Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

PROCESO DE VOTACIÓN DE PRIMARIAS DE INICIATIVA POLA UNIÓN NO BAIXO MIÑO

Desde que o pasado 12 de outubro aprobamos o Regulamento de Participación e o Calendario para o proceso de Primarias Abertas, fomos cumprindo todos os prazos fixados.

Desde que o pasado 12 de outubro aprobamos o Regulamento de Participación e o Calendario para o proceso de Primarias Abertas, fomos cumprindo todos os prazos fixados.

Fecha: 07 de Noviembre de 2015

Fuente: IpU Baixo Miño

Desde que o pasado 12 de outubro aprobamos o Regulamento de Participación e o Calendario para o proceso de Primarias Abertas, fomos cumprindo todos os prazos fixados. Fixémolo co obxectivo inicialmente marcado: que tanto o Regulamento como o Calendario puidesen servir de proposta para un proceso de confluencia se finalmente a aposta por unha candidatura galega de carácter soberano e obediencia exclusivamente galega, en busca dun grupo parlamentar propio, atopaba apoios fóra do ámbito da Iniciativa pola Unión.

Eramos, e somos conscientes, que nunca a man pode deixar de estar tendida para quen quixer participar nun proceso destas características, mais en ningún momento cometemos a irresponsabilidade de ficar á espera sen facer nada. Os prazos para confluír nunha candidatura ampla son os que son e se queremos facer partícipes moitas persoas para involucralas nesta carreira por conseguir que o pobo galego teña voz propia non subordinada en Madrid, temos que abrir as cancelas a esa participación. Era a nosa obriga e é o noso cometido. Correr cos pés lixeiros.

 

Buscamos abrir a participación da mocidade, abrindo a posibilidade de que poidan votar todas as persoas que teñan cumpridos 16 anos o día 20 de decembro, amosando a nosa posición a que poidan ter, nun futuro próximo, dereito a voto en calquera elección política.

Todas as persoas censadas poderán elixir as persoas que conformarán as candidaturas promovidas por IpU (NÓS - CANDIDATURA GALEGA) ao Congreso e ao Senado na circunscrición electoral i. Non se aceptará ningún cambio despois de pechado o censo.

As candidaturas son en listas abertas. Hai que riscar na papeleta o nome da persoa que eliximos de entre todos os que figuran nela. Vai haber tres papeletas e tres urnas diferentes.

Así, isto é o que   se vai poder votar e como se vai poder votar:

- Elixir a persoa que encabece a candidatura ao congreso. Só se  pode votar por unha.
- Elixir as persoas que formarán o resto da candidatura ao Congreso. Non hai mínimo de votos mais si máximo. Só se poderá votar como máximo o seguinte número de persoas:

A CORUÑA: máximo a 4 persoas
LUGO: máximo a 1 persoa
OURENSE: máximo a 1 persoa
PONTEVEDRA: máximo a 3 persoas

-Elixir as persoas que formarán a candidatura ao Senado. Non hai mínimo de votos mais si máximo. Só se poderá votar como máximo 2 persoas en cada provincia.

 

Na Comarca do Baixo Miño pódese votar de xeito presencial nos seguintes puntos:

 

Tui: na Sala Félix Rodríguez, na Traseira da Área Panorámica.

Tomiño: na Casa da Cultura

O Rosal. nos baixos do Concello

A Guarda: no Sinde vello

Oia: Casa da Cultura de Oia.

 

O horario tanto da votación presencial, como da votación telemática vai se este domingo 8 de novembro dende ás 11:00 até ás 15:00.

 

Ante calqueira dúbida poden contactar con nós no enderezo electrónico primarias@polaunion.gal, ou, no teléfono 616090632.Máis información na web www.polaunion.gal.

 

Candidaturas da IpU:

http://polaunion.gal/wp-content/uploads/2015/11/Papeletas-Pontevedra.pdf

http://polaunion.gal/wp-content/uploads/2015/11/Papeletas-Ourense.pdf

http://polaunion.gal/wp-content/uploads/2015/11/Papeletas-Lugo.pdf

http://polaunion.gal/wp-content/uploads/2015/11/Papeletas-A-Corun%CC%83a1.pdf

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí