Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Representantes da Guarda e Tomiño participan en Fuerteventura no IV Encontro estatal para crear cidades das nenas e nenos da man de Tonucci

As e os representantes pontevedreses mostraron vídeos dos traballos realizados nos seus municipios e intercambiaron experiencias con outros 60 membros da -rede Tonucci- do estado

As e os representantes pontevedreses mostraron vídeos dos traballos realizados nos seus municipios e intercambiaron experiencias con outros 60 membros da -rede Tonucci- do estado

Fecha: 15 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A comitiva de concellos da provincia participantes na ‘rede Tonucci' de cidades das nenas e os nenos pecharon hoxe unha intensa xornada de traballo no IV Encontro estatal que se está celebrar en Fuerteventura. Representantes dos concellos de Cambados, Tomiño, Pontevedra, Ponteareas, A Guarda, O Grove, Ribadumia, Lalín, Vilaboa, A Guarda, Salceda, Vilagarcía e Cangas escoitaron as propostas do pedagogo italiano para avanzar na súa aposta de converter os municipios da provincia en vilas onde a infancia sexa a medida para desenvolver proxectos e deseños urbanos.

Tonucci, na súa conferencia marco, insistiu na necesidade de avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e diversa, dende a coa infancia, pero apostando por unha visión máis feminina, o que el chamou unha visión "con ollos de nena" nun momento no que é preciso incidir no prezo que "pagan moitas nenas polo feito de ter nacido mulleres: situacións na vida cotiá, dificultades e trampas que teñen que superar nunha contorna que moitas veces lles é allea".

Así mesmo, o italiano instou aos concellos pontevedreses a avanzar con determinación aplicando un modelo de mobilidade que permita que as vilas e cidades sexan pensadas "non só para os nenos e as nenas, senón para toda a cidadanía", insistindo en que cando se pide á rapazada que faga as súas aportacións para conseguir espazos de convivencia conxuntos sempre se acada unha mellora global.

A xornada de hoxe en Fuerteventura, ademais de co relatorio principal de Francesco Tonucci, comezou co intercambio de experiencias entre os municipios da rede (cuns 60 participantes de Barcelona, Valencia, Granada, Huesca, Jaén, concellos do País Vasco...), expostas tanto por medio de vídeos como de pequenas intervencións faladas, nas que os principais protagonistas foron os camiños escolares e os sistemas de participación infantil nas tomas de decisións políticas. Posteriormente, o sociólogo Marco Marchioni expuxo o seu relatorio ‘A infancia, un ben comunitario'.

Pola tarde, a comitiva pontevedresa tiña previsto participar nunha visita ás rúas peonís de Corralejo guiada por conselleiros e conselleiras do Consello Municipal de La Oliva, para posteriormente coñecer o programa ‘Aventúrate: camiñando cara a escola' a cargo da responsable de educación do Goberno de Canarias, Soledad Monzón; a técnica da Dirección Xeral de Ordenación, Innovación e Promoción Educativa e Policía Local do concello de La Oliva.

Finalmente, as charlas no auditorio de Corralejo remataron coas intervencións sobre ‘As nenas e nenos da comunidade: camiñando cara a mobilidade creadora atopeime participando na comunitade educadora', ‘Os dereitos da infancia en situacións de pérdida e morte', ‘ A aula infantil de innovación intelixente: unha experiencia sustentable dende os nenos e nenas de Fuerteventura', así como sobre ‘Órganos de participación infantil e adolescente. O proceso de elaboración do plan insular', a cargo de diferentes expertos socioeducadores e traballadores de administracións canarias.

Mañá venres desenvolverase o Plenario da rede estatal de cidades para aprobar os estatutos de incorporación e o establecemento dun protocolo de asesoramento a cidades e organismos adheridos, ademais de decidir cal será a vila que acollerá o encontro anual do vindeiro ano, entre outras cuestións.

Grande expectación
O traballo da Deputación en materia de mobilidade amable -continuando o modelo do Concello de Pontevedra- seguiu espertando moito interese tanto entre os participantes do ‘encontro Tonucci' e tamén entre os medios de comunicación canarios. Así, ademais da entrevista realizada ao vicepresidente Mosquera na radio autonómica canaria no día de onte, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez e o asesor Jesús Fole realizaron durante a mañá de hoxe tres entrevistas en directo con radios ‘majoreras' e tamén un programa de televisión coa emisora autonómica ‘Mírame TV', que será emitido este fin de semana nun espazo especial no que tamén participará Francesco Tonucci.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones