Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O TEMPORAL MARGIT OCASIONA NUMEROSAS INCIDENCIAS NO BAIXO MIÑO

No Concello de Oia se tivo que cortar a estrada PO-552 ó seu paso pola parroquia de Viladesuso

O pasado Xoves día 16 de Outubro de 2014 unha gran borrasca, baixo o nome de Margit, deixou un bo número de incidencias na Comarca do Baixo Miño

Fecha: 16 de Octubre de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

 

O pasado Xoves día 16 de Outubro de 2014 unha gran borrasca, baixo o nome de Margit, deixou un bo número de incidencias na Comarca do Baixo Miño, ocasionando numerosos anegamentos, desbordamentos de ríos, desprendementos de terra e pedras, gran ondaxe no mar e moita choiva.

Sobre as 14:00h da tarde, e a consecuencia das abundantes precipitacións que acadaron os 76L/m2  na Estación de Castro Vicaludo de Oia, desbordouse o coñecido coma río seco de Viladesuso, no termo municipal de Oia, obrigando ó corte total da estrada PO-552, asulagando porcompleto unha estación de servizo.

Ata o lugar desprazáronse patrullas da Guardia Civil de Tráfico, GES de A Guarda, Bombeiros de Oia, así coma operarios que traballaron con ata 3 pás mecánicas para tentar encauzar as augas, que colleron por completo a estrada orixinando numerosas retencións e obrigando ós conductores a optar por vías alternativas.

Tamén no Concello de Oia foi necesario o traballo dos bombeiros en dous establecementos do Arrabal, onde a auga asulagou gran parte dos mesmos, sendo necesario o emprego de bombas de achique durante máis dunha hora.

A estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda presentaba numerosas balsas de auga e desprendemento de terras e pedras, sendo necesaria a súa retirada e obrigando a extremar as precaucións na calzada.

No termo municipal do Rosal o Río Carballas-Tamuxe desbordouse en diferentes puntos coma Fornelos, As Aceñas ou o Urgal, obrigando a cortar estradas secundarias das pistas da parcelaria. Tamén no Rosal, no viaducto sobre o Tamuxe da CG-4.2, operarios de conservación de estradas se tiveron que movilizar debido a que parte das mamparas de protección acústica caíron sobre a estrada por mor dos fortes ventos do temporal, sendo necesaria a súa retirada.

No porto de A Guarda a flota pesqueira permaneceu amarrada sendo imposible saír a faenar, rexistrándose ondas de ata 6 metros de altitude e vento de forza 7 con refachos rexistrados de ata 113,4km/h na estación de Castro Vicaludo de Oia.

Nos concellos de Tomiño e Tui, rexistráronse asulagamentos de baixos e aparcamentos, ademáis de numerosas balsas de auga nas estradas rexistrándose refachos de vento de ata 84,6 km/h na estación do Monte Aloia de Tui e precipitacións de ata 47,7L/m2.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 16 Outubro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350D

Samsung Galaxy SII

     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones