques de bomberos, a los que se añaden cisternas, palas y otros vehículos.

    La Consellería de Medio Rural pide el máximo compromiso contra los incendios forestales en la lucha contra la actividad delictiva incendiaria, denunciando estas acciones cuando tenga conocimiento de ellas, y recuerda que está a disposición de la ciudadanía el teléfono gratuito 085, al que deben llamar en el caso de detectar un incendio forestal. Asimismo, incidimos en que las personas que se acerquen al monte en estas fechas extremen las precauciones y eviten cualquier práctica que implique riesgo de fuego.

    Ampliar contenido
  • Acigu CCA abre el Parking en el patio del Colegio PP Somascos

    Fecha desde el 01 de Julio de 2018
    hasta el 31 de Agosto de 2018

    Los meses de julio y agosto permanecerá abierto de 9:00 a 21:00 de lunes a viernes y sábados de 09:00 a 14:00 horas.


    La Asociación de Empresarios de A Guarda A GUARDA C.C.A informa que desde el 1 de Julio, se pone en funcionamiento la zona de aparcamiento de A GUARDA CCA situado en el patio del Colegio de los PP. Somascos.


    Los meses de julio y agosto permanecerá abierto de 9:00 a 21:00 de lunes a viernes y sábados de 09:00 a 14:00 horas.


    Todos aquellos clientes que presenten un ticket de compra de cualquier establecimiento asociado al Centro Comercial Abierto A Guarda dispondrán de 15 minutos gratis de aparcamiento.


    Uso de bolsas de Plástico

    Recordamos a todos los comerciantes en general, que hoy entra en Vigor el Real Decreto 293/2018 sobre reducción del consumo de bolsas de plástico y por el que se crea el Registro de Productores.

    Desde esta entidad ya hace meses a llevado a cabo medidas de sensibilización a sus asociados para que este Real Decreto entre sin incidencias, repartiendo información sobre el mismo; así como la cartelería específica, exigida desde el mismo decreto, en la cual se debe informar a los consumidores cual es el coste de la bolsa.

    Coincidiendo con el inicio de la nueva campaña de Rebajas, el Centro Comercial Aberto de A Guarda está repartiendo entre los establecimientos asociados un recordatorio de la normativa vigente en materia de Rebajas, así como la cartelería específica de inicio y remate de las mismas, que deben ser expuestas en los establecimientos.

    Ampliar contenido
  • A Biblioteca Municipal da Guarda ofrece Mochilas Viaxeiras no verán

    Fecha desde el 04 de Julio de 2018
    hasta el 30 de Septiembre de 2018

    A Biblioteca Municipal da Guarda acompaña aos lectores coas Mochilas Viaxeiras durante os meses de xullo, agosto e setembro.

    A Biblioteca Municipal da Guarda acompaña aos lectores coas Mochilas Viaxeiras durante os meses de xullo, agosto e setembro.

    As persoas que así o desexen, poden achegarse á Biblioteca e levar en préstamo unha mochila cun número máximo de dez libros a escoller por eles mesmos durante un prazo dun mes. Cada mochila leva unha libreta para anotar opinións.

    Esta actividade ten como finalidade crear hábitos lectores, fomentar a lectura en familia e o diálogo coa posibilidade de expresar e compartir as súas experiencias sobre o material prestado.

    Máis información na Biblioteca Municipal da Guarda, nas súas instalacións no 1º andar do Centro Cultural, en horario de Luns a Venres de 10:00h a 13:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

    Ampliar contenido
  • Este xoves comezan as visitas teatralizadas na Guarda

    Fecha desde el 05 de Julio de 2018
    hasta el 30 de Agosto de 2018

    Este xoves día 5 de xullo, comeza na vila da Guarda a programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente os xoves ás 21:00h na Prazado Reló

    Este xoves día 5 de xullo, comeza na vila da Guarda a programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente os xoves ás 21:00h durante todo o verán ata o 30 de agosto, agás os xoves 19 de xullo e 9 de agosto.

    Baixo o concepto "De alén do mar para A Guarda" e enmarcado nas conmemoracións do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, as visitas teatralizadas deste verán toman coma fonte o libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico", obra do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez.

    Esta actividade pretende amosar a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado. As visitas realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorrerán o centro histórico, comezando ás 21.00h. na Praza do Reló, e seguindo pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda.

    Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, darán vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1918. Nese momento, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro do municipio.

    A través deste fío condutor, a compañía fai unha intensa labor de contar como foi o proceso da creación desta xunta organizadora en Puerto Rico. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais, que variarán cada xoves.

    Todos estes ingredientes fan desta actividade unha proposta diferente, divertida e que promete ser participativa. É por iso que dende o Concello da Guarda esperamos que guste tanto á poboación local como ós visitantes que se achegan nesta época.
    Ampliar contenido
  • A Asociación de Persoas Maiores do Rosal organiza unha Excursión á Illa de Arousa

    Fecha desde el 06 de Julio de 2018
    hasta el 21 de Agosto de 2018

    Inscricións ata o 21 de agosto no Centro Social os martes de 15.30 a 17.30

    A asociación de Persoas Maiores do Rosal organiza a través da Diputación de Pontevedra unha excursión á Illa de Arousa: Illa da Toxa, paseo en barco por la ría de Arousa (con degustación), O Grove, Museo de la Salazón y paseo por la zona, y yacimiento de A Lanzada
    O día 8 de setembro
    Hora de saída: 9.00 na Praza do Calvario
    Prezo 12€/persoa con todo incluído
    Inscricións ata o 21 de agosto no Centro Social os martes de 15.30 a 17.30 (Traer número de DNI e teléfono de contacto senón non podemos anotar).
    Poden anotarse tódalas persoas interesadas sexan socias ou non.
    Ampliar contenido
  • Cinema de Verán ao aire libre na Guarda

    Fecha desde el 11 de Julio de 2018
    hasta el 17 de Agosto de 2018

    A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrarase na Praza do Reló do municipio con 3 sesións de cinema para todos os públicos.

    A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrarase na Praza do Reló do municipio con 3 sesións de cinema para todos os públicos.

    A primeira cita celebrarase o vindeiro mércores día 11 de xullo ás 22:30h coa proxección de "Un Italiano en Noruega", unha das películas máis "taquilleiras" en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores.

    A seguinte cita terá lugar o Mércores 1 de agosto ás 22:00h coa proxección de La La Land, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50´s, e o Venres 17 de agosto ás 22:00h coa proxección de "Bebé Jefazo", unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.

    Dende a Concellería de Cultura anímase a todos os veciños e visitantes a gozar destas proxeccións ao aire libre na Praza do Reló.

    Ampliar contenido
  • Exposición -Amigos do Mar- na Guarda

    Fecha desde el 17 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañan os días domingo e festivos de 10 a 1 e tódolos días de 19 a 22,00 horas.

    Despois de haber dado inicio fai xa varios meses a campaña de recollida polas casas de homes e mulleres vinculados o mar, acadando un gran éxito, pola cantidade de utensilios náuticos e artes pesqueiras recollidas, unhas donadas e outras en depósito, campaña que continua vixente, encontrándose unha parte destes materiais en Exposición no Museo de Póvoa do Varzim, destacando, fundamentalmente todo aquelo vinculado as marcas, redes, aparellos, imáxenes mariñeiras, etc., e a súa similitude cas daquela vila e de outras localidades, dita Exposición estará nas dependencias museísticas da Póvoa ata mediados de setembro, cando se trasladará o noso pobo, para ser inaugurada o día 22 de dito mes.

    Dende a Asociación de Embarcacións Tradicionais "PIUEIRO", acordouse levar unha Mostra-Exposición, que pretende ter continuidade no tempo, instalada no local dos antiguos Efectos Navales "Guadalupe", que foi aberta ao público en xeral, o pasado venres día 13 de xullo e na que falou Agustín Ferreira Lorenzo de ANABAM sobre as marcas mariñeiras e a continuidade dos traballos de identificación e recopilación que nesta área levan desenbolvendo dende fai anos, e a que se incorporará PIUEIRO como colaborador do mesmo, para que máis pronto que tarde, se plasme nunha publicación.

    Con esta Mostra, "PIUEIRO", quere darlle as grazas a todos aqueles que teñen colaborado nesta campaña para salvar unha parte da historia do "noso mar" e manter presente dunha das actividades laborais e económicas que máis incidiron e segue tendo influencia no desenvolvemento de A Guarda.

    Dita Mostra-Exposición, denominada "AMIGOS DO MAR", estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañan os días domingo e festivos de 10:00h a 13:00h e tódolos días de 19:00h a 22:00h.
    Ampliar contenido
  • A Exposición -Así Somos- dende este venres na Casa dos Alonso da Guarda

    Fecha desde el 20 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12 a 14 h. e de 19 a 22 h. e domingos e festivos de 12 a 14 h.

    O departamento de cultura do concello da Guarda inaugura este venres 20 de xullo a exposición "Así Somos" na Casa dos Alonso da Guarda, ás 21:00 h. Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12 a 14 h. e de 19 a 22 h. e domingos e festivos de 12 a 14 h.

    A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre o 2014 e 2018 onde se mostra o día a día dos veciños da vila. Os nosos oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as nosas festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conforman o espiritu da proposta.

    Unha representación costumista e popular a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.

    A mostra é unha cita ineludible para os amantes da fotografía durante esta temporada estival.

    Ampliar contenido
  • Este venres inaugúrase na Guarda a Exposición fotográfica -Así Somos-

    Fecha desde el 20 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e domingos e festivos de 12:00h a 14:00h.

    A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle este venres día 20 de xullo ás 21:00h a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.

    Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e domingos e festivos de 12:00h a 14:00h.

    A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila, os seus oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conforman o espírito desta proposta.

    Unha representación costumista e popular, a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.

    A mostra é unha cita ineludible para os amantes da fotografía durante esta temporada estival na Guarda.

    Ampliar contenido
  • Aberto prazo de inscricións para o Obradoiro de Mindfulness nas instalacións de Érguete Baixo Miño

    Fecha desde el 24 de Julio de 2018
    hasta el 24 de Agosto de 2018

    Trátase dun programa dirixido preferentemente ás mulleres, coa finalidade de mellorar a súa formación básica na Comunidade e favorecer deste xeito as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias.

    A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o vindeiro martes, 24 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para o Obradoiro de Mindfulness (para un maior benestar e mellor calidade de vida) subvencionado pola Deputación de Pontevedra no programa Conectadas do Servizo de Igualdade e dentro das accións que a Asociación realiza de prevención e de promoción e educación para a saúde.

    Trátase dun programa dirixido preferentemente ás mulleres, coa finalidade de mellorar a súa formación básica na Comunidade e favorecer deste xeito as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias. As prazas son limitadas e reservarase un 25% das mesmas para os homes.
    O obradoiro dará comezo o mércores, 5 de setembro ata o 26 de decembro en horario de tarde de 18.00 a 20.00h cun prezo total de 6€.

    Algúns dos obxectivos que persegue o Mindfulness son por exemplo o de coñecer técnicas de respiración, relaxación e meditación, aprender a conectar e a gozar do presente, a xestionar as emocións, así como a sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

    As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben deixando os datos no email info@erguete.org.

    Érguete Baixo Miño emprega técnicas de igualdade de maneira transversal en todas as accións e programas que realiza, na procura de conseguir unha plena igualdade de condicións para mulleres e homes.
    Ampliar contenido
  • A Guarda ofrece visitas guiadas regulares e gratuítas ao Monte Santa Trega ata finais de agosto

    Fecha desde el 28 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Nesta tempada estival as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferente

    Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Nesta tempada estival as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferentes percorridos.

    Polo tanto, as fins de semana ata finais de agosto, agás o día 12, que pola celebración do Día do Monte das Festas do Monte non se realizará visita, poderase coñecer o Monte Santa Trega acompañado dun guía.

    Aquelas persoas que desexen realizar unha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis polo miúdo o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderán participar nas saídas ás 12:30 h e ás 17:00 h do Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT. Dende alí, as e os participantes coñecerán as pezas expostas no museo e continuarán coa visita a ermida de Santa Trega para despois baixar polo sendeiro do Vía Crucis ata o Castro de Santa Trega onde se explicarán os contidos arqueolóxicos deste espazo escavado. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.

    Ademais ás 11:30 ofrecerase a oportunidade de realizar unas visitas guiadas centradas unicamente no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración.

    As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que o taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos. Os grupos formados por máis de 10 persoas deberán reservar a súa visita previamente chamando ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (986 610 504).

    Ampliar contenido
  • Arranca a programación das Festas do Monte 2018 na Guarda

    Fecha desde el 04 de Agosto de 2018
    hasta el 15 de Agosto de 2018

    A Guarda acolle do 6 ao 15 de agosto as Festas do Monte , unhas Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia

    A Guarda acolle do 6 ao 15 de agosto as Festas do Monte , unhas Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis, cunha ampla programación de actividades, destacando as noites de verbenas, as actividades deportivas e culturais, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras e o Domingo do Monte.

    As Festas do Monte están organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón e o Concello da Guarda, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra dunha boa representación das Asociacións Culturais e Deportivas da Vila, participando activamente en diferentes actividades da programación.

    A vila da Guarda énchese de visitantes, atraídos pola ampla programación de actividades e as noites de música nas verbenas da Alameda da Guarda, que este ano contará coas actuacións das orquestras e grupos musicais Jonhy Maquinaria, California, Finisterre, Ritmo Noche, Tango, Garibaldi, Passarela, América, Europea, Azúcar, Cibeles, Los Gemas , Edgar Bao(La Voz Kids), Caramelo e Ámbar.

    O Desfile Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras un dos actos que congrega a unha maior cantidade de público e asistentes, participando no mesmo ao redor de 3000 persoas, entre grupos musicais, treboadas, particulares e as Bandas Mariñeiras.

    O día principal é sen dúbida o Domingo do Monte cando máis de 10.000 persoas se congregan no Monte de Santa Trega para participar nun xantar popular e realizar a xura con viño nas Bandas Mariñeiras, un espectáculo de lecer para a nosa vila, cheo do colorido das vestimentas propias de cada Banda Mariñeira, que ao son dos bombos, caixas, gaitas e pandeiretas, amenizan esta gran xornada, cada unha co seu característico son, a xornada remata coa Desfeita na Baixada do Monte ata o Parque do Cancelón e posteriormente ata a Alameda e Rúa Galicia.

    No apartado deportivo destacan o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña, as Carreiras Pedestres ou a Marcha Cicloturista Popular.

    Programación por días:

    04/08/18

    SABADO

    AS 18:00H. TROFEO FESTAS DO MONTE DE HOCKEY LIÑA (SENIOR e INFANTIL)  Pabellón de solanas


    06/08/18

    LUNS

    POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

    AS 20:00 HORAS PREGON FESTAS DO MONTE  NO AUDITORIO DE SAN BIEITO A CARGO  DE D. JOAQUIN CADILLA CASTRO (presidente da Asociación o Piueiro)

    22:30 VERBENA : JOHNNY MAQUINARIA// CALIFORNIA   

    07/08/18

    MARTES

    POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

    A PARTIR DAS 11:30H ACTIVIDADES PARA NENOS, NA ALAMEDA DA GUARDA

    FUTBOL INFANTIL . Este ano non se celebrara por estar o estadio municipal en obras.

    22:30H VERBENA :  FINISTERRE// RITMO NOCHE

    08/08/18

    MERCORES

    POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

    AS 17:00H. MARCHA CICLOTURISTA POPULAR CON SAIDA E CHEGADA A ALAMEDA  (uso obligatorio de casco)

    21:30h. FESTIVAL  DE ACORDEONS, NA IGREXA PARROQUIAL.

    22:30H VERBENA : TANGO  // GARIBALDI     

    AS 23:00H. XIV ROCK IN FERVENZA NA ZONA DO AS DE COPAS (ORGANIZA A FERVENZA TINTA)

    09/08/18

    XOVES

    POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

    AS 16:00H. XVIII CAMPIONATO EXHIBICION DE AXADREZ AO AIRE LIBRE NA ALAMEDA

     (organiza club Axadrez Albatros)

    22:30H VERBENA :   PASSARELA//  AMERICA

    10/08/18

    VENRES

    POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

    AS 11:00H. NO AUDITORIO DE SAN BIEITO, TIRO CON ARCO(para nenos de 6 a 14 anos), KIN-BALL (a partir de 11 anos, mínimo 12 pers.), MINI TORNEO FUTTOC (individual ou por parellas, a partir de 12 anos) ORGANIZA DEOTIUM, EMPRESA DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

    AS 19:00H. CARREIRAS PEDESTRES POPULARES NA ALAMEDA DA GUARDA

     INSCRICIÓN: trega@trega.es

     INFORMACION : www.trega.es

     

    22:30H VERBENA :  EUROPEA // AZUCAR 

    11/08/18

    SABADO

    12:00H. DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL E DAS BANDAS MARIÑEIRAS

    22:30H VERBENA : CIBELES // LOS GESMAS E  A ACTUACION DE EDGAR BAO (La Voz Kids)                                

     

    12/08/18

    DOMINGO

    SUBIDA O MONTE DAS BANDAS MARIÑEIRAS DURANTE A MAÑAN

    21:30H BAILE VERBENA : CARAMELO//AMBAR

     

    13/08/18

    LUNS

    24:00h TIRADA DE FOGOS DE LUCERIA NO PORTO DA GUARDA

    ORGANIZA:  CONCELLO DA GUARDA  E COLABORA COMISIÓN DE FESTAS

     

     A Guarda acolle do 6 ao 15 de agosto as Festas do Monte , unhas Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis, cunha ampla programación de actividades, destacando as noites de verbenas, as actividades deportivas e culturais, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras e o Domingo do Monte.

    Ampliar contenido
  • A exposición fotográfica ?Trieb- inaugúrase na Guarda o 7 de agosto

    Fecha desde el 07 de Agosto de 2018
    hasta el 18 de Agosto de 2018

    A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle dende o venres 7 de agosto e ata o 18 de agosto a Exposición de fotografía -Trieb-, da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz.

    A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle dende o martes 7 de agosto e ata o 18 de agosto a Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz.

    Jesús Rodríguez Ortíz é un médico-pediatra descendente de familia guardesa nado en Bilbao e é un apaixonado da fotografía, participando en varios concursos, publicacións, libros e mesmo na Revista National Geographic, cunha fotografía do Museo Guggenheim de Bilbao.

    Forma parte do CCC Centro de Fotografía Contemporánea de Bilbao, onde acadou un novo obxectivo na súa obra fotográfica, expresar a través das fotografías a sensación persoal de como se ven as cousas que nos rodean.

    O título desta exposición «Trieb», ven dun impulso, dunha mirada, aquela mirada da despedida do seu pai antes de falecer.

    Nesta mostra fotográfica, cun total de 18 fotografías, 14 delas en tamaño 20x30, amósase a través de imaxes en branco e negro a súa maneira de expresar as cousas con lugares da vila da Guarda. Ademais, os visitantes que se acheguen a esta exposición, poderán desfrutar dun portaretratos moi especial, feito en madeira polo seu avó, unha herdanza familiar.

    A exposición se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

    Ampliar contenido
  • Anuncio de licitación rehabilitación antiguas viviendas de maestros para destinar al alquiler social en Oia

    Fecha desde el 04 de Agosto de 2018
    hasta el 22 de Agosto de 2018

    Anuncio de licitación rehabilitación antiguas viviendas de maestros para destinar al alquiler social en Oia

    Valor estimado del contrato: 82.762,12 EUR.
    Importe: 100.142,17 EUR.
    Importe (sin impuestos): 82.762,12 EUR.
    Plazo de Ejecución: 8 Mes(es)

    Tipo de Contrato: Obras

    Subtipo: Construcción
    Clasificación CPV: 45211100 - Trabajos de construcción para viviendas.

    Proceso de Licitación
    Procedimiento: Abierto simplificado
    Tramitación: Ordinaria
    Presentación de la oferta: Manual
    Contrato cubierto por el Acuerdo sobre Contratación Pública (ACP) : No
    Reducción de candidatos en fases sucesivas : No
    Idioma de Presentación de Oferta
    Español
    Gallego 

    Entidad Adjudicadora
    Alcaldía del Ayuntamiento de Oia
    Tipo de Administración: Administración Local
    Actividad Principal: 22 - Servicios de Carácter General
    Tipo de Entidad Adjudicadora: Órgano de Contratación
    Sitio Web: http://www.concellodeoia.es 

    Detalle de la Licitación:
    https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=kVK3ZPNrbt1vYnTkQN0%2FZA%3D%3D  

    Dirección Postal: Vista Alegre 3 (36794)  Oia España
    ES114
    Contacto
    Teléfono 986362125
    Fax 986362268
    Correo Electrónico secretaria@concellodeoia.es

    Proveedor de Pliegos
    Alcaldía del Ayuntamiento de Oia
    Plazo de Obtención de Pliegos
    Hasta el 22/08/2018 a las 13:03 

    Proveedor de Información adicional
    Alcaldía del Ayuntamiento de Oia
    Dirección Postal
    Vista Alegre (336794) Oia España 

    Recepción de Ofertas
    Alcaldía del Ayuntamiento de Oia
    Dirección Postal
    Vista Alegre 3
    (36794) Oia España
    Plazo de Presentación de Oferta
    Hasta el 23/08/2018 a las 13:04 

    Apertura de Ofertas Económicas y Documentación
    Apertura de Ofertas Económicas
    APERTURA PLICAS
    Apertura sobre oferta económica
    El día 30/08/2018 a las 12:00 horas
    la mesa de contratación abrirá los sobres B Y C en
    sesión pública
    Lugar
    Oia concello
    Dirección Postal
    vista alegre 3
    (36794) oia España
    Tipo de Acto : Público
    Subasta electrónica
    Se adjudicará mediante subasta electrónica: No

    Objeto del Contrato: rehabilitación antiguas viviendas de maestros para destinar al alquiler social
    Valor estimado del contrato 82.762,12 EUR.
    Presupuesto base de licitación
    Importe 100.142,17 EUR.
    Importe (sin impuestos) 82.762,12 EUR.
    Clasificación CPV
    45211100 - Trabajos de construcción para viviendas.
    Plazo de Ejecución
    8 Mes(es)
    Lugar de ejecución
    Subentidad Nacional Pontevedra
    Código de Subentidad Territorial ES114
    Dirección Postal
    España

    Condiciones de Licitación
    Garantía Requerida Definitiva
    Porcentaje 5 %
    Requisitos de participación de los licitadores
    Condiciones de admisión
    Capacidad de obrar - artigo 65 e seguintes da Lei 9/2017


    Criterio de Solvencia Técnica-Profesional
    Trabajos realizados - Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución; estes certificados indicarán o importe, as datas eo lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron según as reglas polas que se rixe a profesión e se levaron normalmente a bo término; no seu caso, ditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.


    Criterio de Solvencia Económica-Financiera
    Cifra anual de negocio - O criterio para a acreditación da solvencia económica e financeira será o volume anual de negocios do licitador ou candidato, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser ao menos unha vez e media o valor estimado do contrato cando a súa duración non sexa superior a un ano, e ó menos unha vez e media o valor anual medio do contrato se a súa duración é superior a un ano. O volume anual de negocios do licitador ou
    candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivera inscrito en dito rexistro, e en caso contrario polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil ( artigo 87.3 a) da Lei 9/2017).


    Condiciones de adjudicación
    Criterios de Adjudicación
    Criterios evaluables mediante aplicación de fórmulas
    MEJORAS.

    Subtipo Criterio : Otros
    Ponderación : 30
    Expresión de evaluación : admitiránse melloras ofertadas polos licitadores, cunha puntuación máxima de 30 puntos, sempre que se refiran aos seguintes capítulos, debendo especificarse en cada apartado o precio da mellora ofertada, desglosado ( base impoñible e ive) Alicatado paredes: admitiráse a mellora do alicatado previsto para as paredes, podendo variar formato e acabados. Precio máximo admisible: 15,00 € / m2 ( coste de material, antes de colocación e sen impostos). A puntuación máxima neste apartado son 15 puntos que se darán ao contratista que oferte o valor máximo de melloras, calculándose a puntuación dos restantes licitadores en proporción. Solado de plaqueta porcelánica o similar: admitiráse a mellora do material previsto para o solado, podendo variar formato, e acabados. Precio máximo admisible: 20,00 €/m2( coste de material, antes de colocación e sen impostos). Admitirase tamén a proposta de solado de tarima flotante, cos seus correspondentes rodapies. Precio máximo admisible: 40,00 €/m2 ( coste de material, antes de colocación e sen impostos-incluindo manta aislante e rodapies) A puntuación máxima neste apartado son 15 puntos que se darán ao contratista que oferte o valor máximo de melloras, calculándose a puntuación dos restantes licitadores en proporción.

    PLAZO GARANTIA
    Subtipo Criterio : Otros
    Ponderación : 20
    Expresión de evaluación : 20 x ( oferta licitador/mejor oferta)
    PRECIO
    Subtipo Criterio : Precio
    Ponderación : 10
    Expresión de evaluación : Puntuación= 10 x ( mellor oferta/oferta licitador) 

    Proceso de Licitación
    Subasta electrónica
    Se adjudicará mediante subasta electrónica: No 

    Ampliar contenido
  • A exposición -Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar- amplía a súa estadía na guarda ata o 7 de setembro

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2018
    hasta el 07 de Septiembre de 2018

    A mostra, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, mostra as distintas facetas do traballo feminino no ámbito marítimo

    A exposición "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" prorroga a súa estancia no Museo do Mar da Guarda ata o 7 de setembro. Grazas a esta mostra promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas todos os días da semana.

    "Sustentabilidade en feminino" chegou á vila do Baixo Miño en xuño despois do seu paso polo Campus de Ourense, de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último no que xurdiu a idea, da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

    A mostra, que pode verse no Museo do Mar da Guarda está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as futuras persoas profesionais e científicas.

    Ampliar contenido
  • A Exposición ?As achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar- amplía o seu calendario ata o 7 de setembro

    Fecha desde el 10 de Agosto de 2018
    hasta el 07 de Septiembre de 2018

    Todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

    A exposición "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" prorroga a súa estancia no Museo do Mar da Guarda ata o 7 de setembro. Grazas a esta mostra promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

    "Sustentabilidade en feminino" chegou á vila do Baixo Miño en xuño despois do seu paso polo Campus de Ourense, de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último no que xurdiu a idea, da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

    A mostra, que pode verse no Museo do Mar da Guarda está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as futuras persoas profesionais e científicas.

    Ampliar contenido
  • El #Obxectivo1000socios del Acanor Atl. Novás, bien encaminado

    Fecha desde el 10 de Agosto de 2018
    hasta el 18 de Agosto de 2018

    El club se muestra satisfecho con la primera semana de venta de abonos.

    Superada la primera semana de retirada de renovaciones y de nuevas altas, al directiva se muestra "muy contenta" con la acogida de la campaña que tiene como objetivo alcanzar los mil socios y seguir siendo la entidad deportiva de referencia en O Baixo Miño.

    La info completa de la campaña se puede encontrar en la web del club (www.atleticonovas.com ).

    También comienza este lunes la segunda semana de entrenamiento, en la que no habrá descanso. Después de entrenar a doble jornada de lunes a jueves, el viernes el entrenador dio descanso a los jugadores, en las que tres de ellos ya eran baja al disputar el Campeonato de España de balonmano playa de Laredo (Pedro Iglesias, Carles Asensio y Andrés Vila).

    El viernes el primer equipo jugará en O Porriño a las 20:30h el primer amistoso de pretemporada ante el Condes de Albarei Teucro), y en esa misma pista, el filial, que comienza su pretemporada esta semana, también disputará un amistoso a las 19:00h contra el Balonmán Porriño.

    El XX Trofeo Concello de O Rosal, presentado oficialmente.

    Uno de los torneos de mayor tirada a nivel nacional, cumple veinte años y reunirá en O Rosal a un clásico de este torneo, el Frigorificos do Morrazo (ASOBAL), al otro gallego de la categoría de Plata, Cisne Los Sauces (DHP) y a uno de los aspirantes al ascenso a DHP, el Construcciones Castro Lavadores (Primera Nacional) reforzado con jugadores procedentes de categorías superiores.

    Al programa se le une por segundo año consecutivo, la organización de un clinic gratuito enfocado a los entrenadores.
    Ampliar contenido
  • Salcidos segue a recuperar a súa historia a través das fotografías dos seus veciños

    Fecha desde el 10 de Agosto de 2018
    hasta el 19 de Agosto de 2018

    V exposición fotográfica Salcidos En blanco y negro

    Un ano mais, coincidindo coas da parroquia de Salcidos na Honra de San Lorenzo e San Roque, na Guarda, volvemos a ofrecer a súas xa tradicional exposición "SALCIDOS EN BLANCO Y NEGRO", que este ano chega a súa 5ª edición, e que ven precedida da exitosa publicación que veu a luz nas navidades pasadas.

    Será una ano máis punto de encontro e visita obrigada, tanto dos veciños da parroquia como daqueles que teñen nela as súas raíces, ou queren recordar vellos tempos facendo un percorrido amplo e detallado das Xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado. A mostra conta con máis de 600 fotografías, todas eles en gran formato e con melloras importantes este ano, tanto de diferentes imaxes como no formato de presentación, que recollen xentes, escenas populares, paisaxes e a historia dunha parroquia. As fotografías contan con pés de paxina que explican a data, o lugar e moitas das xentes que aparecen, unha labor desenvolvida o longo de moitos meses polo grupo do Facebook "Salcidos en Blanco y Negro" onde os seus participantes levan un frenético ritmo de recoñecemento, pero tamén desfrute, dalgunhas das fotos coas que contará a Exposición, labor que tamén queremos agradecer.

    Este ano, e gracias a importante colabora de Pepe Buraco e de Vitoriano de Saladina, poderemos desfrutar dun especial das telleiras, con interesantes fotos e ferramenta dun oficio itinerante ancestral que posiblemente tivo a súa orixe na nosa parroquia, algo que sempre nos gustou por en valor.

    O lugar da exposición, coma todos los anos, será o Salón Parroquial de Salcidos e a apertura de portas será este venres día 10 as 11 da mañá, coincidindo coa festividade do patrón da nosa parroquia, San Lorenzo, volvendo a abrir a partir das 7 en horario de tarde. A seguinte semana abrirá dende o 15 ata o 19.

    Aproveitamos esta oportunidade agradecen a participación de todo o pobo neste fermoso evento e invitan o resto dos veciños a sumarse e compartir nesta fermosa tarefa que é recordar o noso pasado, xa que está en preparación unha nova publicación para dar cabida a todo o que quedou no tinteiro...
    Ampliar contenido
  • Festas de Valença e da Senhora do Faro: 6 Dias de Diversão

    Fecha desde el 10 de Agosto de 2018
    hasta el 15 de Agosto de 2018

    Valença promove as Festas do Concelho, em honra da Senhora do Faro, entre 10 e 15 de Agosto, no recinto do antigo Campo da Feira, próximo da Fortaleza.

    Valença promove as Festas do Concelho, em honra da Senhora do Faro, entre 10 e 15 de Agosto, no recinto do antigo Campo da Feira, próximo da Fortaleza. Cortejo Etnográfico, artistas de renome nacional, música popular, diversões e Peregrinação ao Faro destacam-se em 6 dias de muita animação em Valença.

    10 de agosto
    10 de agosto, sexta-feira, os festejos começam com a atuação dos valencianos Grupo de Cordas 6tàs9 e do tributo aos Pink Floyd a cargo dos Dark Side Project.
    11 de agosto
    11 de agosto, sábado, os festejos começam com as arruadas de bombos. Durante a tarde decorrerá o Troféu Cidade de Valença, no Estádio Dr. Lourenço Raimundo, colocando frente a frente o SC Valenciano e o Leixões SC. Para as 18h está programada, mais uma edição do Summer Party Fortaleza, na rua da Oliveira. A noite será animada pela orquestra Kubo e por um espetáculo de fogo piro musical.
    12 de agosto
    12 de agosto, domingo, as ruas da cidade serão percorridas por arruadas de bombos. A etnografia, a história e a cultura valenciana estarão em destaque a partir das 17h30, com um Cortejo Etnográfico que contará com carros alegóricos e centenas de figurantes. O cortejo começará no Pavilhão Municipal e percorrerá as avenidas centrais da cidade. Segue-se um festival folclórico. A noite será animada por João Lucas & Marcelo, rematando com um espetáculo de djs Remember dos anos 70, 80 e 90.
    13 de agosto
    A noite de segunda-feira, 13 de agosto, será animada pelos grupos Fulano X e Metáfora.
    14 de agosto
    14 de agosto, terça-feira, a noite começa com os The Oafs, segue-se o Tributo a Michael Jackson e remata com dj's.
    15 de agosto
    A 15 de Agosto realiza-se a tradicional peregrinação à Senhora do Faro, desde a Igreja de Santo Estêvão, em Valença, até ao alto do Monte do Faro, com saída às 8h00. Centenas de peregrinos acompanham esta emblemática peregrinação a pé, durante 7,5 km's.
    Os festejos são uma iniciativa da Comissão de Festas do Concelho e contam com o apoio da Câmara Municipal de Valença, comércio e industria local, juntas de freguesia e associações do concelho.
    Ampliar contenido
  • O Concello celebra a sexta edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández

    Fecha desde el 09 de Agosto de 2018
    hasta el 19 de Agosto de 2018

    As inscricións, poden realizarse de forma telemática, na web municipal, ou ben, presencial, o mesmo día do concurso

    Este domingo, 19 de agosto, terá lugar o VI Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández; unha cita cultural, organizada polo Concello de Tomiño, á que asisten moitos artistas da comarca e doutros puntos de Galicia, para pintar na contorna do Espazo Fortaleza e resto da parroquia de Goián.

    A inscrición segue aberta. Nesta sexta edición poden participar todas as persoas que o desexen, a partir dos 18 anos de idade. Totalmente gratuíta, pode realizarse telematicamente (http://tomino.gal/inscricion-de-actividades-de-arte-e-patrimonio) até o día venres 17 de agosto, ou ben, presencialmente, o mesmo día do certame, na Aula-Museo Antonio Fernández, de Goián (situada na Avenida Ordóñez, a carón da praza), entre as 9.30 e 11.30 horas.

    O certame comezará entre ás 9.30 e as 11.30 horas do día 19 de agosto, na devandita aula-museo. Alí a organización procederá a selar e numerar os soportes das obras e dar as directrices precisas aos artistas participantes.

    O xurado, composto por personalidades vencelladas ao mundo das artes e membros das entidades patrocinadoras, reunirase a partir das 19 horas para emitir o seu fallo media hora despois.

     

    Os premios establecidos, patrocinados polo Concello e a Comunidade de Montes de Goián, son tres: 1º Premio - 1000€   ·   2º Premio - 500€   ·   3º Premio - 500€

     As obras premiadas e tamén as demais realizadas dentro do certame, serán expostas no Mercado Municipal entre o 21 e o 31 de agosto, para que poidan ser visitadas por toda a veciñanza.

    Na pasada edición participaron 43 persoas que ocuparon para realizar a súa pintura, diversos enclaves da contorna de Goián, moitos deles preto da ribeira do Miño.

    Para máis información, pódense consultar as bases do concurso na páxina Web do Concello de Tomiño (http://tomino.gal/certame-pintura), ou ben, chamar ao Departamento de Cultura (986 62 20 01/03).

    Ampliar contenido
  • VI Festa Degustación do Mexilón o 14 e 15 de agosto na Guarda

    Fecha desde el 14 de Agosto de 2018
    hasta el 15 de Agosto de 2018

    Martes 14 e mércores 15 de agosto na Alameda da Guarda

    A Alameda da Guarda acolle o martes 14 e mércores 15 de agosto a VI edición da Festa degustación do Mexilón - Festas do Monte 2018, un evento organizado pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón, coa colaboración do Concello da Guarda, a Confraría de Pescadores Santa Tecla e a Deputación de Pontevedra.

    Nesta edición poderase degustar mexilóns berberechos, empanada, pementos de padrón, zorza, ourella, chourizos...

    Horario:

    Martes 14: de 20:00h a 00:00h

    Mércores 15: a partires das 11:00h

    Ampliar contenido
  • -Coñece Tui co seu alcalde- título das tres visitas guiadas que guiará o rexedor tudense

    Fecha desde el 12 de Agosto de 2018
    hasta el 14 de Agosto de 2018

    Serán este domingo, luns e martes ás 20.30h cada día nun idioma: galego, castelán e inglés

    "Coñece Tui co seu alcalde" é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.

    Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20.103h dende a Praza da Inmaculada. O domingo realizarase en galego, o luns en castelán e o martes en inglés. O alcalde conducirá aos asistentes polas rúas da cidade histórica.
    Ampliar contenido
  • A Catedral de Tui acolle este martes, ás 21.30h, o concerto de clausura do Curso Tamara Brooks

    Fecha desde el 14 de Agosto de 2018
    hasta el 14 de Agosto de 2018

    Os alumnos de coro, orquestra e dirección achegarán un programa principalmente formado por música relixiosa. A entrada será de balde

    A Catedral de Tui acolle mañá martes, 14 de agosto, ás 21.30h o concerto de clausura do 29º curso de dirección, canto e técnica vocal, coro e orquestra "Tamara Brooks".

    Os sesenta participantes nesta actividade formativa achegarán un concerto no que amosarán o traballo realizado ao longo dos últimos días nas distintas especialidades do curso. Así o alumnado de canto e instrumentistas da orquestra son dirixidos polo alumnos de dirección, coa colaboración dos profesores e músicos convidados. Ofrecerán un programa composto principalmente por música relixiosa de distintos estilos e épocas tanto a capela como con acompañamento. Estarán acompañados por Rasa Biveiniene ao piano, Fernando Briones ao órgano e Julio Domínguez na dirección.

    Este curso naceu da man do Coro de Cámara Camerata Ad Libitum de Ponteareas e do seu director Julio Domínguez. En 2012, tras o pasamento da directora e pedagoga norteamericana Tamara Brooks, o curso tomou o nome Tamara Brooks, recoñecendo o seu importante labor desde o 2007.

    Concerto de clausura do curso Tamara Brooks
    Lugar: Catedral de Tui
    Data: Martes, 14 de agosto, ás 21.30h
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido