Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal mobilízase contra o desmantelamento da Sanidade Pública

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca a un paro de tres minutos á veciñanza e establecementos o 15 de xullo ás 12:00h

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca a un paro de tres minutos á veciñanza e establecementos o 15 de xullo ás 12:00h

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Julio de 2022

Fuente: Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública O Rosal

Tras os feitos acaecidos no Rosal o pasado mes de maio, no que un paciente tivo que ser trasladado nunha camilla por carretera ante a falta dunha ambulancia, o concello segue tendo que facer fronte a un continuo desmantelamento da atención primaria que non só afecta a todo o municipio, senón tamén á comarca. Ante a falta de medidas por parte do Sergas, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal conovoca a toda a veciñanza e establecementos do concello a unha manifestación na que se defenda un servzo de sanidade pública que cubra as necesidades da poboación cun paro de tres minutos o venres 15 ás 12:00 da mañán.

A Plataforma anima a todas as persoas a saír á porta ás 12.00 horas e facer ruído ou amosar os diferentes carteis alusivos que haberá á súa disposición nos establecementos rosaleiros, para defender así unha atención primaria de calidade. Nestes carteis figurarán mensaxes como ‘Queremos matrona para O Rosal’, ‘Queremos recuperar a médica de San Miguel’, ‘Por unha atención primaria digna’, ‘Sen pediatra dende abril de 2021’, ‘Unha soa médica para máis de 6.000 persoas’, ‘A Xunta pon en risco a nosa saúde’, ‘Mañá podes ser ti o que precise atención’ ou ‘Precisamos ambulancia medicalizada xa!’.

Ademais, convida a todas as persoas a facer fotos coas persoas que se teña arredor e envialas vía Whatsapp ao teléfono 618 64 38 05 para que se poidan difundir dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal e mostrar así a mobilización da veciñanza para que o centro de saúde do Rosal teña a dotación de persoal que lle corresponde e para que o servizo do PAC de urxencias da Guarda garanta a saúde de todos e todas e non poña en risco a vida das persoas.

Dende a plataforma lembran que o Sergas non só comunicou o desmantelamento do segundo equipo do PAC de urxencias da Guarda, senón que anunciou que a presenza de médicos no Rosal durante os meses de verán "ía estar complicada". Na actualidade, o concello conta cunha soa médica que atende aos 6.450 habitantes do municipio, feito que se suma a un servizo de urxencias mermado pola falta de equipos e persoal.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí