Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • -Cerveira Saudável- 2018 propõe Caminhos de Santiago, trilhos, dança, remo e ação de sensibilização animal

    Fecha desde el 11 de Marzo de 2018
    hasta el 04 de Noviembre de 2018

    Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o -Cerveira Saudável- 2018

    Um total de 16 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o ‘Cerveira Saudável' 2018. Arrojado e mais abrangente, a programação lançada pretende consolidar a promoção de sessões monitorizadas de exercício físico para todas as idades, introduzindo um elemento aliciante: a realização do Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira a Santiago de Compostela, em seis etapas. Participação nas atividades necessita de inscrição online.

    Aliando o desporto ao bem-estar e o convívio à natureza, ao longo dos próximos meses, os fins-de-semana em Vila Nova de Cerveira sugerem uma calendarização diferenciada e apelativa, transversal a todas as idades, numa estreita parceria com coletividades do concelho.

    Para a edição 2018 do ‘Cerveira Saudável', o Município de Vila Nova de Cerveira propõe desde logo uma novidade: a realização do caminho até Santiago de Compostela, em seis etapas, aos segundos domingos de cada mês, com transporte do ponto de partida e o respetivo regresso. A participação tem inscrição obrigatória, com um custo simbólico de 6 euros por etapa, limitada a 50 pessoas. (link para inscrição)

    Da programação constam ainda seis trilhos pedestres que promovem a visita por algumas freguesias do concelho e respetivos pontos de interesse, nomeadamente o ‘Trilho da Gávea', o ‘Trilho Alto Picoito', a Ecopista do Rio Minho, o ‘Trilho Alto da Pena', o ‘Trilho dos Engenhos e dos Folhões', e o ‘Trilho da Carranca' (com almoço vegetariano), para além de uma Caminhada Solidária a Favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro. Está igualmente agendada uma sessão de danças de salão ao ar livre, uma experiência de remo e uma ação de sensibilização de combate à obesidade animal com provas físicas para os animais.

    A primeira atividade arranca já no próximo dia 11 de março e a última acontece no dia 4 de novembro, com interrupção durante o mês de agosto. Todas as atividades do ‘Cerveira Saudável' 2018 realizam-se aos sábados e/ou domingos, sendo solicitado aos interessados que efetuem inscrição através dos links disponibilizados.

    Cerveira Saudável 2018: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSehVSUMHtruVAeBMhlpb89iQGmBo3EHvf2EoHbkZ2fbDaTPpw/viewform

    Caminhos de Santigo de Compostela por etapas:

    https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfo7NqL5fk_GH2WmBZ1v4pTcqsd9-d4MSnhvm0YqVa733sksQ/viewform

    Março

    Dia 11: Caminho de Santiago Cerveira-Tuy (25Kms), 07h30, Junta de Freguesia de Gondarém, 6€

    Dia 25: Trilho da Gávea (14Kms), 09h00, Parque de Estacionamento Praia da Lenta, 3€

     

    Abril

    Dia 8: Caminho de Santiago Tuy- Redondela (2Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 22: Caminhada Solidária a Favor da LPCC, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, 3€

     

    Maio

    Dia 6: Ação de combate à obesidade animal, 09h30, Parque de Lazer do Castelinho

    Dia 13: Caminho de Santiago Redondela-Pontevedra (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 20: Trilho Alto Picoto (9,3Kms), Polidesportivo de Cornes, 3€

     

    Junho:

    Dia 3: Percurso Ecopista do Rio Minho, 09h00, Parque de Lazer do Castelinho, Gratuita

    Dia 10: Caminho de Santiago Pontevedra-Caldas de Rei (23Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

     

    Julho:

    Dia 7: Trilho Alto da Pena (10,8Kms), 21h00, Capela de Nossa Srª da Pena, 3€

    Dia 8: Caminho de Santiago Caldas de Rei-Padrón (19Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

     

    Setembro:

    Dia 9: Caminho de Santiago Padrón-Santiago (24Kms), 07h30, Câmara Municipal, 6€

    Dia 16: Trilho dos Engenhos e dos Folhões (6Kms), 09h00, Capela do Sr. Dos Esquecidos, 3€

     

    Outubro

    Dia 14: Remo, 09h00, Instalações da ADCJC, Gratuita

    Dia 21: Danças de Salão, 10h30, Terreiro, Gratuita

    Novembro
    Dia 4: Trilho da Carranca (5Kms), com almoço vegetariano, Igreja de Gondarém, Valor a definir

    Ampliar contenido
  • Derradeiros días de prazo para participar no XII do Certame fotográfico Viaxando

    Fecha desde el 26 de Mayo de 2018
    hasta el 26 de Septiembre de 2018

    Poderá participar mocidade de entre 12 e 35 anos

    O Espazo Xove de Tui e as Oficinas Municipais de Informacion Xuvenil de Gondomar, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal e O Porriño convocan o XII Certame fotográfico VIAXANDO.

    Poderá participar mocidade de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro.
    O prazo para presentar os traballos rematará o 26 de setembro do 2018.
    Concederase un único premio consistente nun curso personalizado de fotografía, a realizar nalgún dos concellos organizadores nos tres meses seguintes do fallo público.

    Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá
    o Espazo Xove de Tui e as OMIX que forman parte deste traballo en rede, inaugurándose oficialmente no Concello de Gondomar.

    As bases foron publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra do día 11 de maio de 2018 e poden consultarse en calquera das entidades organizadoras onde tamén se poderán presentar as fotografías participantes.

    Máis información no Espazo Xove de Tui. R/ Sanz, 28 Teléfono: 886110797

    BASES AQUÍ

    Ampliar contenido
  • Especial - A Guarda presenta a Axenda de Verán 2018

    Fecha desde el 11 de Junio de 2018
    hasta el 31 de Agosto de 2018

    A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

    A Casa dos Alonso acolleu esta mañá a presentación da nova axenda de actividades para o verán 2018 na Guarda. A concelleira de Cultura, María Elena Baz, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foron os encargados de dar a coñecer a completa programación cultural, gastronómica e deportiva da que poderán gozar veciñas, veciños e visitantes dende xuño e ata setembro deste ano.

    Segundo destacou o rexedor local, nesta axenda conflúen os eventos organizados polas distintas asociacións e entidades locais, aquelas impulsadas por institucións provinciais ou autonómicas e as organizadas polo propio Concello. O resultado é, destacou Lomba, «unha intensa programación pensada para satisfacer a todos os públicos» durante a época estival.

    Nesta liña, a edil guardesa valorou positivamente o traballos das distintas asociacións e colectivos que «contribúen a encher unha axenda cultural e de ocio de 4 meses» de duración, cunha oferta variada e de calidade que xa comezou coas tradicionais alfombras florais a pasada fin de semana e continuará este sábado e domingo coas festas parroquiais de San Antonio.

    No eido cultural, Baz destacou os concertos das populares «Noites no Castelo», no que este ano contaremos coas actuacións de Ardentía e Milladoiro (21 de xullo); e a continuidade dos concertos de «Música nas prazas», con tres novas datas para gozar dos mellores grupos locais nos espazos públicos da vila (22 de xuño, 24 de agosto e 7 de setembro).

    Pensando nos máis cativos, a programación inclúe espectáculos infantís e familiares, así como cinema nas rúas, un Campamento Urbano con actividades educativas e de ocio e un Campus Deportivo de Fútbol. Para goce de toda a familia, ademais, continuarán as visitas teatralizadas polo casco antigo da vila, se ben cunha nova posta en escena e guión renovado.

    Segundo adiantou Elena Baz, o 20 de xullo inaugurarase unha nova exposición na Casa dos Alonso dedicada a todos os guardeses e guardesas. Baixo o título «Así somos», a mostra estará formada por fotografías nas que se retrata a vida na vila, con imaxes das súas festas e a cultura propiamente guardesas nas que os protagonistas son os veciños e veciñas.

    No deportivo, Antonio Lomba destacou dúas actividades de nova creación: o Campionato Galego de Balonmán Praia, que se celebrará na praia do Codesal o 14 de xullo; e o I Festival Internacional de Xadrez A Guarda, do 22 ao 30 de setembro.

    A axenda inclúe as festas máis populares e tradicionais da vila como as Festas do Monte (do 6 ao 13 de agosto), a IV Galifornia Beat (4 de agosto) e a a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que ocupará o entorno do Porto durante a primeira fin de semana de xullo (6, 7 e 8 de xullo). Con todo, e segundo engadiron os representantes municipais, compre subliñar a ausencia de celebracións tradicionais como as de San Roque, a Festa da Guía ou a Festa do Avó, aínda coa programación sen pechar.

    A axenda de actividades poderá recollerse dende hoxe mesmo na Casa do Concello, o Centro Cultural, a Estación Marítima e as Oficinas Municipais de Turismo. Ademais, estará dispoñible na páxina web do Concello da Guarda para a súa consulta e descarga.

    Descarga Axenda aquí

       Fotos de Jorge Alonso Daldea
     

      A programación inclúe eventos musicais, eventos deportivos, festas parroquiais e gastronómicas dende xuño e ata setembro.

    Ampliar contenido
  • A Festa das Mercedes na Guarda recupera a -Baixada de Carrilanas-

    Fecha desde el 14 de Junio de 2018
    hasta el 30 de Agosto de 2018

    Inscricións abertas no 609 117 835 e 649 638 463

    A Asociación de Veciños e Propietarios O Percamino de A Gándara na Guarda, organiza este ano unha Baixada de Carrilanas, coincidindo coa Festa das Mercedes.

    Este evento, que se celebraba xunto coa programación habitual de festexos, recupérase despois de máis dunha década e terá lugar o sábado 15 de setembro pola tarde.

    Inscricións abertas no 609 117 835 e 649 638 463

     

     

    Ampliar contenido
  • Tomiño propón unha axenda de verán con máis de 50 actividades culturais, deportivas e lúdicas, para todos os públicos

    Fecha desde el 16 de Junio de 2018
    hasta el 30 de Septiembre de 2018

    Medio centenar de accións a celebrar entre os meses de xuño e setembro, e entre os que sobresaen grandes concertos, coma o de SES; xeiras polo patrimonio, teatro, cine e cursos sobre moitos temas

    O Concello de Tomiño vén de publicar unha avultada axenda de verán, con máis de 50 actividades que terán lugar entre os meses de xuño e setembro.
    Os concertos, as xeiras polo patrimonio histórico-artístico, natural e etnográfico, o teatro de rúa, o cine ao aire libre, e os cursos e campamentos de verán, enchen de contido unha axenda que dará moito de si.

    O punto de partida da nova publicación, editada polos departamentos de Cultura, Mocidade, Patrimonio, Deporte e Voluntariado, é o III Simposio de Escultura, organizado con Vila Nova de Cerveira, entre os días 11 e o 30 de xuño.
    A 2ª cita será "Non hai ladrón que por ben non veña"; unha obra da Escola Municipal de Teatro, o domingo 17 de xuño, ás 20.30h no Auditorio de Goián. Entrada libre.

    O día de San Xoan, 24 de xuño, actuará en concerto a Agrupación Musical de Goián, celebrando o seu XX aniversario. Será tamén no auditorio, a partir das 19.30 horas.

    No mes de xullo, chega de novo á Praza do Seixo, o ciclo "O Son da Praza", con concertos e festivais musicais, coma o Barrantes Folk (sábado 14, 22.30h) ou o XXV Encontro dos Pobos (sábado 21. 22.30h). Contra o final de mes, será o Encontro de Bandas de Música de Goián, o que se instale no Espazo Fortaleza de Goián (venres 27, 22.30h), e o sábado 28, chegará o momento máis estelar, co concerto "Readmirando a condición" da cantora coruñesa SES (Praza do Seixo. 22.30h). Todos estes espectáculos, para todo público, serán de balde.

    En agosto, segue a música con "O Son da Praza" e o Galicat Jazz Quartet (domingo 5. 22.30h) e Sonus de Gaia (sábado 11, 22.30h). O venres 24 de agosto volve a banda de Goián con Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián (Praza do Seixo, 22.30h), e rematan o ciclo o Quinteto Rubato e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia (sábado 25, Praza do Seixo, 22.30h), e A banda da loba, cinco mulleres que dan voz a un repertorio musicalizado de poetas célebres (venres 31Praza do Seixo, 22.30h).
    Paralelamente, en xullo e agosto, realizaranse tamén actividades relacionadas ca Aula- Museo Antonio Fernández (exposicións, rutas, certame de pintura ao aire libre, etc.) e co Tomiño Único (visitas guiadas para descubrir o rico patrimonio da zona, por exemplo, o Monte Tetón, as fortalezas, ou o Camiño de Santiago).

    Asemade terán lugar diferentes campamentos e cursos, coa participación do Grupo de Voluntariado Local. E haberá unha serie de actividades especialmente pensadas para os máis pequenos (Érase unha vez a arte, saída fotográfica, cine ao aire libre, etc.) e diversos campus e cursos deportivos, que serán o complemento ideal para a programación cultural. Neste eido destacan os campus de atletismo, rugby e balonmán, que se celebran por 1ª vez.

    En setembro destacan os actos relacionados cos festexos patronais do Alivio, e en outubro e novembro, cursos, obradoiros e xornadas.

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, idades e intereses, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, búscase axudar dende o Concello a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

    Fai clic na imaxe para acceder á Axenda

     

    Ampliar contenido
  • Desfrute do verão em família no Parque Aquático de Cerveira

    Fecha desde el 19 de Junio de 2018
    hasta el 30 de Septiembre de 2018

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funciona de terça-feira a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e 19h30, até 30 de setembro.

    Aliar bons momentos familiares a um ambiente de sol e beleza natural? O Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira já se encontra de portas abertas para refrescar os dias de verão 2018, proporcionando diversão e tranquilidade.

    Inserido no Parque de Lazer do Castelinho, este parque temático, que simula uma réplica do rio Minho com os seus canais, comportas, barragens, jatos e repuxos de água, é um dos espaços prediletos de visitantes oriundos do Norte do país e da vizinha Galiza, principalmente quando o calor aperta.

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funciona de terça-feira a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e 19h30, até 30 de setembro.
    Ampliar contenido
  • Cerveira apresenta verão COOLtural

    Fecha desde el 11 de Junio de 2018
    hasta el 23 de Septiembre de 2018

    Concertos, certames artísticos e tradições prometem atrair o público para um roteiro culturalmente -cool-.

    13 semanas, 13 destaques, vários eventos e um constante frenesim nas ruas. Assim se antevê o verão 2018 na ‘Vila das Artes', palco de uma habitual programação cultural de excelência para todas as idades. Concertos, certames artísticos e tradições prometem atrair o público para um roteiro culturalmente ‘cool'.

    Comemoração é, por diversas razões, a palavra de ordem que se vai estender durante o verão. Além de muitos eventos, Vila Nova de Cerveira tem O evento: a Bienal Internacional de Arte de Cerveira que, este ano, assinala 40 anos de existência com a realização da XX edição, voltando a marcar o calendário nacional de eventos de 10 de agosto a 23 de setembro, sob o tema "Artes Plásticas Tradicionais e Artes Digitais - O Discurso da (Des)ordem", e homenageando Cruzeiro Seixas, um dos máximos expoentes do surrealismo português.

    Até ao final de junho, vive-se arte sem fronteiras, entre a escultura e a dança. Vila Nova de Cerveira e Tomiño estão a dinamizar o III Simpósio Internacional de Escultura do Rio Minho. Ao longo de 20 dias, seis escultores internacionais estão a dar forma a um projeto escultórico, cada um ornamentará um espaço público num dos dois concelhos geminados. A evolução dos trabalhos pode ser acompanhada diariamente no Espaço Fortaleza de Goian (Tomiño).

    Entre 28 de junho e 1 de julho, movimento e boa disposição sobem ao palco da ‘Vila das Artes', com o XIV DANCERVEIRA - Festival Internacional de Dança de Cerveira. Este ano, e como novidades, destaca-se a realização de uma Festa da Espuma, para além dos espetáculos ao ar livre e de formação através de workshops com profissionais.

    O caráter intimista dos concertos de verão de Cerveira volta ao Auditório Municipal com reconhecidas vozes de artistas portugueses. Em julho, as ‘Noites de Fado' propõem Maria Emília que convida Miguel Ramos para o seu espetáculo (21), e Ana Moura (28); e em agosto, o ‘Cerveira Acústica' sugere Paulo Gonzo (dia 11) e Rita Redshoes (25).

    A preservação das tradições também é parte importante neste programa, com as Festas Concelhias em Honra de S. Sebastião (1 a 5 de agosto), o Festival ‘O Mundo a Dançar' traz a Cerveira a África do Sul, Bielorrússia, Colômbia e Buricia (2 de agosto), a Desfolhada Tradicional Minhota (8 de setembro) e as sempre bem-vindas sonoridades filarmónicas com o XIII Festival de Bandas de Música (23 de setembro).

    Mas Cerveira sabe acolher eventos com outros eventos, resultando numa simbiose perfeita. As ruas do centro histórico de Cerveira vão estar ‘vestidas' a preceito, com a arte secular d' ‘Crochet Sai à Rua'. Os trabalhos estão no segredo das artesãs e dezenas de cerveirenses envolvidas no projeto, mas vão certamente surpreender e criar um roteiro imperdível, entre 13 de julho e 30 de setembro. Por sua vez, a viagem à época medieval também vai criar um cenário muito atrativo, com animação a condizer em mais uma Festa da História, subordinada ao tema ‘Rainha Santa Isabel, Rainha Peregrina Jacobeia' (16 a 19 de agosto).

    Perante estas e muitas outras sugestões que integram a agenda cultural para o próximo trimestre, o Município cerveirense deixa o convite para Vi(m)ver Cerveira!
    Ampliar contenido
  • A Aula Museo Antonio Fernández de Goián acolle este verán actividades para todo público

    Fecha desde el 12 de Julio de 2018
    hasta el 30 de Agosto de 2018

    O interese polo pintor Antonio Fernández converte a Goián durante o verán, en centro de actividades artísticas para todo público

    As actividades culturais de verán da Aula Museo Antonio Fernández, de Goián, vanse consolidando cada ano que pasa. O interese espertado polas visitas aos estudos de artistas locais tomiñeses; as saídas de campo e fotográficas; as exposicións e as charlas sobre arte en xeral para público infantil e adulto, contribuíu á organización, un verán máis, de distintas actividades que veñen a sumarse ao xa tradicional Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, que este ano se celebra o domingo 19 de agosto, en Goián.

    Dentro das actividades programadas para este verán, están as especificamente dirixidas a persoas adultas e outras, para nenos e nenas. Entre as primeiras destaca a Ruta Artes e Oficios. Trátase de visitas gratuítas concertadas con varios dos artistas locais, os xoves 12 e 26 de xullo (Lylilla Pobornikova, Nando Álvarez e Antúnez Pousa) e 9 e 30 de agosto (Pilar Alonso e Xuxo Vázquez) con saída dende a propia Aula-Museo Antonio Fernández, ás 20.30h.

    ÉRASE UNHA VEZ... A ARTE: ARTISTAS DO MUNDO
    Proxecto educativo que nace do convencemento de que a arte, ademais de ser unha parte importante da cultura e tradición, axuda a potenciar a imaxinación na infancia e as relacións interpersoais derivadas do traballo en grupo. Esta actividade, de balde, engloba unha serie de obradoiros que teñen a finalidade de dar a coñecer a vida e obra de persoas artistas destacadas na historia da arte, coma Picasso, Chagall, Kandinsky, Matisse ou Frida Kahlo, entre outras. Na Aula Antonio Fernández (Goián), as mañás dos venres do mes de agosto.

    SAÍDA FOTOGRÁFICA ANTONIO FERNÁNDEZ
    Unha das facetas coñecidas de Antonio Fernández era a de fotógrafo e moitas das imaxes que tomaba eran utilizadas logo como base para o traballo no estudo, no que creaba e remataba a maior parte das súas pinturas. Os nenos e nenas experimentarán a forma de traballar do pintor, escollendo as cousas ou paisaxes que máis lle chamen a atención, percorrendo os mesmos lugares que o artista goianés. Xoves 19 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas, no Forte de San Lourenzo (Goián), para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

    SAÍDA CADERNO DE ARTISTA ANTONIO FERNÁNDEZ
    Unha das pezas máis singulares da Aula Museo Antonio Fernández é o caderno de debuxos de cando o pintor era pequeno; cadernos que sempre empregaría para, por exemplo, realizar bosquexos. Nesta saída, tamén de balde, os nenos e nenas deberán asistir con caderno e lapis para visitar algúns dos lugares favoritos do pintor e debuxar, tentando comprender a súa forma de traballar. Na Aula Antonio Fernández (Goián).


    DESEÑANDO A NOSA EXPOSICIÓN
    Obradoiro dirixido a aqueles nenos e nenas que participaron nalgunha das saídas, fotográfica ou de caderno de campo. A idea é que os propios nenos e nenas sexan capaces de deseñar e montar unha exposición cos traballos realizados, coñecendo dun xeito ameno e divertido todo o proceso que segue ata a inauguración da mostra. Esta estará aberta ao público do 25 ao 31 de agosto, na Aula Antonio Fernández (Goián).

    Ampliar contenido
  • Las quemas agrícolas y forestales estarán prohibidas en el monte durante toda la temporada de alto riesgo de incendios

    Fecha desde el 01 de Julio de 2018
    hasta el 31 de Octubre de 2018

    Este período abarca por primera vez desde lo 1 de julio hasta finales de octubre, aunque se las condiciones meteorológicas lo permiten esta prohibición se podría levantar en el mes del otoño

    La campaña de alto riesgo de incendios forestales comienza mañana en Galicia, domingo 1 de julio, y por primera vez se extenderá hasta el 31 de octubre. Esto conlleva la suspensión sistemática de los permisos de quemas agrícolas y forestales en el monte, si bien es cierto que esta prohibición se podría levantar en el mes de octubre si las condiciones meteorológicas lo permitieran.

    La decisión de extender la temporada de alto riesgo se decidió después de que en los últimos años las condiciones meteorológicas en otoño fueran favorables para la propagación de fuegos. Recordamos que el operativo está ya disponible y a pleno rendimiento, incrementando también la prestación del servicio de los fijos-discontinuos de la Xunta y las brigadas de Seaga y Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses hasta el 31 de octubre.

    Además, a partir de hoy se refuerza el dispositivo establecido en el Plan de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia, Pladiga. Este año, como en las últimas campañas, el dispositivo de verano estará integrado por unos 7.000 efectivos, con 5.700 profesionales de la Xunta, que estarán apoyados por personal del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, del Ejército y de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado y otras entidades locales. Además, se cuenta con una treintena de medios aéreos –entre los propios de la Xunta y los que aporta el Estado– y 360 motobombas de la Administración autonómica, de los ayuntamientos y de los parques de bomberos, a los que se añaden cisternas, palas y otros vehículos.

    La Consellería de Medio Rural pide el máximo compromiso contra los incendios forestales en la lucha contra la actividad delictiva incendiaria, denunciando estas acciones cuando tenga conocimiento de ellas, y recuerda que está a disposición de la ciudadanía el teléfono gratuito 085, al que deben llamar en el caso de detectar un incendio forestal. Asimismo, incidimos en que las personas que se acerquen al monte en estas fechas extremen las precauciones y eviten cualquier práctica que implique riesgo de fuego.

    Ampliar contenido
  • Acigu CCA abre el Parking en el patio del Colegio PP Somascos

    Fecha desde el 01 de Julio de 2018
    hasta el 31 de Agosto de 2018

    Los meses de julio y agosto permanecerá abierto de 9:00 a 21:00 de lunes a viernes y sábados de 09:00 a 14:00 horas.


    La Asociación de Empresarios de A Guarda A GUARDA C.C.A informa que desde el 1 de Julio, se pone en funcionamiento la zona de aparcamiento de A GUARDA CCA situado en el patio del Colegio de los PP. Somascos.


    Los meses de julio y agosto permanecerá abierto de 9:00 a 21:00 de lunes a viernes y sábados de 09:00 a 14:00 horas.


    Todos aquellos clientes que presenten un ticket de compra de cualquier establecimiento asociado al Centro Comercial Abierto A Guarda dispondrán de 15 minutos gratis de aparcamiento.


    Uso de bolsas de Plástico

    Recordamos a todos los comerciantes en general, que hoy entra en Vigor el Real Decreto 293/2018 sobre reducción del consumo de bolsas de plástico y por el que se crea el Registro de Productores.

    Desde esta entidad ya hace meses a llevado a cabo medidas de sensibilización a sus asociados para que este Real Decreto entre sin incidencias, repartiendo información sobre el mismo; así como la cartelería específica, exigida desde el mismo decreto, en la cual se debe informar a los consumidores cual es el coste de la bolsa.

    Coincidiendo con el inicio de la nueva campaña de Rebajas, el Centro Comercial Aberto de A Guarda está repartiendo entre los establecimientos asociados un recordatorio de la normativa vigente en materia de Rebajas, así como la cartelería específica de inicio y remate de las mismas, que deben ser expuestas en los establecimientos.

    Ampliar contenido
  • A Biblioteca Municipal da Guarda ofrece Mochilas Viaxeiras no verán

    Fecha desde el 04 de Julio de 2018
    hasta el 30 de Septiembre de 2018

    A Biblioteca Municipal da Guarda acompaña aos lectores coas Mochilas Viaxeiras durante os meses de xullo, agosto e setembro.

    A Biblioteca Municipal da Guarda acompaña aos lectores coas Mochilas Viaxeiras durante os meses de xullo, agosto e setembro.

    As persoas que así o desexen, poden achegarse á Biblioteca e levar en préstamo unha mochila cun número máximo de dez libros a escoller por eles mesmos durante un prazo dun mes. Cada mochila leva unha libreta para anotar opinións.

    Esta actividade ten como finalidade crear hábitos lectores, fomentar a lectura en familia e o diálogo coa posibilidade de expresar e compartir as súas experiencias sobre o material prestado.

    Máis información na Biblioteca Municipal da Guarda, nas súas instalacións no 1º andar do Centro Cultural, en horario de Luns a Venres de 10:00h a 13:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

    Ampliar contenido
  • Este xoves comezan as visitas teatralizadas na Guarda

    Fecha desde el 05 de Julio de 2018
    hasta el 30 de Agosto de 2018

    Este xoves día 5 de xullo, comeza na vila da Guarda a programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente os xoves ás 21:00h na Prazado Reló

    Este xoves día 5 de xullo, comeza na vila da Guarda a programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente os xoves ás 21:00h durante todo o verán ata o 30 de agosto, agás os xoves 19 de xullo e 9 de agosto.

    Baixo o concepto "De alén do mar para A Guarda" e enmarcado nas conmemoracións do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, as visitas teatralizadas deste verán toman coma fonte o libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico", obra do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez.

    Esta actividade pretende amosar a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado. As visitas realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorrerán o centro histórico, comezando ás 21.00h. na Praza do Reló, e seguindo pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda.

    Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, darán vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1918. Nese momento, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro do municipio.

    A través deste fío condutor, a compañía fai unha intensa labor de contar como foi o proceso da creación desta xunta organizadora en Puerto Rico. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais, que variarán cada xoves.

    Todos estes ingredientes fan desta actividade unha proposta diferente, divertida e que promete ser participativa. É por iso que dende o Concello da Guarda esperamos que guste tanto á poboación local como ós visitantes que se achegan nesta época.
    Ampliar contenido
  • Exposición -Amigos do Mar- na Guarda

    Fecha desde el 17 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañan os días domingo e festivos de 10 a 1 e tódolos días de 19 a 22,00 horas.

    Despois de haber dado inicio fai xa varios meses a campaña de recollida polas casas de homes e mulleres vinculados o mar, acadando un gran éxito, pola cantidade de utensilios náuticos e artes pesqueiras recollidas, unhas donadas e outras en depósito, campaña que continua vixente, encontrándose unha parte destes materiais en Exposición no Museo de Póvoa do Varzim, destacando, fundamentalmente todo aquelo vinculado as marcas, redes, aparellos, imáxenes mariñeiras, etc., e a súa similitude cas daquela vila e de outras localidades, dita Exposición estará nas dependencias museísticas da Póvoa ata mediados de setembro, cando se trasladará o noso pobo, para ser inaugurada o día 22 de dito mes.

    Dende a Asociación de Embarcacións Tradicionais "PIUEIRO", acordouse levar unha Mostra-Exposición, que pretende ter continuidade no tempo, instalada no local dos antiguos Efectos Navales "Guadalupe", que foi aberta ao público en xeral, o pasado venres día 13 de xullo e na que falou Agustín Ferreira Lorenzo de ANABAM sobre as marcas mariñeiras e a continuidade dos traballos de identificación e recopilación que nesta área levan desenbolvendo dende fai anos, e a que se incorporará PIUEIRO como colaborador do mesmo, para que máis pronto que tarde, se plasme nunha publicación.

    Con esta Mostra, "PIUEIRO", quere darlle as grazas a todos aqueles que teñen colaborado nesta campaña para salvar unha parte da historia do "noso mar" e manter presente dunha das actividades laborais e económicas que máis incidiron e segue tendo influencia no desenvolvemento de A Guarda.

    Dita Mostra-Exposición, denominada "AMIGOS DO MAR", estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañan os días domingo e festivos de 10:00h a 13:00h e tódolos días de 19:00h a 22:00h.
    Ampliar contenido
  • A Exposición -Así Somos- dende este venres na Casa dos Alonso da Guarda

    Fecha desde el 20 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12 a 14 h. e de 19 a 22 h. e domingos e festivos de 12 a 14 h.

    O departamento de cultura do concello da Guarda inaugura este venres 20 de xullo a exposición "Así Somos" na Casa dos Alonso da Guarda, ás 21:00 h. Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12 a 14 h. e de 19 a 22 h. e domingos e festivos de 12 a 14 h.

    A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre o 2014 e 2018 onde se mostra o día a día dos veciños da vila. Os nosos oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as nosas festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conforman o espiritu da proposta.

    Unha representación costumista e popular a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.

    A mostra é unha cita ineludible para os amantes da fotografía durante esta temporada estival.

    Ampliar contenido
  • Este venres inaugúrase na Guarda a Exposición fotográfica -Así Somos-

    Fecha desde el 20 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e domingos e festivos de 12:00h a 14:00h.

    A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle este venres día 20 de xullo ás 21:00h a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.

    Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h e domingos e festivos de 12:00h a 14:00h.

    A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila, os seus oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conforman o espírito desta proposta.

    Unha representación costumista e popular, a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.

    A mostra é unha cita ineludible para os amantes da fotografía durante esta temporada estival na Guarda.

    Ampliar contenido
  • A Guarda ofrece visitas guiadas regulares e gratuítas ao Monte Santa Trega ata finais de agosto

    Fecha desde el 28 de Julio de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Nesta tempada estival as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferente

    Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Nesta tempada estival as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferentes percorridos.

    Polo tanto, as fins de semana ata finais de agosto, agás o día 12, que pola celebración do Día do Monte das Festas do Monte non se realizará visita, poderase coñecer o Monte Santa Trega acompañado dun guía.

    Aquelas persoas que desexen realizar unha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis polo miúdo o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderán participar nas saídas ás 12:30 h e ás 17:00 h do Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT. Dende alí, as e os participantes coñecerán as pezas expostas no museo e continuarán coa visita a ermida de Santa Trega para despois baixar polo sendeiro do Vía Crucis ata o Castro de Santa Trega onde se explicarán os contidos arqueolóxicos deste espazo escavado. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.

    Ademais ás 11:30 ofrecerase a oportunidade de realizar unas visitas guiadas centradas unicamente no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración.

    As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que o taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos. Os grupos formados por máis de 10 persoas deberán reservar a súa visita previamente chamando ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (986 610 504).

    Ampliar contenido
  • A exposición -Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar- amplía a súa estadía na guarda ata o 7 de setembro

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2018
    hasta el 07 de Septiembre de 2018

    A mostra, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, mostra as distintas facetas do traballo feminino no ámbito marítimo

    A exposición "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" prorroga a súa estancia no Museo do Mar da Guarda ata o 7 de setembro. Grazas a esta mostra promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas todos os días da semana.

    "Sustentabilidade en feminino" chegou á vila do Baixo Miño en xuño despois do seu paso polo Campus de Ourense, de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último no que xurdiu a idea, da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

    A mostra, que pode verse no Museo do Mar da Guarda está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as futuras persoas profesionais e científicas.

    Ampliar contenido
  • Autarquia promove 2º edição do Caminho de Santigo de Compostela, a pé e por etapas

    Fecha desde el 26 de Agosto de 2018
    hasta el 24 de Febrero de 2019

    Município e Clube Celtas do Minho avançam com nova realização das seis etapas propostas, sempre no último domingo de cada mês, entre os meses de agosto de 2018 e fevereiro de 2019

    Devido à grande adesão na 1ª edição do Caminho de Santiago por etapas, o Município de Vila Nova de Cerveira, em parceria com o Clube de Celtas do Minho, decidiu apresentar uma 2ª edição a decorrer entre agosto e fevereiro. Limitadas a 50 participantes, inscrições já estão abertas.

    Integrada na atividade ‘Cerveira Saudável' 2018, a experiência lançada em março foi muito bem acolhida pelos ‘caminhantes' inscritos. As vagas disponibilizadas foram de imediato preenchidas, havendo pessoas interessadas em percorrer o Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira e Santiago.

    Desta forma, Município e Clube Celtas do Minho avançam com nova realização das seis etapas propostas, sempre no último domingo de cada mês, entre os meses de agosto de 2018 e fevereiro de 2019 (com exceção de dezembro).

    No total são 144 quilómetros divididos da seguinte forma:
    • 1ª etapa: dia 26 de agosto, Cerveira - Tuy (25 km)
    • 2ª etapa: dia 30 de setembro, Tuy - Redondela (29 km)
    • 3ª etapa: dia 28 de outubro, Redondela - Pontevedra (24 km)
    • 4ª etapa: dia 25 de novembro, Pontevedra - Caldas de Rei (23 km)
    • 5ª etapa: dia 27 de janeiro, Caldas de Rei - Padrón (19 km)
    • 6ª etapa: dia 24 de fevereiro, Padrón - Santiago (24 km)

    As inscrições são obrigatórias e têm o custo de 6 euros por etapa, sendo limitadas a 50 participantes por cada percurso.

    A primeira etapa tem ponto de encontro na Junta de Freguesia de Gondarém, às 7h30, enquanto que as restantes partidas passam a ser junto ao Centro Coordenador de Transportes de Cerveira, onde o autocarro fará a ligação à última etapa percorrida, havendo regresso assegurado para o final da tarde.
    Ampliar contenido
  • A Exposición ?As achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar- amplía o seu calendario ata o 7 de setembro

    Fecha desde el 10 de Agosto de 2018
    hasta el 07 de Septiembre de 2018

    Todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

    A exposición "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" prorroga a súa estancia no Museo do Mar da Guarda ata o 7 de setembro. Grazas a esta mostra promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, todas as persoas interesadas poden coñecer máis de cerca a participación e o papel da muller no mundo do mar en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

    "Sustentabilidade en feminino" chegou á vila do Baixo Miño en xuño despois do seu paso polo Campus de Ourense, de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último no que xurdiu a idea, da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

    A mostra, que pode verse no Museo do Mar da Guarda está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as futuras persoas profesionais e científicas.

    Ampliar contenido
  • VII Festa do Percebe e dos Productos da terra e do mar na Guarda

    Fecha desde el 24 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Do 24 ao 26 de agosto na Alameda da Guarda

    A Alameda da Guarda acolle do 24 ao 26 de agosto a VII edición da Festa do Percebe e dos Productos da Terra e do Mar, onde se ofertarán mexilóns, berberechos, empanadas, pementos de padrón, zorza, callos, ourella, chourizos...

    Horarios:

    Venres 24: de 21:00h a 00:00h

    Sábado 25: de 12:00h a 16:00h e de  :h a 00:00h

    Domingo  : Dende as 11:00h

    Actividades infantís, artesanía e amenización musical.

     

    Ampliar contenido
  • A XXXII Carreira Popular de Randufe celebrarase este domingo

    Fecha desde el 26 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Domingo 26 de agosto a partires das 10:00h dende o Adro da Guía en Randufe-Tui

    1. Como ben saben, participar nesta Carreira Popular é gratis. Por suposto, este ano tamén o será, pero a Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe porá en marcha, outro ano mais, unha OPERACIÓN KILO aos pés da carreira para recoller alimentos non perecedoiros coa finalidade de colaborar coa ONG SOS TOMIÑO e, en definitiva, c@s nos@s veciñ@s que precisan da nosa axuda.
    Polo tanto, pedimos a tod@s @s corredor@s que aporten o seu graíño de area e depositen a súa pequena colaboración ao recoller o seu dorsal. Grazas de antemán!
    Exemplos de alimentos cos que colaborar: cacao, leite, aceite, sal, fabas, lentellas, atún, azucre, café, comida para bebés, fariña, froita e legumes en conserva, leite en pó,...
    2. A primeira carreira será a dos máis maiores (de 17 anos en adiante) e logo o resto das categorías (adxuntamos nun documento os mapas dos percorridos e as categorías).
    3. A primeira carreira sairá ás 10. Non obstante, recomendamos vir coa prudente antelación para recoller o dorsal (de 8:30 a 9:30 am). É imprescindible presentar o DNI.

    NORMAS XERAIS
    - Cada corredor/a será responsable dos seus actos. Non obstante, coma todos os anos, Xuntanza disporá da colaboración de Cruz Vermella para paliar os danos que poidan sufrir durante a carreira.
    - Cada corredor/a deberá solicitar o seu dorsal ao lugar habilitado a tal efecto, onde van poder deixar o produto non perecedoiro da “Operación Kilo”. Tod@s deberán correr co dorsal, colocado na parte frontal da camiseta, e telo á vista á chegada a meta se queren figurar na clasificación.
    - Unha vez finalizados todos os percorridos, as clasificacións publicaranse nos taboleiros.
    - Ao final da carreira teremos auga, froita,… para tod@s @s participantes. Para recibir este avituallamento é necesario entregar o dorsal.
    - A entrega de premios farase ao rematar todos os percorridos.
    - Queda terminantemente prohibido tirar calqueira desperdicio ao chan ao longo da carreira.

    Para calqueira dúbida poden contactar con nós no número de teléfono 646 646 500 ou no enderezo electrónico: carreirapopularxuntanza@gmail.com
    Ampliar contenido
  • Os petróglifos da Macoca e o Castro do Alto dos Cubos centrarán este venres a segunda visita -Tralas pegadas do Tempo-

    Fecha desde el 17 de Agosto de 2018
    hasta el 15 de Septiembre de 2018

    A cita será ás 20.30h na area infantil da Macoca onde haberá un obradoiro de caza

    Este venres celébrase a segunda visita do programa "Tralas pegadas do tempo" organizada pola concellería de Patrimonio e Cultura. Tras o éxito da primeira xornada con corenta participantes, este venres realizarase a Ruta petróglifos da Macoca e Alto dos Cubos.

    O punto de encontro será ás 20.30h na area infantil da Macoca en Pazos de Reis, onde como actividade experimental ser realizará un obradoiro de caza. A continuación realizarase un percorrido polos petróglifos da Macoca, o camiño do Raposo e finalmente o Castro do Alto dos Cubos ou de Francos. Unha arqueoloxía moi descoñecida e incluso boa parte, aínda por descubrir xa que se considera que so coñecemos un 0,5% do xacemento.

    Ofértanse 50 prazas para esta visita sendo preciso inscribirse por Whatsapp no número 610 70 34 88.

    A terceira visita será o 8 de setembro pola ruta dos petróglifos de Rachadón e as Mámoas da Chan do Tetón, en Malvas. A derradeira será o sábado 15 de setembro ás Mámoas de Chan Longa e ao recinto amurallado do Monte Aloia.

     

    Ampliar contenido
  • Inscricións abertas para o V Torneo de Tenis da Eurocidade

    Fecha desde el 15 de Agosto de 2018
    hasta el 13 de Septiembre de 2018

    Celebrarase do 13 ao 30 de setembro na Eurocidade Tui-Valença

    Este xoves, 16 de agosto, abrirá o prazo de inscrición para o "V Torneo de Tenis da Eurocidade", que organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Disputarase nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença e nas pistas de tenis de Areas, dende o 13 ao 30 de setembro.

    As inscricións poden realizarse a través da páxina www.ibertenis.com , do 16 de agosto ao 3 de setembro. O prezo da inscrición é de 5€ por participante, 8€ para as categorías de dobres, e dende júnior a benxamín todas as categorías terán a inscrición de balde.

    Toda a información desta competición está accesible na web www.ibertenis.com, no facebook do Club Tenis Tui, tenistui.asociación, así como no teléfono 658.866.403
    Ampliar contenido
  • Máis de 6000 persoas visitaron a exposición -Amigos do Mar- na Guarda

    Fecha desde el 16 de Agosto de 2018
    hasta el 31 de Agosto de 2018

    A mostra, organizada dende a Asociación Piueiro atópase na Rúa do Porto

    Desde que a mediados do mes de xullo, abrimos a exposición que instalamos no local que fora Efectos Navales "Guadalupe" no Paseo do Porto, a afluencia de visitantes foi máis que satisfactoria e superou as espectativas que dende Piueiro nos habíamos feito.

    E de destacar que algún fín de semán superamos as 1.200 visitas, o que nos levou a contabilizar e non de xeito contínuo, unha cantidade estimada a baixa, de máis de 6.300 entradas, tanto de turistas como guardeses/as que acudir a botarlle unha ollada as artes e instrumentos da historia de pesca do noso pobo, así como as diversas fotografías de distintas artes e persoaxes do mar de A Guarda.

    Queremos agradecer a tódalas persoas que trala visita a exposición, nos fixeron entrega de redes, palangres e outros aparellos de pesca que tiñan nas súas casas, asi como tamén a aportación de fotos de familiares, e persoales, que provocaron que se tomara o acordo de ir cada 15 días rotando as expostas e manter an anteriores nún albúm para que poidar vistas por aqueles que acuden a dita mostra permanecerá aberta ata o mes de setembro, e que será relevada pola que se instalará na Casa dos Alonso a partir do día 22 de dito mes, e que hoxe en día está exposta no Museu Municipal de Póvoa de Varzím.

    Así mesmo, anunciar que a excursión que se programou para o domingo día 26 a Póvoa, está prácticamente completa, a excepción de confirmación de catro persoas que están apuntadas, esperado poder pasar un dia diferente, coñecendo un dos pobos máis vinculados o mundo da pesca cos nosos mariñeiros.

    Ampliar contenido
  • Festas na honra da Virxe Peregrina do 24 ao 26 en Estás-Tomiño

    Fecha desde el 24 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    A parroquia tomiñesa de Estás acolle do 24 ao 26 de agosto as Festas na honra da Virxe Peregrina

    A parroquia tomiñesa de Estás acolle do 24 ao 26 de agosto as Festas na honra da Virxe Peregrina, contando coa seguinte programación:

    Venres 24

    Pasarrúas a cargo da Treboada Baixo Miño

    Sábado 25

    Ás 10:30h entrada e pasarrúas a cargo do grupo de baile Virxe do Alivio

    Ás 12:00h Misa solemne con procesión na honra do patrón tutelar Santiago Apostol

    Ás 20:00h Misa na honra da Virxe Peregrina

    Ás 22:30h Tradicional danza da Peregrina e de seguido verbena cos grupos Ritmo e Alcázar

    Domingo 26

    As 10:00h entrada e pasarrúasa cargo da Banda de Música Unión Musical de Candeán

    Ás 12:00h Misa solemne con procesión na honra da Virxe Peregrina, cantada pola Coral Polifónica da Guarda.

    Ás 20:00h Tradicional danza da Peregrina acompañada da Banda de Música Unión Musical de Candeán e de seguido verbena co grupo Aramio.

    Ampliar contenido
  • O Rosal será a sede 2018 da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia

    Fecha desde el 21 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Do 21 ao 26 de agosto no Concello do Rosal

    O Plan Nacional de Bandas de Música é unha proposta da Asociación NAcional de Directores de Banda de España, que en cooperación con outras instiitucións, xurdecoa intención de apoiar o desenrolo bandístico español; unha das manifestacións culturais de máis arraigo social e musical do noso país. O Plan Nacional potencia e fomenta á Banda como unha ferramenta educativa.

    En Galicia, á Banda sinfónica infantil de Galicia e a Banda sinfónica xuvenil de Galicia seguiránlle outros proxectos dentro do Plan Nacional, co obxectivo de crear unha rede de escolase bandas coa mesma filosofía de traballo e obxectivos comúns.

    Deste xeito realízase un encontro anual que este ano se celebra no Rosal do 21 ao 26 de agosto no que se realizarán entre 2 e 3 concertos, dando a coñecer aos xoves músicos galegos, o patrimonio musical e cultural, fomentando a creatividade, traballo en equipo, a participación e a creación dun grupo.

    Ampliar contenido
  • Paz Larrumbide, de Vitoria, gaña o primeiro premio do Certame de Pintura Antonio Fernández, celebrado en Goián (Tomiño)

    Fecha desde el 21 de Agosto de 2018
    hasta el 28 de Agosto de 2018

    As obras estarán expostas no Centro Goianés (do 21 ao 28 de agosto) e no Mercado Municipal, a partir do día 29

    A que fora membro do goberno vasco (viceconselleira de Vivenda) até 2013, Paz Larrumbide Moreno, resultou gañadora do primeiro premio da sexta edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, celebrado onte na parroquia tomiñesa de Goián.

    De vacacións na zona, Paz presentouse ao concurso por probar sorte, xa que pinta so dende hai 4 anos, de forma non profesional. A súa obra, sen nome, é unha vista de Goián "realizada bajo un sol de justicia", na que mestura técnicas en acrílico e óleo. Non agardaba para nada ser a gañadora do certame, o que supuxo para ela unha grata sorpresa.

    Os outros dous artistas premiados foron Raúl Gil Burés (de Taragoña. Rianxo) e Sergio González Ribeiro (Barro. Pontevedra), nesta orde.

    Dende a mañá, as 37 persoas apuntadas ao concurso, comezaron a pintar as súas obras, escollendo os máis variados recunchos da vila. Algúns escolleron a ribeira do río; outros a contorna da antiga Fortaleza de San Lourenzo ou do Espazo Fortaleza, e os demais buscaron concentrarse en lugares menos concorridos onde poder concentrarse e resgardarse do sol, nunha das xornadas máis calorosas do verán.

    Entre os participantes había xente da zona e tamén de outros puntos de Galicia e España, coincidindo nalgúns casos a asistencia co desfrute das vacacións no Baixo Miño.

    Sobre as 19.30 horas, o xurado (composto por recoñecidos artistas da zona) fixo público o seu fallo, nun pequeno acto presidido pola alcaldesa Sandra González, que salientou a consolidación do certame nos seis anos que leva celebrándose e agradeceu a asistencia e esforzo dos artistas, nun día de calor coma o de onte. Ao mesmo tempo, subliñou a posibilidade de contemplar os 37 traballos nas exposición que terán lugar no Centro Goianés (do 21 ao 28 de agosto) e no Mercado Municipal, a partir do día 29. As obras poranse á venda na súa maioría, o que posibilita mercar unha obra de arte por prezos razoables.
    Ampliar contenido
  • Especial - O Rosal preséntase coma sede da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia

    Fecha desde el 21 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    O evento foi presentado esta mañá no Centro Social Polivalente do Rosal

    O Plan Nacional de Bandas de Música é unha proposta da Asociación Nacional de Directores de Banda de España, que en cooperación con outras instiitucións, xurdecoa intención de apoiar o desenrolo bandístico español; unha das manifestacións culturais de máis arraigo social e musical do noso país. O Plan Nacional potencia e fomenta á Banda como unha ferramenta educativa.

    En Galicia, á Banda sinfónica infantil de Galicia e a Banda sinfónica xuvenil de Galicia seguiránlle outros proxectos dentro do Plan Nacional, co obxectivo de crear unha rede de escolase bandas coa mesma filosofía de traballo e obxectivos comúns.

    Deste xeito realízase un encontro anual que este ano se celebra no Rosal do 21 ao 26 de agosto no que se realizarán entre 2 e 3 concertos, dando a coñecer aos xoves músicos galegos, o patrimonio musical e cultural, fomentando a creatividade, traballo en equipo, a participación e a creación dun grupo.

    O evento foi presentado na mañá deste martes no Centro Social Polivalente, contando coa presencia da Alcaldesa do Rosal, da Concelleira de Cultura, e os directores da Banda de Música do Rosal e da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, o representante do Plan Nacional de Bandas de Música, así coma os integrantes da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, familiarese medios de comunicación.

    EQUIPO DOCENTE

    Carlos Diéguez (Director Artístico)

    David Llano (Director Musical)

    Alba Rodríguez (Mestra de Percusión)

    Quinteto Rubato

    Isabel López (Monitora titulada)

    Natalia García (Monitora titulada)

    PROGRAMA E PARTICIPANTES

    4

     gira eventi (2)

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

      O evento foi presentado esta mañá no Centro Social Polivalente do Rosal

     

    Ampliar contenido
  • Especial - 17 fotografías conforman a exposición -Raíces Celtas en la Amazonía venezolana-

    Fecha desde el 23 de Agosto de 2018
    hasta el 13 de Septiembre de 2018

    O martes día 21 de agosto de 2018 realizouse a inauguración da mostra fotográfica -Raíces celtas en la Amazonía venezolana- da autoría de Oscar Noya-Alarcón.

    O martes día 21 de agosto de 2018 realizouse a inauguración da mostra fotográfica «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón.

    Na inauguración, realizada na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda, interviron a Concelleira de Cultura, Elena Baz, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e Oscar Noya-Alarcón, autor das fotografías realizadas no continente americano, durante o seu traballo coma doutor na erradicación da oncocercosis, unha enfermidade que afecta a numerosas comunidades illada da amazonía.

    Ao acto de inauguración asistiron case medio centenar de persoas, que amosaron gran interese por unhas instantáneas recollidas en espazos pouco habituais para nos, a selva amazónica.

    Nesta mostra os visitantes poden apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións «yanomamis» da Amazonía venezolana, así coma dúas fotografías da vila da Guarda, onde o autor ten moitos familiares e coñecidos.

    O Doctor Oscar Noya-Alarcón, venezolano e español de descendencia guardesa, é un médico parasitólogo do Centro Amazónico de Investigación e Control de enfermidades tropicais e asociado ao Instituto de Medicina tropical, traballa dende fai 10 anos no Programa de eliminación de oncocercosis no foco sur de Venezuela, último reduto no continente americano (xunto con Brasil) dunha enfermidade parasitaria que envellece a pel e deixa cegas ás persoas. O grupo de traballo de saúde, asiste a máis de 350 comunidades indíxenas de difícil acceso na selva, atendendo a máis de 16.000 persoas.

    Estas 17 fotografías de elementos humanos e naturais da Amazonía venezolana son parte do escenario onde se desenrola este importante trabalo de eliminación dunha enfermidade no continente americano e de mellora dos indicadores de saúde, partindo do respecto dunha das culturas que alí habitan e resgardando o medio ambiente que sustenta esta parte importante do planeta.

    Fai moitos anos na época colonial no continente americano, se introduciron xunto cos escravos moitas enfermidades infecciosas, entre elas a oncocercosis, unha parasitosis que produce un envellecemento prematuro da pel e que ten a súa peor consecuencia na diminución da agudeza visual que pode chegar ata a cegueira irreversible, por isto esta enfermidade tamén é chamada a cegueira dos ríos. Esta enfermidade se introduciu en seis países de América: México, Guatemala, Colombia, Ecuador, Brasil e Venezuela, e xa está eliminada na case totalidade dos países, quedando só un foco desta oncocecosis entre a selva amazónica de Brasil e Venezuela afectando a poboacións indíxenas yanomami, Yekwana e hoti.

    Dentro do Programa Nacional de Eliminación de Oncocercosis en Venezuela se conta cun equipo de traballo composto por médicos, biólogos, técnicos de oncocercosis e entomólogos dos cales día a día se busca a maneira de abordar ás máis de 350 comunidades indíxenas afectadas.

    A exposición se pode visitar ata o 13 de setembro nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

     O martes día 21 de agosto de 2018 realizouse a inauguración da mostra fotográfica -Raíces celtas en la Amazonía venezolana- da autoría de Oscar Noya-Alarcón.

     

    Ampliar contenido
  • Festas de Barlolomeu esta fin de semana nas Eiras(O Rosal)

    Fecha desde el 25 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    As Eiras acolle este sábado 25 e domingo 26 de agosto as Festas de San Bartolomeu

    As Eiras acolle este sábado 25 e domingo 26 de agosto as Festas de San Bartolomeu, contando coa seguinte programación:

    Sábado 25 de agosto:

    Pola tarde a partires das 19:30h gran churrascada a prezos populares e inchábles para nen@s totalmente de balde. Festa animada polos grupos Verde Menta e Xtra.

    Domingo 26 de agosto:

    Ás 11:00h pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas Virxe do Alivoao remate da misa actuación do grupo de baile.

    Actos relixiosos:

    Venres 24 de agosto ás 12:00h Misa Solemne con procesión.

    Ampliar contenido
  • Continúa a programación de actividades da XXXIII Semana Cultural de Randufe en Tui

    Fecha desde el 26 de Agosto de 2018
    hasta el 06 de Septiembre de 2018

    Do domingo 26 de agosto ao 6 de setembro en Randufe - Tui

    Randufe acolle dende o domingo 26 de agosto a XXXIII Semana Cultural 2018 coa seguinte programación de actividades:

    Domingo 26: ás 10:00h XXXII Carreira Popular, colabora aportando alimentos para SOS Tomiño-BaixoMiño

    Venres 31: ás 21:30h Playbacks de Baldráns e Xuntanza

    Sábado 1: ás 21:30h Festival foclórico coa Agrupación Xuntiral Xeitura, Grupo foclórico L´Enguedeyu e Grupo Folclórico Xuntanza

    Domingo 2: ás 11:00h XV Marcha ciclista e de 17:00h a 20:00h inchábles e búfalo mecánico para nen@s... e non tan nen@s! Ás 21:30h concerto do grupo Abóbriga.

    Luns 3: ás 21:30h Máxia con Isa e Ian e ás  22:30h Monólogo con Avelino González

    Martes 4: ás 21:30h música infantil con Pako Pakolas e as 22:30h Grupo de acordeóns de Xuntanza.

    Mércores 5: Inchábles e ás 21:30 concerto de Esquecidos

    Xoves 6: ás 21:30h Actuación da Charanga Nova Jomada e ás 22:30h Charanga Cantos Somos

    Ampliar contenido
  • Master class de Retrato en acuarela este domingo en La Casa Taller de A Guarda

    Fecha desde el 26 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    Plazas limitadas. Reservas 986 61 04 17 - 607 08 61 92

    Este domingo 26 de Agosto tendrá lugar la Master class de Retrato en acuarela que imparte Gemma Marqués, licenciada en Bellas Artes y Máster en Retrato. Será en La Casa Taller de A Guarda, un espacio de creación alternativo al lado del mar, donde imparte Clases de Dibujo y Pintura. El curso será intensivo y teórico práctico para aprender todo lo relacionado con el tema. Color de la piel, trazo del pelo, proporción del rostro...
    Plazas limitadas. Reservas 986 61 04 17 - 607 08 61 92
    Ampliar contenido
  • Música, exposicións, gastronomía e visitas guiadas para gozar da Guarda esta fin de semana

    Fecha desde el 24 de Agosto de 2018
    hasta el 26 de Agosto de 2018

    A Guarda chega á derradeira fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con varias exposicións no Centro Cultural, na Casa dos Alonsos e no Museo do Mar, concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas p

    A Guarda chega á derradeira fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con varias exposicións no Centro Cultural, na Casa dos Alonsos e no Museo do Mar, concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas para coñecer o Monte Santa Trega e o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT), así coma a VIIFesta do Percebe.
     
    Programación por días

    Venres 24:
    A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.


    A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h .


    Este venres día 24 de agosto de 2018, a Praza de San Amaro de Camposancos acolle a segunda cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Bieito Solo» ás 22:00h.


    Dende as 21:00h a Alameda da Guarda acolle a primeira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.

    Sábado 25:
    Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).


    A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h. Ademais este sábado ás 12:00h realizarase un obradoiro coas Alfombristas da Guarda, de carácter aberto e para todos os públicos, contará coa colaboración da recentemente creada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda


    Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.


    A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado en horario de 10:00h a 13:00h.

    A Praza de San Bieito da Guarda acolle este sábado ás 20:00h o XII Festival de Bandas «Vila da Guarda», unha cita musical que contará coa participación da Banda de Música da A.V.C.D de Candeán, a Banda da Escola de Música de Rianxo e coma anfitrións a Agrupación Musical da Guarda.

    De 12:00h a 16:00h e de 20:00h a 00:00h a Alameda da Guarda acolle a segunda xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.

    Domingo 26:
    Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).


    Na xornada do domingo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.


    A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h.


    Dende as 11:00h da mañá a Alameda da Guarda acolle a terceira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido