Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Apalpador continúa da man da Deputación a súa xira de Nadal polos concellos da provincia

Na Comarca do Baixo Miño o Apalpador visitará os concellos de Tomiño, O Rosal, e Tui

Na Comarca do Baixo Miño o Apalpador visitará os concellos de Tomiño, O Rosal, e Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Diciembre de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

Ao berro de “Traio castañas asadas para os nenos e nenas que comen san!” o Apalpador, o seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor iniciarán mañá na Illa de Arousa, Cambados e Barro a súa xira de Nadal pola provincia da man da Deputación de Pontevedra. Esta tradicional figura do Nadal galego visitará ata o 31 de decembro 22 concellos da provincia realizando pasarrúas ao abeiro do programa ‘Nadal en galego’ do departamento de Lingua que dirixe a nacionalista María Ortega.

A dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente, os hábitos de alimentación saudable e a igualdade, serán os valores que se pretenden fomentar coas actuación, levando a música, o baile e as anécdotas ás comarcas por sexto ano consecutivo, nesta ocasión nun formato diferente, o pasarrúas, por mor da COVID-19.

As actuacións do Apalpador repartiranse entre mañá día 23 e o 31 de decembro –a excepción do día de Nadal- en diferentes horarios e localizacións, sempre ao aire libre e en movemento, para evitar aglomeracións de nenos e nenas. Na comarca de Pontevedra serán tres as visitas (Barro, Poio e Cerdedo-Cotobade), na comarca de Vigo outras catro (Soutomaior, Baiona, Gondomar, e O Porriño), na comarca do Salnés serán dúas (Illa de Arousa e Cambados), na comarca do Deza-Tabeirós dúas (Silleda e Rodeiro), tres na comarca do Condado Paradanta (As Neves, Covelo, e Ponteareas), catro na comarca do Morrazo (Bueu, Moaña, Cangas, e Vilaboa), e catro no Baixo Miño (Salceda, Tomiño, O Rosal, e Tui).

O programa ‘Nadal en Galego’ tamén deseñado para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o bandullo das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

Vídeos para os colexios, na web e en redes sociais

Dado que o número de visitas pola provincia reduciuse este ano en número por mor da COVID-19, ademais dos pasarrúas que realizará nos 22 concellos, o Apalpador tamén gravou 36 vídeos en localizacións naturais e contornas patrimoniais singulares e “marabillosas” da provincia para difundir entre os centros de ensino.

Estes vídeos organizados polo departamento de Lingua da Deputación foron entregados aos concellos para que, á súa vez, os trasladasen aos colexios de Infantil e Primaria para proxectar no día de hoxe, no que tradicionalente a rapazada goza dun día de actividades lúdicas antes das festas. Os vídeos están tamén a disposición na páxina web da Deputación e serán difundidos a través das redes sociais provinciais.

  • Xoves 24 de decembro ás 17:00h en Tui
  • Venres 31 de decembro ás 12 no Mercado de Tomiño
  • Venres 31 de decembro ás 17:00h na Paza do Calvario no Rosal
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí