Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PROPOSTA PARA FUSIONAR NUN ÚNICO CONCELLO TODOS OS DO BAIXO MIÑO

C21 considera que a actual crise pon de relevancia un asunto clave, a necesidade perentoria de contarmos cunha administración eficiente no uso dos recursos detraidos aos contribuintes.

C21 considera que a actual crise pon de relevancia un asunto clave, a necesidade perentoria de contarmos cunha administración eficiente no uso dos recursos detraidos aos contribuintes.

Fecha: 28 de Enero de 2015

Fuente: Converxencia 21

O grupo municipal de Converxencia 21 en Tui presentará no vindeiro pleno convocado para o 29/01/2015 a "PROPOSTA PARA FUSIONAR NUN ÚNICO CONCELLO TODOS OS DO BAIXO MIÑO"
 
C21 considera que a actual crise pon de relevancia un asunto clave, a necesidade perentoria de contarmos cunha administración eficiente no uso dos recursos detraidos aos contribuintes.
 
Que os recursos públicos proveñen dos impostos co que se carga ás empresas e ás familias e a administración pública en España sigue malgastando o diñeiro dos contribuintes. Desde a transición até hoxe ninguén foi quen de afrontar unha reorganización da administración pública que visase gaños en eficiencia e no que atinxe á administración local encontrámonos cunha planta municipal que non está de ningunha maneira adaptada aos tempos, os cambios tecnolóxicos, nomeadamente internet e a melloras das comunicacións físicas fan claramente ineficiente a actual planta municipal, España ten 8116 concellos e Galicia 316, Portugal, con máis do triple de extensión territorial e case catro veces máis de poboación ten 308 municipios, o Reino Unido ten 406 con máis poboación que España.
 
Non é racional un mapa municipal galego con 316 concellos, compre fusionalos, compre parar o antes posible o drama inaceptable que supón o malgasto do diñeiro que proven dos impostos, os liberais galegos apostamos pola eficiencia e pola subsidiariedade da administración pública.
 
O consello de Europa e numerosos expertos administrativistas teñen recomendado promover as fusións de municipios en España e loxicamente estas deben ser promovidas desde os propios concellos por implicación directa e por responsabilidade no uso dos recursos dos contribuintes.
 
Sen dúbida a conversión dos cinco concellos do Baixo Miño nun único concello suporía un grande aforro en gasto político, en gastos correntes e de persoal e facilitaría a acometida de investimentos importantes e de baixadas de impostos.
 
Converxencia 21 de Tui e a mesma organización a nivel galego propón que sexa aprovada por este pleno a proposta de Converxencia 21 para a fusión dos cinco concellos que actualmente integran o Baixo Miño (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia) nun único concello.
 
Que tras a sua aprovación está proposta sexa enviada formalmente en nome do pleno do concello de Tui aos outros catro concellos da comarca e á Xunta de Galicia para poder chegar ás eleccións do 2019 xa convertidos nun concello fusionado.
 
Asinado: Carlos Vázquez Padín
Voceiro municipal de Converxencia 21
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones